O Ministerio de Educación publicou o Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño, coas novas e transitorias condicións para titular na ESO e no Bacharelato ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación.
Tralo novo marco normativo, a Consellería de Educación publica a Resolución de 9 de xuño coas Instrucións para a adopción das medidas necesarias para a aplicación do disposto no Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño e un modelo de Consello Orientador da ESO
Os novos criterios son:
Para titular na ESO requírese
- A superación de todas as materias ou avaliación negativa nun máximo de dúas que non sexan simultaneamente Lingua Castelá e Literatura ou Lingua Galega e Literatura e Matemáticas.
- As materias coa mesma denominación en diferentes cursos considéranse materias distintas.
- Os alumnos de FP Básica poderán obter o título da ESO se superan os módulos asociados aos bloques de comúns e se o equipo docente considera que ten acadados os obxectivos e as competencias da ESO.
Consello orientador:
Ó remate de cada curso emitirase un consello orientador coa proposta do itinerario máis adecuado a seguir que formará parte do expediente do alumno.
Modelo de consello orientador
No hay comentarios:
Publicar un comentario