23/6/17

Instrucións do proceso de admisión a ciclos formativos de FP curso 2017/18

Actualizada toda a información referida ó proceso de admisión a ciclos formativos de FP para o curso 2017/18. Para acceder á información fai clic na seguinte ligazón, onde atoparás ademáis a oferta de FP actualizada e o calendario.




PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Ordinario: do 26 de xuño ao 4 de xullo
  • Extraordinario: do 1 ao 8 de setembro

22/6/17

Calendario escolar en Galicia para o curso 2017/18

Publicouse a Orde de 12 de xuño de 2017 pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2017/18 nos centros docentes sostidos con fondos públicos.




INICIO E REMATE DO CURSO:

  • No segundo ciclo de Ed. Infantil, na Ed. Primaria e na Ed. Especial: do 11 de setembro de 2017 ao 21 de xuño de 2018.
  • Na Educación Secundaria Obrigatoria, no Bacharelato e na Formación Profesional: do 15 de setembro ao 21 de xuño.
  • Nas Ensinanzas de Réxime Especial: do 15 de setembro ao 30 de xuño.

VACACIÓNS:
  • Nadal: do 22 de decembro de 2017 ao 7 de xaneiro de 2018
  • Entroido: 12, 13 e 14 de febreiro de 2018
  • Semana Santa: do 24 de marzo ao 2 de abril de 2018

DÍAS NON LECTIVOS:
  • Día do ensino: 7 de decembro
  • Festivos locais ou de ámbito estatal

17/6/17

Os novos criterios de titulación na ESO en Galicia


O Ministerio de Educación publicou o Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño, coas novas e transitorias condicións para titular na ESO e no Bacharelato ata a entrada en vigor da normativa resultante do Pacto de Estado social e político pola educación.


Os novos criterios son:

Para titular na ESO requírese

  • A superación de todas as materias ou avaliación negativa nun máximo de dúas que non sexan simultaneamente Lingua Castelá e Literatura ou Lingua Galega e Literatura e Matemáticas.
  • As materias coa mesma denominación en diferentes cursos considéranse materias distintas.
  •  Os alumnos de FP Básica poderán obter o título da ESO se superan os módulos asociados aos bloques de comúns e se o equipo docente considera que ten acadados os obxectivos e as competencias da ESO.

Consello orientador:
Ó remate de cada curso emitirase un consello orientador coa proposta do itinerario máis adecuado a seguir que formará parte do expediente do alumno.

Modelo de consello orientador