A Consellería de educación publicou nestes días a Orde de 22 de decembro de 2016 pola que se modifica a Orde de 10 de febreiro de 2012 que regula a proba para a obtención do título de bacherel para persoas maiores de vinte anos en Galicia.
As novidades afectan ás materias obxecto de exame e ás condicións para a superación parcial da proba ou exencións da mesma.
ESTRUTURA DA PROBA
Primeiro exercicio: Será común a todas as modalidades de bacharelato e terá 4 partes.
- Lingua Galega e Literatura I e II
- Lingua Castelá e Literatura I e II
- Primeira Lingua Estranxeira I e II
- Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos das materias de Filosofía e Historia de España
Segundo exercicio: Terá un carácter diferenciado en función da modalidade escollida. Estruturarase en tres partes.
Primeira parte: materias troncais xerais propias de cada modalidade.
- Modaliddade de Ciencias: Matemáticas I e II
- Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais: segundo o itinerario escollido, realizaranse as probas das materias de Latín I e II ou Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais I e II,
Segunda parte: probas das materias troncais de opción
- Modalidade de Ciencias; escoller unha entre as seguintes opcións Física e Química e Física, Física e Química e Química ou Debuxo Ténico I e II.
- Modalidade e itinerarios de Humanidades e Ciencias Sociais: seleccionar unha opción entre Economía e Economía da Empresa ou Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía.
Terceira parte: probas de materias troncais de opción de modalidade.
- Modalidade de Ciencias: elexir unha opción entre Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía ou Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía.
- Modalidade e itinerarios de Humanidades e Ciencias Socias: seleccionar unha opción entre as materias de Grego I e II, Literatura Universal e Historia da Arte ou LIteratura Universal e HIstoria da Filosofía.
SUPERACIÓN PARCIAL DA PROBA: Por ter superados determinados grupos de materias do bacharelato actual ou anterior poderase validar a parte da proba correspondente (ver condicións na Orde de 22 de decembro).
No hay comentarios:
Publicar un comentario