2/9/16

Instrucións e calendario de admisión á FP Básica. Galicia. Curso 2016/17

1. O documento de consentimento de incorporación á formación profesional básica, a que se fai referencia no artigo 11, punto 1.d),  da Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas, deberá ser entregado no centro educativo ata o 9 de setembro de 2016. De non entregaren este documento neste prazo, entenderase que os/as titulares da patria potestade ou representantes legais do alumnado non dan o consentimento de incorporación á formación profesional básica.
 2. O prazo de presentación da solicitude de admisión e matrícula será ata as 13 horas do día 12 de setembro.
 3. Os centros educativos farán pública a listaxe do alumnado admitido e non admitido en cada ciclo formativo o día 13 de setembro.
 4. Contra esta listaxe, as persoas solicitantes poderán presentar ante a dirección dos centros públicos ou ante quen exerza a titularidade dos centros privados a correspondente reclamación, no prazo de dous días hábiles desde a publicación da listaxe.
 5. O alumnado que sexa admitido no ciclo solicitado deberá formalizar a súa matrícula desde o día 13 ata o día 20 de setembro.
 6. A dirección dos centros públicos e a titularidade dos centros privados concertados remitirán á correspondente xefatura territorial a documentación a que se fai referencia no artigo 14.4, no prazo de dous días hábiles desde a publicación da listaxe do alumnado admitido e non admitido.
 7. O alumnado repetidor de primeiro curso ou que teña promoción a segundo presentará a solicitude de admisión e matrícula no mesmo centro en que estivese matriculado no curso previo. O prazo para a presentación desta solicitude e o prazo para formalizar a matrícula son os referidos con anterioridade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada