31/10/15

Recursos para a educación emocional e a creatividade

O magnífico blog de Jesús Hernández González , Crea y aprende con Laura , ofrécenos, como novidade, unha publicación editada polo Goberno de Canarias que leva por título "Recursos para la Educación Emocional y la Creatividad" e ten como destinatario o alumnado de Educación Primaria.


Podes acceder a esta publicación facendo clic na imaxe


http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/ecoescuela/recursoseducativos/files/2014/10/0650_recursos_emociones_creatividad.pdf


Pero non é esa a única entrada relacionada coa Educación emocional que atopamos neste blog. Incluimos de seguido as ligazóns a un inmenso repertorio de recursos sobre o tema. Cada un deles merecería un tratamento específico, pero en aras á unha maior simplicidade, preferimos recollelos todos neste mesmo post:

"El puente". Unha curtamentraxe con valor educativo

"El puente" (Bridge) é unha curtametraxe que enfatiza o valor do traballo en equipo e demostra que non sempre gaña o máis forte, senon que, ás veces, quen o fai é o máis listo e solidario. É moi breve. Déixase ver con agrado. Idóneo para as titorías da ESO.




Seguridade en redes sociais. Guía para familias

Guía dirixida ás familias e editada polo Centro Regional de Formación del Profesorado de Castilla-La Mancha. É froito dun grupo de traballo levado a cabo no curso 2013-2014.
Achégase, ademáis, ao manual a seguinte documentación:

Anexo Acoso a Menores
Anexo Configuración control parental
Anexo Configuración de privacidad
Anexo: Ponencia Ciberdelincuencia cuerpos y seguridad del estado
Anexo: Guía de actuación contra el ciberacoso
Anexo: Técnicas preventivas y correctivas en el uso de las redes sociales
Vídeo: Campaña buen uso del internet, Grooming
Vídeo: Doble check
Vídeo: El encargado
Vídeo: Piensa antes de colgar tu imagen a internet
Vídeo: Quizá seas más transparente de lo que crees
Vídeo: Sexting, qué es
Vídeo: Tuenti, abuso a menores
Vídeo: ¿Por qué hacerlo en internet? 1
Vídeo: ¿Por qué hacerlo en internet? 2
Vídeo: Piénsalo antes de publicar


30/10/15

Selectividade 2015. A guía definitiva

 

Guía realizada pola plataforma uveni co fin de axudar ao alumnado a preparar a Proba de Acceso á Universidade. Estructúrase nos seguintes apartados: 

Mediación escolar: A importancia da resolución de conflictos

No blog Tiching atopamos un interesante artigo que describe dun xeito sinxelo en qué consiste a mediación escolar e cinco recursos didácticos relacionados co tema:
  1. 10 erros a evitar nunha mediación
  2. Un exemplo de mediación (vídeo)
  3. Unha guía para a mediación escolar
  4. Ligazón da "Fundación Mediara" (adicada a promover e impulsar sistemas alternativos de resolución de conflictos)
  5. Manual para a formación en mediación escolar  
 Accede á información facendo clic na imaxe

http://blog.tiching.com/mediacion-escolar-la-importancia-de-la-resolucion-de-conflictos/#.ViuZyJ3Rn6w.twitter

"Don't Worry Be Happy" (Fundación "Playing for Change")

La célebre canción "Don't Worry Be Happy" es interpretada aquí por niños y niñas de distintos países del mundo dentro del proyecto de la Fundación Playing for Change, una ONG creada para inspirar, conectar y llevar la paz por todo el mundo a través de la música. Su misión es crear el cambio positivo por medio de la música y la educación artística.


Ensinar a aprender. Avaliar desde a equidade

Completísima presentación elaborada por Ana Basterra na que se explica pormenorizadamente en que consiste o proceso de avaliación


Guía para o éxito escolar do alumnado con dislexia

Guía editada pola Consejería de Educación da Región de Murcia que nos ofrece un clarificador achegamento a ista dificultde de aprendizaxe. A obra se estructura en sete capítulos seguidos dun Anexo:
  1. Aproximación teórica á dislexia
  2. Necesidades específicas de apoio educativo do alumnado con dislexia
  3. Protocolo de detección, identificación e intervención
  4. Orientacións para o profesorado
  5. Orientacións na ensinanza da lingua estranxeira
  6. Orientacións para as familias
  7. As TIC na resposta educativa ao alumnado con dislexia
  8. Anexo: Rexistro de indicadores de risco na detección da dislexia



29/10/15

Medidas para a avaliación do alumnado con DISLEXIA, DEA e TDAH

Presentación elaborada por Juanan Frías, administrador do blog DEPARTAMENTOS DE ORIENTACIÓN, que recolle un conxunto de orientacións para o profesorado baseadas nas Instruccións da Consejería de Educación de la Junta de Castilla y León de 12 de decembro de 2014. Aínda que en Galicia non se teña publicado ningunha normativa similar, parécenos que recolle, de maneira bastante clarificadora, as características propias da DISLEXIA, DIFICULTADES ESPECÍFICAS DE APRENDIZAXE e TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN CON OU SEN HIPERACTIVIDADE, e as medidas a adoptar na avaliación do alumnado afectado por estes trastornos.

O proxecto TABBY (prevención do bullying)

TABBY (Threat Assessment of Bullying Behavior in Youth, que significa Evaluando las amenazas de bullying en la juventud) é un proxecto que ten como obxectivos aumentar a concienciación dos riscos do uso da web (ou calquera outra forma de comunicación electrónica) e fomentar a aprendizaxe da información e das habilidades precisas para protexerse fronte ás ameazas.

Distintos estudos teñen demostrado que existen diferentes formas de ciberacoso e que iste está altamente correlacionado co acoso na escola, mesmo moitas veces derívase del. Ás veces ocorre que os rapaces e rapazas que son intimidados na escola toman represalias a través da web.

O proxecto TABBY é europeo porque os socios proveñen de diferentes países da Unión Europea e porque o método e o enfoque empregado será dado a coñecer noutros países e poderá ser utilizado neles. O obxectivo é promover un clima no que se empregue a web de maneira segura. As boas prácticas son compartidas e difundidas para axudar a aumentar o benestar da nosa mocidade e previr o comportamento antisocial e, finalmente, reducir a delincuencia.

Entre os distintos elementos que compoñen o proxecto, destacaremos catro:
  1. Un manual para o profesorado.
  2. Un cuestionario para rapaces e rapazas onde se lles pregunta información sobre o que pasa na escola, o emprego de dispositivos dixitais, e o uso que fan de Internet.
  3. Un repertorio de animacións que exemplifican distintas situacións de risco.
  4. Un xogo virtual que permite interactuar con outros xogadores en tempo real e empregar unha rede social desde o seu teléfono intelixente.

Accede a TABBY facendo clic na imaxe

http://spa.tabby.eu/

28/10/15

Resolución pacífica de conflictos. Recursos e experiencias prácticas para educadores

Guía editada polo concello de Vitoria-Gasteiz que vai dirixida a todos aqueles axentes sociais e educativos que traballan con grupos de rapaces e rapazas de entre 12 e 20 anos en calquera ámbito educativo. Ofrece un compendio de ideas, recursos e experiencias para favorecer a convivencia da nosa mocidade mediante a resolución pacífica de conflictos.

A guía comeza cunha breve aproximación teórica ao conflicto para presentar, seguidamente, un achegamento práctico ao traballo en xestión positiva de conflictos incorporando:
Dinámicas e metodoloxías didácticas de traballo con mozos e mozas.
Experiencias novidosas e exitosas en distintos ámbitos de actuación impulsadas por distintas entidades e centros educativos que poden servir de inspiración.
Recursos pedagóxicos accesibles a través de internet.
A posibilidade de establecer contacto con outros profesionais para compartir información e intercambiar experiencias.

Fai clic na imaxe para acceder á publicación

http://www.vitoria-gasteiz.org/wb021/http/contenidosEstaticos/adjuntos/es/27/47/62747.pdf

Recompilación de dinámicas de grupo

A Consejería de Educación de Canarias publicou en 2011 unha recompilación de dinámicas de grupo, explicando pormenorizadamente en qué consiste cada técnica e tamén o propósito para o que poderían ser de utilidade: favorecer a aprendizaxe cooperativa, o traballo por proxectos, a coordinación cos teus compañeiros... 

Accede ao documento facendo clic na imaxe


Dous cuestionarios para detectar o acoso escolar

Achegamos dous cuestionarios proporcionados polo Servizo de Inspección Educativa de Sevilla dos que é autor D. Antonio Ruiz Martín. A primeira proba (Cuestionario AVE reducido) faina o alumnado individualmente e con ela pódense detectar casos particulares. A segunda proba (Cuestionario relativo ao grupo-clase), para alumnado de 5º/6º de Educación Primaria e para a ESO, pode proporcionar pistas sobre o posible foco do conflicto. O profesorado elixirá cal das dúas probas se acomoda mellor á súa clase e situación. Tamén poden pasarse os dous cuestionarios, pero sempre que sexan distanciados no tempo e en momentos diferentes. Cada cuestionario trae unhas sinxelas normas de aplicación para o profesorado e plantillas para a corrección.

Accede aos cuestionarios facendo clic na imaxe


Aprender a estudar

O blog Orientación en el Instituto ofrécenos unha excelente e moi completa recompilación de recursos con variados niveis de complexidade para traballar as técnicas de estudo nas titorías da ESO (algúns, de maior dificultade, poden empregarse para Bacharelato). As referencias aos materiais van precedidas dunha breve pero clarificadora explicación do que son estas técnicas. Entre os recursos propostos figuran diversos cadernos, cuestionarios, páxinas web e blogs. De obrigada consulta para calquera docente ou profesorado-titor que queira abordar esta cuestión.

Accede facendo clic na imaxe

http://blog.educastur.es/orientados/2015/10/27/aprender-a-estudiar/

Un achegamento ao Síndrome de Asperger. Guía

Nos últimos anos tense incrementado o número de familias que teñen que facerlle fronte a ista etiqueta diagnóstica pouco coñecida en España. A necesidade de información sobre este síndrome e a escasez de documentos escritos en castelán foi o que levou á  Federación Asperger Andalucía, xunto cun equipo de profesionais (Equipo Deletrea), a elaborar e difundir este documento de carácter informativo. 

Accede ao documento facendo clic na imaxe

https://www.dropbox.com/s/jxfa94xfsn9b1sq/PGP%20Acercamiento%20al%20Asperger.pdf?dl=0

27/10/15

"Entornos educativos enriquecidos con interculturalidad"

"Entornos educativos enriquecidos con interculturalidad. Interculturalidad y convivencia desde la perspectiva de la familia y las AMPAS" é unha publicación editada pola Ceapa.

Trátase dun manual dirixido a monitores e monitoras que ten como finalidade axudarlles a contribuir á mellora da convivencia nun contorno educativo caracterizado pola diversidade cultural, promovendo o respecto das diferencias e o enriquecemento mutuo.

Accede facendo clic na imaxe

https://www.ceapa.es/sites/default/files/uploads/ficheros/publicacion/manual_monitor_ff_educacion_interculturalidad_ceapa.pdf
 

Violencia Sexual Dixital. Web

Recurso online creado por Pantallas Amigas co fin de poñer a disposición da sociedade un conxunto de informacións e recursos útiles para a prevención e a intervención en materia de violencia sexual que se produce en e por medio das novas tecnoloxías, isto é, no medio dixital.

A Violencia Sexual Dixital sería pois a ciberviolencia de carácter sexual contra as mulleres.

Na actualidade existe un auténtico problema de violencia sexual que, lonxe de ser virtual, pódese caracterizar como dixital e ten consecuencias moi reais. O problema ten diversas manifestacións e afecta a nenas e mulleres de mediana idade, pero principalmente afecta ás adolescentes. Lamentablemente, neste novo contexto de socialización que é a rede, as víctimas máis numerosas e vulnerables son de novo, ademáis das persoas menores de idade, as pertencentes ao xénero feminino.

Na web atopamos os seguintes apartados: 
  • Formas de violencia dixital contra as mulleres (sextorsión, ciberbullying, ciberacoso, outras...)
  • Glosario de terminoloxía relacionada co tema; e, por último, o máis atractivo para o público adolescente,
  • Presentacións animadas para a prevención (recomendamos o seu uso nas titorías)

 Podes acceder ao recurso online facendo clic na imaxe


http://www.violenciasexualdigital.info/presentacion/

10 películas para traballar a interculturalidade

O blog Tiching ofrécenos unha selección de películas para traballar a interculturalidade en distintas idades (6 a 11 anos e a partir de 12 anos). A proposta inclúe unha guía didáctica para cada película.

http://blog.tiching.com/10-peliculas-para-trabajar-la-interculturalidad/?utm_source=tiching&utm_medium=referral

26/10/15

Tecnoadiccións: Web para informarse

Web creada por PantallasAmigas.net para informarse sobre o conxunto de problemas agrupados baixo a denominación de "tecnoadiccións" ou "ciberadiccións".  Éstas inclúen todos aqueles problemas ou fenómenos de abuso das NTICs e refírense, frecuentemente, á:
  • Adicción a Internet
  • Adicción aos móbiles
  • Adicción aos videoxogos 
Accede á web, onde a información abrangue un elevado número de ligazóns relativas a tecnoadiccións, tecnoacoso e outros riscos, facendo clic na imaxe 

http://tecnoadiccion.es/

Fonte: A información sobre a existencia desta páxina obtívose a través de Carmen Fernández Morante, profesora de Didáctica e Organización Escolar da usc.es.

Portais-nicho para a búsqueda de emprego polos xoves


Na web donde hay trabajo atopamos esta selección de portais-nicho para buscar emprego. Se queres empezar a traballar, consúltaa!

Para xoves e estudantes:
www.studentjob.es  (Ofertas de trabajo, becas, etc, jóvenes)
www.primerempleo.com (Ofertas de trabajo, becas, etc  para jóvenes)
http://emplea.universia.es (Ofertas de empleo, orientación universitarios)
www.empleo-jovenes.com (Empleo jóvenes, azafatas, modelos, animación, hostelería, restauración…)
www.mepsyd.es   (Ministerio de Educación)
www.aecid.es/es/ (Becas,Lectorados y PCI del Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación y de la Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo)
www.eurobrussels.com  (Prácticas profesionales en Europa)


Para profesionais do ámbito social:
www.eduso.net (Ofertas de empleo Educación Social)
www.hacesfalta.org  (Ofertas de voluntariado y empleo en ONG en el ámbito social).
www.voluntariado.net (Tablón de anuncio con ofertas para voluntarios)
www.obrasocialncg.com (Ofertas de empleo en ONG).


Para buscar traballo no sector público:
www.060.es/060/appmanager/portal/desktop/page/busqueda
www.opobusca.com/listado/oposiciones
www.canaloposiciones.com
www.buscaoposiciones.com
http://oposiciones.universia.es



Para traballar no estranxeiro:
www.trabajosporelmundo.com
http://trabajoeninglaterra.org (Traballo en Inglaterra)
http://trabajar-en-alemania.es (Portal español con ofertas para Alemania)
www.eurojobs.com (Portal en inglés onde puedes inscribir o teu cv para traballar en 42 paises)
www.bolsadetrabajo.com (Portal de ofertas en calquera parte do mundo)
www.anyworkanywhere.com (Portal de ofertas en calquera parte del mundo)
Portal europeo de la movilidad
Ttajobsgermany (Bolsa de emprego en Alemania)
www.infochina.pro (Portal de ofertas en China)
www.myforeignjob.com (ofertas de emprego internacionais)
Selección de portales de empleo internacionales de Marcaempleo


Outros:
www.portalparados.es (Información actualizada do mundo laboral, noticias, emprego, oposicións, etc.)
http://empleoydeporte.com (Ofertas de emprego do ámbito do deporte)
http://paradopolis.es  (Comunidadd de Parados con moita información).
http://elrincondelparado.com (Cursos, ofertas de emprego, ligazóns a diferentes páxinas de emprego)
www.experteer.es (Ofertas de emprego para directivos)
http://www.empleoaqui.com (Axencia de colocación)
http://www.insertia.net/ (Portal de emprego)

25/10/15

"La orientación que queremos": "Hangout" entre orientadores

O 22 de outubro de 2015 tivo lugar un "hangout" sobre orientación co título "La orientación que queremos". O conductor foi Jesús Hernández, creador do blog Crea y Aprende con Laura. Nel participaron os orientadores Alberto del MazoClaudio CastillaMónica Diz, Mercedes Ruíz, e Víctor Cuevas, actuando como moderadora Inma Contreras. Todos os participantes contan con sendos blogs que aconsello visitar. No "hangout" dase resposta a algunhas preguntas e intervencións efectuadas por outros compañeiros orientadores. Entre elas figuran as miñas. O debate versou sobre múltiples cuestións de actualidade referidas á situación da orientación educativa.



"A través de mis pupilas": A violencia de xénero a través da mirada do fillo

Magnífica curtametraxe presentada por Carlota Laborda, alumna de 1º de Bacharelato do IES Benjamin Jarnés  ao concurso de curtametraxes contra a violencia de xénero organizado pola Delegación do Goberno de Aragón e Ibercaja.  O video gañou o primeiro Premio Cortometrajes contra la Violencia de Género Delegación del Gobierno en Aragón en la categoría de ESO y Bachillerato. Analiza, a través dos ollos dun rapaz, cómo xurde e se desenvolve a violencia de xénero no fogar aportando, dende unha aparente inxenuidade, unha visión estremecedora deste grave problema social. Moi útil para as titorías ou, simplemente, para comentalo na clase.



Neste mesmo concurso participou outra alumna de 2º de Bacharelato do mesmo centro, Noelia Clavero. O seu tamén magnífico video "Mi proyecto: La violencia de género", malia non resultar galardoado, aborda o tema con grande sensibilidade.


"No Wifi, No Love". Video sobre o abuso das novas tecnoloxías protagonizado por adolescentes

Curtametraxe realizada polo alumnado do IES Jovellanos de Gijón sobre o abuso do Whatsapp.
Tema: Black e Berrie coñecéronse nun chat e hoxe é a súa gran cita.
Mensaxe que se pretende transmitir: O uso e abuso das novas tecnoloxías afecta ás nosas relacions persoais reais e virtuais. 
Moi útil para empregalo nas titorías ou, simplemente, comentalo na clase
Fonte: Aulablog21
No Wifi, No Love es el título del genial corto realizado por los alumnos del Instituto Jovellanos de Gijón sobre el abuso del Whatsapp que nos puede venor muy bien para tutorías o para comentarlo en clase.
Sinopsis: Consumo responsable y relaciones personales y virtuales. Black y Berrie se conocieron en un chat y hoy es su gran cita.
Mensaje: De cómo el uso y abuso de las nuevas form as de comunicación afectan tanto a nuestras relaciones personales como a las virtuales.
- See more at: http://aula21.net/aulablog21/archives/2015/10/20/no-wifi-no-love/#sthash.zu9vRBSX.8mNpjICW.dpuf
No Wifi, No Love es el título del genial corto realizado por los alumnos del Instituto Jovellanos de Gijón sobre el abuso del Whatsapp que nos puede venor muy bien para tutorías o para comentarlo en clase.
Sinopsis: Consumo responsable y relaciones personales y virtuales. Black y Berrie se conocieron en un chat y hoy es su gran cita.
Mensaje: De cómo el uso y abuso de las nuevas form as de comunicación afectan tanto a nuestras relaciones personales como a las virtuales.
- See more at: http://aula21.net/aulablog21/archives/2015/10/20/no-wifi-no-love/#sthash.zu9vRBSX.8mNpjICW.dpuf


23/10/15

"Rutas Laborales": Orientación académico-profesional na ESO

"Rutas Laborales" é unha ferramenta de orientación académica e profesional para o alumnado da ESO. O seu obxectivo é facilitarlle a toma de decisións con relación ao seu futuro académico e profesional, de maneira que fagan fronte dunha maneira axeitada á tarefa de descubrir e elixir as mellores opcións formativas. Inclúe guías didácticas para profesorado e alumnado.

http://web.educastur.princast.es/proyectos/rutaslaborales/index.html

10 recursos para educar ao teu alumnado na igualdade

A igualdade de xénero constitúe un dos temas pendentes tanto na sociedade como no currículo actual. A educación é a principal ferramenta para facer fronte á violencia machista, desterrar o sexismo e formar ao alumnado na igualdade. Facendo clic na imaxe accederás a unha recompilación de 10 recursos que te axudarán a educar en igualdade. 

http://www.aulaplaneta.com/2015/10/20/recursos-tic/diez-recursos-para-trabajar-la-igualdad-de-genero-en-el-aula/?utm_source=Facebook&utm_medium=postint&utm_campaign=rssint

Fonte: aulaPlaneta
a igualdad de género constituye uno de los temas pendientes tanto en la sociedad como en el currículo actual. Aunque aparece de manera trasversal en muchas asignaturas, la eliminación de Educación para la ciudadanía ha restado espacio a este tema, fundamental para construir una sociedad moderna e igualitaria. La educación es la principal herramienta para combatir la violencia machista, desterrar el sexismo y formar a los niños y niñas en igualdad. Recopilamos diez recursos que pueden ayudarte a formar a tus alumnos en igualdad de género. - See more at: http://www.aulaplaneta.com/2015/10/20/recursos-tic/diez-recursos-para-trabajar-la-igualdad-de-genero-en-el-aula/?utm_source=Facebook&utm_medium=postint&utm_campaign=rssint#sthash.TJM2Dgt4.dpuf
a igualdad de género constituye uno de los temas pendientes tanto en la sociedad como en el currículo actual. Aunque aparece de manera trasversal en muchas asignaturas, la eliminación de Educación para la ciudadanía ha restado espacio a este tema, fundamental para construir una sociedad moderna e igualitaria. La educación es la principal herramienta para combatir la violencia machista, desterrar el sexismo y formar a los niños y niñas en igualdad. Recopilamos diez recursos que pueden ayudarte a formar a tus alumnos en igualdad de género. - See more at: http://www.aulaplaneta.com/2015/10/20/recursos-tic/diez-recursos-para-trabajar-la-igualdad-de-genero-en-el-aula/?utm_source=Facebook&utm_medium=postint&utm_campaign=rssint#sthash.TJM2Dgt4.dpuf

22/10/15

12 curtametraxes para traballar a violencia de xénero na aula

O blog Inevery Crea ofrécenos unha selección de 12 curtametraxes para traballar na aula o tema da violencia de xénero. Bó recurso para as titorías dos cursos superiores da ESO. Pódense empregar, por exemplo, o 25 de novembro, que é o día internacional contra a violencia de xénero. Facendo clic na imaxe accederás á eles.

http://ineverycrea.net/comunidad/ineverycrea/recurso/12-cortos-para-trabajar-la-violencia-de-genero-en-/74b6edfe-95f1-495d-b167-b651a28a4271

Privacidade e protección de datos de menores en Internet: Un teléfono de axuda

Grazas ao acordo asinado polo Ministerio de Educación e a Axencia Española de Protección de Datos, vanse abrir dúas novas canles co fin de orientar a pais, nais, profesorado e alumnado sobre cómo preservar a intimidade dos xoves nas redes sociais: 

  1. por teléfono: 901 233 144
  2. por Whatsapp: 616 172 204
  3. A elas temos que engadir a xa existente, o e-mail canaljoven@aepd.es

Estas distintas canles de axuda gratuitas servirán para consultar calquera dúbida referida á protección de datos dos menores e da súa intimidade nas redes sociais e en Internet. Podes acceder á información facendo clic na imaxe, que remite á web chaval.es .


Recursos para mellorar a igualdade de xénero na aula

ENIAC (Espacio de pensamiento e innovación educativa) suxírenos varias webs con recursos para mellorar a igualdade de xénero na aula e previr a violencia. Se fas clic na imaxe, accederás á información.

http://espacioeniac.com/formas-de-mejorar-la-igualdad-de-genero-en-el-aula/

Guía para a prevención da violencia sexual en xoves

Guía publicada polo concello de Granada da que é autora a experta en xénero e prevención da violencia en mulleres Carmen Repullo.

Accede facendo clic na imaxe


"Infancia rota". Documental

Premio no Festival de Nueva York á "Mellor reportaxe de investigación", "Infancia rota" desvela máis de 4000 casos de abusos a menores. No documental denúnciase un fenómeno social "tabú".  Segundo "Save the Children", unicamente se coñece un 58% dos abusos que se coñecen. 

En España, o 23% das rapazas e o 17% dos rapaces menores de 18 anos sufríu algunha vez abusos sexuais. Os agresores pertencen, no 75% dos casos, ao seu contorno máis próximo. No 46% dos casos repítense máis dunha vez sobre a mesma víctima. As víctimas tardan unha media de tres a cinco anos en denunciar os feitos.


"Infancia rota" desentrañará o complexo mapa de sentimentos que experimentan as víctimas. Os expertos aseguran que a única forma de previr os abusos sexuais é dalos a coñecer. Moitos falarán por primeira vez dalgo que silenciaron de pequenos.


21/10/15

Consellos para adolescentes sobre unha Internet segura

Facendo clic na imaxe accederás a un kit con consellos para un emprego de Internet. sen riscos. Trátanse as seguintes cuestións:
  • Contrasinais
  • Equipo en lugar común
  • Privacidade
  • Descoñecidos
  • Virus
  • Descargas
  • Pecha a sesión
  • Pensa antes de publicar
  • Datos persoais
  • Pide axuda

http://www.infinityelearning.net/intercambio2015/junta2015/juegos/secundaria_kit/index.html


Nomofobia: Adicción ou abuso do teléfono móbil na ESO

Comparto aquí unha interesante presentación sobre o trastorno coñecido co nome de "nomofobia", consistente en presentar adicción ou emprego abusivo do teléfono móbil. Trátase du "trastorno", dunha adicción ou simplemente dun hábito? Tras unhas primeiras diapositivas nas que se define e delimita o fenómeno, a presentación inclúe os resultados dun estudo sobre uso e adicción ao móbil resultado dun cuestionario pasado ao alumnado de 1º da ESO do IES Mar de Poniente de La Línea (Cádiz). Nas últimas diapositivas (nº 15 e 16) inclúense distintos recursos didácticos sobre a nomofobia, entre eles varios vídeos de curta duración. Moi aconsellable para traballar na titoría da ESO. Moitos dos nosos alumnos e alumnas recoñeceranse nas conductas que se describen. 

Parabéns a Miguel Ángel Valverde Gea administrador do blog Entre pasillos y aulas.


"Aislados". Videoxogo gratuito para traballar a competencia socioemocional

Aislados é un programa gratuito deseñado para traballar a competencia socio-emocional nas horas de titoría que ten como destinatario ao alumnado de 5º/6º de Educación Primaria e 1º/2º cursos de Educación Secundaria Obrigatoria. Pódese xogar desde calquera lugar que teña conexión a internet. Primeiro, os xogadores se rexistran e van avanzando na partida (na casa ou no instituto). Posteriormente, o profesordo-titor pode descargar a guía didáctica, decidindo que seccións se traballarán na clase.

Os bloques de contidos que se poden elixir son os seguintes:
  • Asertividade
  • Toma de decisións
  • Relacións interpersoais
  • Autoestima
  • Intelixencia emocional
  • Adiccións

Financiado polo Plan Nacional sobre Drogas e realizado pola asociación SIAD , "Aislados" foi considerado o mellor xogo de promoción da saúde 2014 (Fun and Serious Games) e ven de recibir o Premio Reina Sofía contra as Drogas no ámbito educativo.

Accede ao xogo facendo clic na imaxe. Lembra que tes que rexistrarte! 

http://www.aislados.es/
 

Adolescentes sen violencia de xénero. Web

Existe unha preocupación crecente polo aumento da violencia de xénero entre adolescentes. Para contribuir a combater esa lacra xurde esta web de José-Antonio Burriel.  Obviamente, o seu destinatario principal é o público adolescente. Paga a pena botarlle unha ollada.

http://adolescentesinviolenciadegenero.com/

20/10/15

Abrazar a diversidade: propostas para unha educación libre de acoso homofóbico e transfóbico

Excelente guía editada polo Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. A publicación responde á necesidade de intervir nunha realidade omo é a da diversidade afectivo sexual e a identidade de xénero. A súa intención é contribuir ao coñecemento deste tipo de acoso no ámbito escolar, atendendo a súa especificidade e aos axentes que interveñen para, seguidamente, pasar a salientar aquelas experiencias concretas que poden ser tomadas como modelos de referencia para unha adecuada xestión da diversidade afectivo-sexual na escola. Propóñense nela, así mesmo, un conxunto de medidas concretas, a modo de recomendacións dirixidas aos centros e a toda a comunidade educativa, para previr, detectar e actuar contra o acoso homofóbico e transfóbico,  unha aproximación ao marco xurídico da cuestión no noso país, e unha coidada selección de recursos didácticos para traballar na aula.

http://www.inmujer.gob.es/actualidad/NovedadesNuevas/docs/2015/Abrazar_la_diversidad.pdf

TDAH e ti. Achégate un pouco máis á hiperactividade

  • Web dedicada ao Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) coa pretensión de axudar tanto ás persoas que teñen o trastorno como aos seus familiares, educadores e profesionais.
  • Nas distintas seccións podemos atopar información especializada sobre qué é o TDAH, cáles son as súas causas, os seus síntomas, cómo se diagnostica, cál é o seu tratamento, realidade do TDAH, consellos e novas. 
  • Conta ademáis cun canal de Youtube no que terás acceso a diferentes vídeos sobre o TDAH.
  • Tamén ofrece unha sección de materiais descargables, útiles para organizar o día a día das persoas con TDAH.

http://www.tdahytu.es/

19/10/15

Eu sufrín acoso. Testemuñas de rapaces e rapazas

Edgar, Yaiza e Joel contan a súa experiencia no programa de radio "La Voz del Silencio", programa semanal sobre acoso escolar emitido por "No al Acoso Escolar" desde Radio Sapiens (www.radiosapiens.es)


Cómo prevenir el acoso escolar

Facendo clic na imaxe atoparás, ao final da páxina web á que remite, unha excelente infografía que aborda a problemática do acosador e cómo facerlle fronte. Previamente poderás ler un artigo publicado no xornal El mundo que trata dun xeito sinxelo e clarificador a cuestión do acoso escolar.

http://www.elmundo.es/sapos-y-princesas/2015/10/18/560b2f3f268e3eda448b45c3.html

"Descubre la FP". Sitio web



"Descubre la FP" é unha web creada por iniciativa da Fundación Atresmedia e da Fundación MAPFRE co obxectivo de impulsar e dar a coñecer a Formación Profesional en España. Nela atoparás as seguintes seccións: 
  • O proxecto
  • Qué é a FP
  • Eles e elas cho contan
  • Atopa o teu título
  • Blog
  • Novas de interese sobre a FP
  • Rutas para a vida
  • Plan vocacional
Accede facendo clic na imaxe

http://www.descubrelafp.org/

18/10/15

Recursos sobre avaliación inicial

Dende o Equipo de Tuitorientadoras y Tuitorientadores de Guardia compartimos en Twitter na primeira quincena de outubro de 2015 recursos para a avaliación inicial dos nosos alumnos e alumnas co hashtag ou etiqueta #evaluacióncero. No seguinte Storify recóllense todos os tuits compartidos. A iniciativa foi coordinada pola compañeira tuitorientadora @analiliotero (Lourdes Otero).





Dinámicas e actividades para previr e/ou disminuir o bullying

Boa recompilación de propostas para loitar contra o bullying nas aulas. Útil para as titorías da ESO.


16/10/15

Consellos para unha ciberconvivencia positiva

PRESENTAN:
Esta animación, que ten como obxectivo a sensibilización e a formación no uso seguro das novas tecnoloxías e o fomento dunha cidadanía dixital responsable.

O uso adecuado das novas tecnoloxías é unha cuestión que actualmente preocupa á comunidade educativa, ás familias e, en xeral, a usuarias e usuarios da rede. Pese a elo, existen dificultades para atopar materiais accesibles cos que poder sensibilizar e formar sobre o uso responsable de Internet, as redes sociais e os smartphones con persoas con discapacidade intelectual de maneira que comprendan conceptos como suplantación de identidade, protección de datos, mecanismos de rectificación, etc.

Este recurso audiovisual inclúe catro consellos para a "Ciberconvivencia positiva". Na súa elaboración participaron usuarios habituais das novas tecnoloxías con discapacidade intelectual que deron a súa opinión durante o proceso e puxeron voz aos personaxes que lanzan os consellos.



Educar na corresponsabilidade. Propostas para a familia e a escola

O plantexamento desta guía, editada pola Ceapa, incide na idea de que as actividades domésticas e o coidado das persoas coas que se convive sexan compartidas por persoas de ambos sexos. Fai clic na imaxe para acceder.

http://www.ceapa.es/sites/default/files/Documentos/22.pdf

Alumnado con altas capacidades. Pautas para as familias

Guía editada pola Ceapa con consellos para as familias do alumnado con altas capacidades.


15/10/15

A xestión de conflictos na aula. Factores determinantes e propostas de intervención

Manual editado polo Instituto Superior de Formación do Profesorado do Ministerio de Educación. Na obra se delimita o campo da conflictividade en educación e se establecen canles que permitan o control da súa xestión, así como a creación de espazos para a resolución dos conflictos de acordo coa cultura e características de cada institución. Se analizan, igualmente, os factores que determinan a aparición de situacións conflictivas: perda de autoridade, desvalorización da sociedade, influencia negativa dos medios de comunicación, desintegración do modelo famiiar tradicional, etc.

Na parte final abórdanse diferentes propostas de intervención na aula coa finalidade de aportar aspectos prácticos e cercanos á realidade que viven os centros. De utilidade para o colectivo docente, os profesionais da orientación, o profesorado-titor, as familias e as institucións educativas.


http://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2015/10/LA-GESTI%C3%93N-DE-CONFLICTOS-EN-EL-AULA.pdf
etc.
En la

40 curtametraxes para educar en valores

Do blog Atendiendo necesidades comparto unha recompilación de 40 curtas para traballar a educación en valores tomadas da web EDUCACIÓN 3.0. Útiles para empregar nas sesións de titoría dos distintos niveis da ESO. Fai clic na imaxe para acceder.

http://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/familias-2/cortometrajes-educar-en-valores/16455.html


Maltrato e abuso infantil

O blog Orientación en Galicia aborda nunha entrada o tema dos malos tratos e abusos na infancia, presentándonos, ademáis, a asociación AMINO Galicia. (Abuso e maltrato infantil non. Galicia).


Especialmente interesante é a documentación que inclúen sobre abuso e maltrato infantil. Podes acceder a ela facendo clic na imaxe.

 

https://drive.google.com/folderview?id=0B9zDTnRcyLPefmVaVjNwQkpFSWtIRU5oX2lvOWxNNE9KbUprWVVnX0ZxMEpLMTRaWUREMVk&usp=sharing

 

Material de apoio a docentes para o alumnado con NEE

Material dirixido aos docentes que non contan con experiencia e coñecemento específico para a atención educativa de nenos e nenas e xoves que presentan NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS asociadas ou non a discapacidade. Proporciona unhas orientacións xerais e moi sinxelas desta poboación, incluíndo diversas actividades a desenvolver na aula.


Estratexias para o control da disciplina na aula

Este manual de apoio ao docente establece mecanismos que permiten mellorar a disciplina na aula baseándose no enfoque chamado "Apoio Conductural Eficaz" (Effective Behavioral Support, EBS) desenvolvido na Universidade de Oregón. O seu obxectivo é facilitar un adecuado desenvolvemento das clases, mellorando os resultados académicos, as relacións interpersoais e o desenvolvemento social de nenos e xoves.

Divídese en tres partes. A primeira contempla os aspectos teóricos. Unha segunda arte refírese ás actividades que é preciso realizar antes de implementar as ferramentas que se indican na última fase, onde se describen cada unha das estratexias.

Accede ao manual facendo clic na imaxe

https://drive.google.com/file/d/0ByswiR2i-8-5QjZRTVpyZTQxU28/edit