30/4/15

Esquema coas opcións na ESO LOMCE

Comparto este esquema, elaborado pola orientadora Mábel Villaescusa, onde se resumen, dun xeito moi clarificador, cales son as opcións que se presentan na ESO coa LOMCE. Fai clic na imaxe para amplialo.


Fonte: La botica del orientador

29/4/15

Adaptacións curriculares. Web

Web elaborada por Chicho Rodríguez Zarallo onde pode atoparse abundante material para a realización de adaptacións curriculares nas distintas etapas.
 
Fai clic na imaxe para acceder á web

http://www.adaptacionescurriculares.com/materiales.html

28/4/15

PROBAS DE ACCESO A ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES 2015-2016



Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran dezanove anos no ano 2015.

A inscrición realizarase na secretaría dos seguintes centros educativos entre o e o día 28 de abril e 28 de maio, ambos inclusive:

  • Conservatorio Superior de Música da Coruña.
  • Conservatorio Superior de Música de Vigo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
  • Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
  • Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
  • Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
 A proba de acceso realizarase o día 5 de xuño ás 9.00 horas no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario:

– 9.00 h: presentación.

– Das 9.30 ás 10.30 h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).

– Das 10.30 ás 11.30 h: Lingua Castelá e Literatura.

– Das 12.00 ás 13.00 h: Lingua Galega e Literatura.

– Das 13.00 ás 14.00 h: Filosofía e Cidadanía ou Historia da Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 h: Historia de España ou Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

INSTRUCIÓNS ACCESO E ADMISIÓN ESTUDOS SUPERIORES ARTE DRAMÁTICA 2015/2016

A Consellería de Educación publicou as instrucións para o acceso e admisión do alumnado aos estudos superiores de Arte Dramática para o curso 2015/2016. 

A inscripción para a proba específica ten que facerse na secretaría da Escola Superior de Arte Dramática sita en Vigo no prazo comprendido entre o 28 de abril  e o 16 de xuño, ambos incluídos. 

MÁIS INFORMACIÓN:

INSTRUCIÓNS ACCESO E ADMISIÓN NOS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO 2015

A Consellería de Educación publicou as instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2015/16.

A inscrición para a proba específica farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción, no prazo comprendido entre o 28 de abril e o 28 de maio, ambos os dous incluídos.

MÁIS INFORMACIÓN:

26/4/15

Proxecto Ambezar 2. Recursos para a atención á diversidade

Aplicación realizada polo grupo Ambezar e editada pola Junta de Andalucía creada coa intención de axudar a profesorado e profesionais da orientación a dar unha resposta adecuada á atención á diversidade proporcionando para elo valiosos materiais.

Accede facendo clic na imaxe

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/ambezar/index.html



22/4/15

Guía para alumnado con TEA. Transición de Primaria a Secundaria

Guía creada por The National Autistic Society e traducida pola iniciativa da Federación Autismo Andalucía. Está dirixida a familias e profesionais da educación coa finalidade de axudar a nenos e nenas con Trastornos do Espectro Autista (TEA) na transición entre as etapas de Primaria e Secundaria.

Accede á guía facendo clic na imaxe

http://autismodiario.org/wp-content/uploads/2011/04/Transici%C3%B3n-de-educaci%C3%B3n-primaria-a-secundaria-para-alumnos-con-Trastornos-del-Espectro-del-Autismo.jpg

Fonte: espectroautista.info, recollido no blog Orienta2

21/4/15

16/4/15

Necesidade específica de apoio educativo por condicións persoais

O pedagogo Jesús Jarque explica cando un alumno ou alumna ten necesidade específica de apoio educativo por condicións persoais ou historia escolar. Esta categoría está contemplada na LOMCE. Clara e útil explicación.
 
Accede á información facendo clic na imaxe
 
http://www.mundoprimaria.com/pedagogia-primaria/acneae-por-condiciones-personales.html
 
 
Fonte: mundo primaria

GALICIA: PROBAS LIBRES TÍTULOS DE FP LOE 2014-2015

A Consellería de Educación convocou probas libres para a obtención de títulos de FP LOE correspondentes ao curso 2014/2015  na Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo destas probas é permitir ás persoas participantes obter directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos fixados nos currículos correspondentes aos diferentes ciclos.
 
PRAZO DE SOLICITUDE:
 
-  Do 17 ao 30 de abril de 2015 ata as 13 horas
  
REQUISITOS DOS SOLICITANTES:
 
- Para ciclos medios, título de ESO ou proba de acceso
- Para ciclos superiores, título de Bacharelato ou proba de acceso
- Ter 18 anos para optar aos títulos de técnico.
- Ter 20 anos para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 no caso de posuír xa o título de técnico.
- Non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.
- Excepcionalmente, no caso de que houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas para a superación dos módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.
- Tamén excepcionalmente se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.
 
RELACIÓN DE CICLOS E PRAZAS OBXECTO DA CONVOCATORIA:
 
Oferta clasificada por familia e ciclo (Actualizado a 13-04-2013)
 
LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
 
Na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

14/4/15

Guía familiar para a prevención de drogas

Editada polo Concello de Valladolid, esta guía pretende ser de utilidade para pais e nais que precisan orientación sobre a prevención do consumo de drogas.
 
Accede á guía facendo clic na imaxe
 
http://www.valladolidsindrogas.net/recursos/ficheros/publicaciones%20ayuntamiento/droga%20PDF.pdf
 

12/4/15

Ponderacións selectividade España 2015-2016

Aquí tes as táboas de ponderación 2015-2016 das materias da fase específica da selectividade vixentes nas distintas universidades españolas por Comunidades Autónomas.

Accede á información facendo clic na imaxe

http://yaq.es/reportajes/parametros-ponderacion-selectividad-asignaturas-fase-especifica

10/4/15

Campaña "Yo no soy trapacero"

Este vídeo, publicado o 8 de abril de 2015, forma parte dunha campaña lanzada polo Consello Estatal do Pobo Xitano para que a Real Academia da Lingua Española retire da última edición do Diccionario a acepción "trapacero" que aparece na palabra "gitano". Nel interveñen varios nenos e nenas xitanos que amosan sorpresa ao ver esa definición e afirman non sentirse identificados con ela. Idóneo para tratar o tema nas titorías.

1/4/15

Programa inmersión lingüística de verán en inglés para alumnado 1º e 2º ESO 2015

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca axudas para participar nun programa de inmersión lingüística en inglés no verán de 2015. Os destinatarios son o alumnado de 1º e 2º ESO.

Prazo de presentación de solicitudes:
Desde o 1 ata o 20 de abril de 2015

Máis información:
- Alumnado de 1º ESO http://ow.ly/L3Zvh
- Alumnado de 2º ESO en http://ow.ly/L3ZE9