28/10/15

Resolución pacífica de conflictos. Recursos e experiencias prácticas para educadores

Guía editada polo concello de Vitoria-Gasteiz que vai dirixida a todos aqueles axentes sociais e educativos que traballan con grupos de rapaces e rapazas de entre 12 e 20 anos en calquera ámbito educativo. Ofrece un compendio de ideas, recursos e experiencias para favorecer a convivencia da nosa mocidade mediante a resolución pacífica de conflictos.

A guía comeza cunha breve aproximación teórica ao conflicto para presentar, seguidamente, un achegamento práctico ao traballo en xestión positiva de conflictos incorporando:
Dinámicas e metodoloxías didácticas de traballo con mozos e mozas.
Experiencias novidosas e exitosas en distintos ámbitos de actuación impulsadas por distintas entidades e centros educativos que poden servir de inspiración.
Recursos pedagóxicos accesibles a través de internet.
A posibilidade de establecer contacto con outros profesionais para compartir información e intercambiar experiencias.

Fai clic na imaxe para acceder á publicación

http://www.vitoria-gasteiz.org/wb021/http/contenidosEstaticos/adjuntos/es/27/47/62747.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario