7/10/15

A orde das cousas: curtametraxe sobre violencia de xénero

"El orden de las cosas" é unha curtametraxe que aborda dun xeito metafórico o tema da violencia de xénero. Pode resultar moi útil para as titorías de 4º ESO. A curta conta cunha guía didáctica para facilitar as actividades a desenvolver na aula. Forma parte do proxecto do Ministerio de Educación "Hablando se entiende la gente", onde se nos explica como explotar as curtas nas titorías de 4º ESO.

Mediante o emprego de metáforas visuais (as pingas de auga, o cinto, a protagonista sen roupa na bañeira), os autores pretenden transmitir a indefensión e o sufrimento ocasionados polos malos tratos e todos os seus efectos, amosando os "moretóns", pero non os golpes.



Contido da guía didáctica (hai que buscar a película no índice):
  • Argumento
  • Sobre a película
  • Sobre a temática: Claves para interpretar a curta, violencia de xénero en España, ciclos da violencia e alternativas fronte ao agresor. Efectos dos malos tratos.
  • Aplicación didáctica: Obxectivos, avaliación, antes de ver a película, actividades posteriores, comprensión da película, igualdade de xénero, violencia de xénero, malos tratos na parella, sobre as relacións de parella, xestión de conflitos.
  • Caderno do alumnado: Proposta de exercicios (A curtametraxe, comprensión da obra, igualdade de xénero, violencia de xénero, malos tratos na parella, relacións de parella, xestión de conflitos, redacción).
Accede á guía didáctica facendo clic na imaxe

https://lalentevioleta.files.wordpress.com/2012/12/elordendelascosas_guiadidactica.pdf

Fonte da curtametraxe: Cine y educación , vía Orienta As Barxas
Fonte da guía: La lente violeta

No hay comentarios:

Publicar un comentario