18/3/15

"Loquequieroestudiar.es". Guía fácil para acceder á universidade

Portal web posto en marcha pola Universitat Jaume I de Castellón. Trátase dunha guía fácil e intuitiva para acceder á universidade e orientar o futuro profesional. A súa aportación máis destacada é unha aplicación na que se poden buscar graos por profesións ou saídas laborais por graos, complementada con diferentes rankings de 75 universidades españolas, tanto públicas como privadas.

Os resultados da búsqueda inclúen as notas de corte das titulacións nas distintas universidades e próximamente tamén contará cos prezos de matrícula.

A web inclúe tamén información sobre a selectividade e a preinscripción universitaria, así como noticias de interese para estudantes de ESO e Bacharelato.

Accede ao portal facendo clic na imaxe

http://www.loquequieroestudiar.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario