19/3/15

Bolsas posobrigatorias para un programa de inmersión lingüística en inglés en España 2015

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España, destinadas a estudantes de Bacharelato, de FP de Grao Medio, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinanzas Deportivas, de Ensinanzas Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado.



Número máximo de becas: 2.000. 

Duración: 
Unha semana en réxime de internado e pensión completa a partir do 30 de xuño e durante o mes de xullo de 2015. 

Prazo de solicitude:
Do 17 de Marzo ao 9 de Abril, ambos incluídos

Prezo:
A  adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade. Con todo, para completar o prezo total do curso os alumnos aboarán 100 euros.

Requisitos:
- Ter nacido entre o 1 de xaneiro do 1995 e o 31 de decembro do 1998 e estar matriculado no curso 2014-2015 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos: Bacharelato; Ensinanzas profesionais de música e danza; Grao medio de Formación Profesional; Grao medio de artes plásticas e deseño; Grao medio de ensinanzas deportivas, e Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
- Ter obtido no curso 2014-2015 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conforme á convocatoria de bolsas de carácter xeral para estudantes que cursen estudos posobrigatorios.
-  Ter aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés.

Solicitude:
Deberase cubrir mediante o formulario accesible por internet no enderezo www.mecd.gob.es.

Dotación:

A contía das bolsas ascenderá a un máximo de 900 euros que se aboarán directamente á/s empresa/s adxudicataria/s.

Páxina web: 

Contacto:
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte 
Los Madrazo, 15
28014 Madrid
Teléfono: 913277681
www.educacion.gob.es 

Publicación: BOE 16-03-2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario