31/3/15

"Que no te la den". Web para prevención do "grooming" ou acoso sexual en Internet

 "quenoteladen.com" é unha liña de axuda destinada a menores que ten por obxecto a prevención do "grooming" ou acoso sexual en Internet e posibilita a denuncia deste. Inclúe 
  • un decálogo de consellos
  • informacións sobre que é o "grooming"
  • quen fai "grooming"
  • como actúan os acosadores,  e 
  • quen pode sufrir "grooming"
A web foi creada polo Centro de Seguridade para menores adscrito ao Safer Internet Program da Comisión Europea. A organización responsable do mesmo é PROTÉGELES. O sitio pon a disposición dos menores un equipo de abogados e psicólogos para que lles presten axuda e asesoren respecto dos pasos a seguir para a denuncia. O servizo é totalmente gratuito.

Fai clic na imaxe para acceder á web

http://www.quenoteladen.com/

28/3/15

Sistema educativo LOMCE en Secundaria e Bacharelato. Presentacións

Comparto aquí dúas presentacións elaboradas por Mariola Rodríguez dadas a coñecer por Alberto del Mazo a través da Orientateca do Blog OrienTapas. As dúas poden descargarse e adaptarse ao contexto de distintos centros educativos e comunidades autónomas, algo que é moi de agradecer.


A primeira expón as opcións académicas para graduados en ESO



A segunda explica cómo queda a ESO coa LOMCE




27/3/15

Recursos para o emprego


http://www.coruna.es/servlet/ContentServer?argIdioma=gl&c=Page&pagename=CMIX/Page/Generico-Page-Generica&cid=1415239928934

Se estás a buscar emprego, esta información é do teu interese. A web do Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello de A Coruña ofrece unha interesante recompilación de recursos informativos para xoves no ámbito do emprego. Máis concretamente, atópase nela información sobre:


A web ofrece, ademáis, un conxunto de documentos de interese que se poden descargar:
NOTA: Se desexas ter esta información en castelán, fai clic na parte superior dereita da web.

"Manual del sentido común en Internet. Guía para familias"

O Departamento de Educación do Goberno de Navarra, en colaboración coa Fundación Dédalo, ven de editar unha guía para familias sobre o uso seguro de internet. A guía informa sobre os riscos aos que están expostos os menores e proporciona unha serie de pautas para facer un bo uso das TIC, empregando unha linguaxe clara e sinxela.

Accede á guía facendo clic na imaxe

http://www.navarra.es/NR/rdonlyres/7C5357A0-A304-4776-9FD4-3185D9983733/311383/270315ed70guiafamilias.pdf

20/3/15

Galicia: Axudas para formación en linguas estranxeiras do alumnado de ESO e Bacharelato 2015

A Xunta de Galicia publicou a Orde do 2 de marzo de 2015 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2015, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 16-03-2015).


 
PRAZAS CONVOCADAS: 682

PRAZO DE SOLICITUDE: Do 17 de marzo ao 16 de abril de 2015 (ambos incluídos).

REQUISITOS: 

  • Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria,1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2014/15, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2013/14.
  • Ter acadado no curso 2013/14 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na materia de lingua inglesa.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
FINANCIACIÓN:

  • Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de mantenza e aloxamento.
  • O certificado de realización da actividade.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
  • As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade (ver convocatoria no DOG).
QUENDAS E GRUPOS: todas as actividades serán de formación en inglés e terán lugar en Galicia.


1º e 2º de Bacharelato: Duración: 1 semana.

1º, 2º, 3º e 4º da ESO: Duración: 2 semanas. 

DATAS: Entre a última semana de xuño e finais de agosto de 2015.

MÁIS INFORMACIÓN:


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. DEPARTAMENTO TERRITORIAL 
Edificio Administrativo de Monelos Rúa Vicente Ferrer. A Coruña


Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es 

Atención telefónica: 981 957 296 - 881 997 497 - 981 957 538 - 981 546 503


19/3/15

Bolsas posobrigatorias para un programa de inmersión lingüística en inglés en España 2015

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España, destinadas a estudantes de Bacharelato, de FP de Grao Medio, de Artes Plásticas e Deseño, de Ensinanzas Deportivas, de Ensinanzas Profesionais de Música e Danza e de Idiomas de Nivel Intermedio e Avanzado.



Número máximo de becas: 2.000. 

Duración: 
Unha semana en réxime de internado e pensión completa a partir do 30 de xuño e durante o mes de xullo de 2015. 

Prazo de solicitude:
Do 17 de Marzo ao 9 de Abril, ambos incluídos

Prezo:
A  adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade. Con todo, para completar o prezo total do curso os alumnos aboarán 100 euros.

Requisitos:
- Ter nacido entre o 1 de xaneiro do 1995 e o 31 de decembro do 1998 e estar matriculado no curso 2014-2015 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos: Bacharelato; Ensinanzas profesionais de música e danza; Grao medio de Formación Profesional; Grao medio de artes plásticas e deseño; Grao medio de ensinanzas deportivas, e Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
- Ter obtido no curso 2014-2015 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conforme á convocatoria de bolsas de carácter xeral para estudantes que cursen estudos posobrigatorios.
-  Ter aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés.

Solicitude:
Deberase cubrir mediante o formulario accesible por internet no enderezo www.mecd.gob.es.

Dotación:

A contía das bolsas ascenderá a un máximo de 900 euros que se aboarán directamente á/s empresa/s adxudicataria/s.

Páxina web: 

Contacto:
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte 
Los Madrazo, 15
28014 Madrid
Teléfono: 913277681
www.educacion.gob.es 

Publicación: BOE 16-03-2015

18/3/15

"Loquequieroestudiar.es". Guía fácil para acceder á universidade

Portal web posto en marcha pola Universitat Jaume I de Castellón. Trátase dunha guía fácil e intuitiva para acceder á universidade e orientar o futuro profesional. A súa aportación máis destacada é unha aplicación na que se poden buscar graos por profesións ou saídas laborais por graos, complementada con diferentes rankings de 75 universidades españolas, tanto públicas como privadas.

Os resultados da búsqueda inclúen as notas de corte das titulacións nas distintas universidades e próximamente tamén contará cos prezos de matrícula.

A web inclúe tamén información sobre a selectividade e a preinscripción universitaria, así como noticias de interese para estudantes de ESO e Bacharelato.

Accede ao portal facendo clic na imaxe

http://www.loquequieroestudiar.es/

17/3/15

Caderno de información académica para 4º ESO (Sevilla, curso 2015/16)

A Delegación Territorial de Educación, Cultura y Deporte de Sevilla publicou un caderno de información académica para o curso 2015/16 destinado ao alumnado de 4º ESO. As orientacións inclúen as novidades introducidas pola LOMCE. Aínda que a guía está contextualizada na provincia de Sevilla, as informacións xerais son válidas para outros contextos.

Para acceder á información, fai clic na imaxe

https://67ce3b93-a-62cb3a1a-s-sites.googlegroups.com/site/orienteitor/pdf/CUADERNO%20DE%20INFORMACI%C3%93N%20ACAD%C3%89MICA%20ESO%20%202015-16..pdf?attachauth=ANoY7crNhg8jwFrpp2po9EuqNktJj8BeRwNh7T1n7jrTpKgO4JAYk0pj_grYDRmimzD-QZK4ugOu3l6TP3hiXZApTsqEiIehY7EeEACi5sNvQkQbUm3j4-2Yf-sCrvMasbykrkpRy8vzYEXOWE0FQinwbt8Sx2UKIMu0FQ0CFDzW2ZhcWkg_bdgQHl_YUuBqO5gXp4Z9uPz082cInh3jFT9cvwsRQODXnsJPUiOpuDq1N5GBHDUbjsHb1vHkPLu4fex478yRkhHhaBCCYqZsn2P6aO-m0x_Row%3D%3D&attredirects=0

Recursos didácticos de educación viaria

Espazo web da Dirección Xeral de Tráfico con recursos útiles e favorecedores do proceso de ensinanza-aprendizaxe de educación viaria. Distintos niveis: infancia, xoves, persoas adultas, persoas con discapacidade e persoas maiores.

Accede aos recursos facendo clic na imaxe

http://www.dgt.es/es/seguridad-vial/educacion-vial/recursos-didacticos/

14/3/15

10 vídeos para traballar a violencia de xénero na aula

Boa compilación de vídeos para traballar o tema da violencia de xénero nas aulas elaborada polo CEDEC (Centro Nacional de Desarrollo Curricular en Sistemas no Propietarios).

Accede á compilación facendo clic na imaxe

http://cedec.ite.educacion.es/es/noticias-de-portada/2020-10-videos-para-trabjara-la-violencia-de-genero

11/3/15

Guía para o bo uso educativo das TIC

Instrumento práctico editado polo Goberno de Extremadura e dirixido a familias, alumnado e profesionais do ensino en xeral. Aborda as repercusións positivas e negativas derivadas do emprego das TIC e proporciona algúns consellos para un uso autónomo e responsable das mesmas.

O seu obxectivo é, ademáis, previr conflitos a curto e longo prazo, así como indicar determinadas actuacións a ter en conta unha vez que o problema está xa plantexado.

Inclúo, de seguido, o índice da publicación coa finalidade de ter unha visión de conxunto das cuestións que trata:
  1. Presentación 
  2. Principios sobre el buen uso de las TIC 
    1. Alumnado 
    2. Familia 
    3. Profesionales de la enseñanza
  3. Riesgos en el uso de las TIC 
    1. Problemas psicológicos/académicos 
    2. Problemas sociales
    3. Problemas de salud física
    4. Consejos generales para evitar estos problemas
  4. Otros problemas: Ciberdelitos 
    1. Violación del derecho a la imagen y a la intimidad. Privacidad 
    2. Ciberbullying
    3. Grooming
    4. Sexting
    5. Phishing
    6. Correos falsos (hoax, bulos, cadenas, spam)
    7. Virus, malware, etc.
  5. Fuentes consultadas
Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://enmarchaconlastic.educarex.es/conectadoyseguro/pdf/guia_BPTic.pdf

Fonte: Blog Crea y aprende con Laura

8/3/15

Manual de español para inmigrantes

Manual editado pola Fundación Montemadrid e dirixido ao alumnado adulto inmigrante que consta de 3 niveis:

Manual de Alfabetización ¿Cómo se escribe…?: Un completo manual de alfabetización en español dirixido a persoas adultas procedentes da inmigración e a persoas que precisan aprender o idioma para relacionarse co seu contorno social e laboral máis inmediato. Accede ao manual facendo clic na imaxe.

http://www.fundacionmontemadrid.es/uploads/area/96f98e04faaa2646795f584628f61d8890df1a34.pdf

¿Cómo se dice…? nivel A1: Que consta de cinco unidades didácticas que á súa vez se dividen en cinco leccións cada unha onde o estudante aprende a intercambiar información persoal: datos persoais, familia, tempo libre, profesión, etc. Ademáis, proporciónase ao alumnado información de interese referente a trámites, papeleos, festas, costumes, etc. Ao final de cada lección atópase unha autoavaliación orientada tanto aos aspectos lingüísticos como aos culturais. Material con gran cantidade de gráficos, imaxes e debuxos.

http://www.fundacionmontemadrid.es/uploads/area/8fc5a522632d05843b41ed4a88a3f9646fef816d.pdf

¿Cómo se dice…? nivel A2: Que consta de catro unidades didácticas que á súa vez se dividen en catro leccións cada unha que tocan temas cotiás como "enchendo a nevera", "as vacacións, ou cousas da casa. Ao igual que no nivel A1, ao final de cada lección atópase unha autoavaliación orientada tanto aos aspectos lingüísticos como culturais.

http://www.fundacionmontemadrid.es/uploads/area/36cc34db2cb3d90e1d2b1d82ad84876059da7077.pdf

Fonte: La web del estudiante




5/3/15

Campus Científicos de Verán 2015




A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, coa colaboración de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional e o apoio de Obra Social "A Caixa", poñen en marcha a 6ª edición do programa Campus Científicos de Verán (CCV), dirixido a 1.920 estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato

Durante sete días os participantes estarán en contacto coa investigación científica, participando nun proxecto de achegamento científico especialmente deseñado para eles por profesores de Universidade e de Ensino Secundario. O programa completarase con actividades de ocio científico-cultural (conferencias, visitas a museos e centros de ciencia...) e deportivas.

Prazo para a presentación de solicitudes: dende o 26 de febreiro ata o día 20 de marzo de 2015.

Toda a información sobre o programa na web http://www.campuscientificos.es

Podes consultar a convocatoria no BOE de 25 de febreiro de 2015

3/3/15

A mediación na práctica. Manual

Manual publicado por profesores e profesoras de catro institutos de educación secundaria (IES "Fin do Camiño" de Fisterra, IES "Alto Nalón" de Barredos-Laviana, IES "Monte Obarenes" de Miranda de Ebro, e IES "Portada Alta" de Málaga) que trata sobre como constituir un servizo de mediación entre iguais nun centro escolar de maneira efectiva.

Accede ao manual facendo clic na imaxe



http://www.edu.xunta.es/centros/cfrcoruna/aulavirtual/file.php/125/Libro_Completo_BAJA2.pdf

 Fonte: Blog Convives

Revista Convives nº 9: Orientación e Convivencia Escolar

Comparto aquí o número 9 da revista Convives, dedicado a explorar as relacións entre a orientación e a convivencia escolar. Accede facendo clic na imaxe.

https://docs.google.com/file/d/0BwmG_rAXpAZfb3ZMVi1udmZwbEk/edit

1/3/15

Traballar e formarse en Europa. Guía práctica 2015

A oficiña de información da Generalitat Valenciana Europe Direct ven de publicar unha nova edición da Guía práctica. Direcciones útiles para trabajar y formarse en Europa. É a primeira vez que está dispoñible en formato dixital. Inclúe enderezos para traballar e realizar prácticas profesionais en Europa, así como información sobre programas formativos, becas, másteres e aprendizaxe de idiomas. O obxectivo da publicación é difundir entre potenciales usuarios, nomeadamente xoves estudantes, as oportunidades de emprego e formación que ofrece a Unión Europea.

Accede á guía facendo clic na imaxe

http://www.vicepresidencia.gva.es/estatico/guia-practica-cas/HTMLCASTELLANO/index.html
Fonte: Web da Generalitat Valenciana