11/1/15

Proceso de acreditación de competencias profesionais 2015 en Galicia



A Consellería de Educación ven de convocar  o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral (e/ou aprendizaxes non formais) en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais.

As unidades de competencia e o número de prazas obxecto desta convocatoria son as recollidas no anexo I da Orde do 16 de decembro de 2014 (DOG do 02/01/2015).

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 8 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2015, ambos  incluidos.
 
A solicitude deberá ser cuberta e xerada pola aplicación informática que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion que logo se imprimirá para a súa presentación, na secretaría dos centros onde se vaia desenvolver o proceso (relación centros no Anexo II da orde).

MÁIS INFORMACIÓN:
- Departamentos de Orientación dos CIFPs
- www.edu.xunta.es/fp/acreditacion 

No hay comentarios:

Publicar un comentario