21/1/15

GALICIA: PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO. CONVOCATORIA 2015

A Consellería de Educación convocou as probas para a obtención do título de bacharelato para maiores de 20 anos correspondentes ao ano 2015. 



REQUISITOS DOS ASPIRANTES:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2015.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou  réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2014/15.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria
das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.


PRAZO DE MATRÍCULA: Entre o 16 e o 27 de febreiro de 2015.

DATA DO EXAME: 24 de abril de 2015, en sesións de mañá e tarde.

LUGAR: IES San Clemente de Santiago de Compostela

LUGARES PARA A INSCRIPCIÓN:
  • Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero, 3, 15003, A Coruña.
  •  IES San Clemente, rúa San Clemente s/n, 15705, Santiago de Compostela.
  • Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003, Lugo.
  • Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomaior, 4, 32002, Ourense.
  • Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002, Pontevedra.
  • Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202, Vigo.

ORGANIZACIÓN DA PROBA:

Consta de dous exercicios:
  1. Exercicio de materias comúns: a) Primeira parte: lingua galega e literatura; b) Segunda parte: lingua castelá e literatura; c) Terceira parte: lingua estranxeira; d) Cuarta parte: cuestións das materias de ciencias para o mundo contemporáneo, de filosofía e cidadanía, de historia da filosofía e de historia de España.
  2. Exercicio de seis materias de modalidade: Para superar cada exercicio cumprirá obter unha cualificación igual ou superior a 5 e, polo menos, un 4 en cada unha das súas partes.
MÁIS INFORMACIÓN:

Se tes intención de presentarte, consulta as seguintes ligazóns:

No hay comentarios:

Publicar un comentario