31/1/15

Trastornos de conducta alimentaria: anorexia, bulimia e obesidade. Guía para educadores

Tiempo de respuestas. Guía de trastornos de conducta alimentaria: anorexia, bulimia y obesidad é unha publicación editada pola Fundación Mapfre dentro da súa campaña Vivir en salud. Está dirixida ás familias e profesorado de primaria e secundaria. Inclúe fichas prácticas para traballar esta temática na aula.

Podes acceder á guía facendo clic na imaxe

http://www.vivirensalud.com/pdf/Guiaformacionbulimia.pdf

Fonte: Blog Orientación Cascales

30/1/15

A dislexia. Infografía

Orientación Andújar ofrece esta clarificadora infografía onde se explica en que consiste a dislexia.

Fai clic na imaxe para acceder a ela

http://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2014/10/que-es-la-dislexia.jpg

Recursos para o Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Comparto nesta entrada unha recompilación de recursos e páxinas web de interese para desenvolver o tema da paz nas aulas ofrecida polo INTEF (Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado).

Fai clic na imaxe para acceder á información

http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/752-30-de-enero-dia-escolar-de-la-no-violencia-y-la-paz




29/1/15

Orden ECD/65/2015 sobre relaciones entre competencias, contenidos y criterios de evaluación en Primaria, Secundaria y Bachillerato


Publicouse no BOE de 29-1-2015 a Orden ECD/65/2015, de 21 de enero, por la que se describen las relaciones entre las competencias, los contenidos y los criterios de evaluación de la educación primaria, la educación secundaria obligatoria y el bachillerato.

Fai clic na ligazón ao BOE para consultala

Trastornos Xeneralizados do desenvolvemento. Web

Comparto nesta entrada a web da Comunidade Virtual TGD (Trastornos Xeneralizados do Desenvolvemento), que pretende ser un punto de encontro para profesionais que traballan con alumnado con TGD en colexios e institutos. A web estructúrase en varios apartados: 
  • Información e noticias
  • Recursos e documentación
  • Ligazóns de interese
  • Foro
Especialmente útil é a sección de recursos e docuentación, onde se atopa unha extensa bibliografía, recursos audiovisuais, diversos materiais e recursos sociais.

Accede á web facendo clic na imaxe

http://www.educa2.madrid.org/web/tgd/portada

Fonte: rincones.educarex.es

28/1/15

Caderno de orientación de Cádiz 2015/2016

Caderno de orientación realizado polos orientadores e orientadoras de Cádiz editado pola Junta de Andalucía. Nel atópase información actualizada á LOMCE sobre as distintas opcións académicas que se lle presentan ao alumnado de 4º ESO, Ciclos Formativos e Bacharelato para o curso 2015/2016. Aínda que está contextualizdo nesa provincia, as informacións xerais son válidas para outros lugares.

Accede ao caderno facendo clic na imaxe

http://www.orientacioncadiz.com/w/files/DOs/Cuaderno_1516.pdf

Fonte: Blog El orienta poniente

26/1/15

Protocolo básico de intervención contra o maltrato infantil no ámbito familiar

Protocolo editado no 2014 polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad e actualizado á intervención nos supostos de menores de idade víctimas de violencia de xénero. Inclúe as pautas a seguir nos casos de maltrato familiar xunto cos pasos a dar nos ámbitos social, educativo, sanitario, policial e xudicial.

Accede a este protocolo oficial facendo clic na imaxe

http://www.observatoriodelainfancia.msssi.gob.es/productos/pdf/MaltratoInfantil_accesible.pdf

24/1/15

Proceso de selección para incorporarse ás escalas de tropa e mariñeiría

O Ministerio de Defensa convocou proceso de selección para cubrir as prazas para o acceso de nacionais e estranxeiros á condición de militar de tropa e mariñeiría. Ofértanse 1950 prazas, correspondentes ao Ciclo de Selección número 1. Do total de prazas, os estranxeiros poderán optar en concorrencia cos españois a 40. 

 


DATA: 24/1/2015 a  12/2/2015

REQUISITOS:
  • Ter a nacionalidade española ou a dalgún dos países incluídos na convocatoria.
  • Ter cumpridos 18 anos e non cumprir 29 ao día seguinte ao de incorporación ao centro de formación correspondente.
  • Carecer de antecedentes penais, e non ter aberto en calidade de procesado ou imputado ningún procedemento xudicial por delito doloso.
  • Non estar privado dos dereitos civís.
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais, ou dos órganos estatutarios das comunidades autónoma, nen estar inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas.
  • Posuír a aptitude psicofísica necesaria.
  • Estar en posesión como mínimo, do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou os seus equivalentes.
  • A participación no proceso de selección iniciarase coa aceptación da solicitude de cita previa. Para este 1º Ciclo de Selección, o prazo de solicitude de cita previa finaliza o 12 de febreiro de 2015.
MÁIS INFORMACIÓN: 
BOE 23-01-2015
Web do Ministerio de Defensa

Área de Recrutamento A Coruña
Avda. Alférez Provisional, 15
15006 A Coruña
Tlf. 981 121 752  

23/1/15

Cadernos para a paz. ESO e Bacharelato

Proposta de actividades de Orientación Andújar para traballar o tema da paz nas titorías. Consta de dous cadernos, o primeiro vai destinado a 1º e 2º da ESO, mentras que os destinatarios do segundo son 3º e 4º da ESO e Bacharelato.

1º e 2º DA ESO

http://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2012/01/tutorias-para-trabajar-la-semana-de-la-paz-actividades.pdf


3º e 4º DA ESO E BACHARELATO

http://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2012/01/tutorias-para-trabajar-la-semana-de-la-paz-actividades-segundo-ciclo-y-bachillerato.pdf

22/1/15

Atención educativa ao alumnado con discapacidade motora. Guía

Publicación editada pola Junta de Andalucía onde se aborda a problemática do alumnado con discapacidade motora. Inclúe unha información xeral, a descripción das características deste alumnado, o proceso de avaliación, a relación coa familia e diversos recursos.

Para acceder á información, fai clic na imaxe

https://drive.google.com/file/d/0B8adxFxiTeS6eDFnazkzVm5oeGs/view
Fonte: Blog Oratio Orientaton

21/1/15

GALICIA: PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO. CONVOCATORIA 2015

A Consellería de Educación convocou as probas para a obtención do título de bacharelato para maiores de 20 anos correspondentes ao ano 2015. 



REQUISITOS DOS ASPIRANTES:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2015.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou  réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2014/15.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria
das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.


PRAZO DE MATRÍCULA: Entre o 16 e o 27 de febreiro de 2015.

DATA DO EXAME: 24 de abril de 2015, en sesións de mañá e tarde.

LUGAR: IES San Clemente de Santiago de Compostela

LUGARES PARA A INSCRIPCIÓN:
  • Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero, 3, 15003, A Coruña.
  •  IES San Clemente, rúa San Clemente s/n, 15705, Santiago de Compostela.
  • Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003, Lugo.
  • Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomaior, 4, 32002, Ourense.
  • Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002, Pontevedra.
  • Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202, Vigo.

ORGANIZACIÓN DA PROBA:

Consta de dous exercicios:
  1. Exercicio de materias comúns: a) Primeira parte: lingua galega e literatura; b) Segunda parte: lingua castelá e literatura; c) Terceira parte: lingua estranxeira; d) Cuarta parte: cuestións das materias de ciencias para o mundo contemporáneo, de filosofía e cidadanía, de historia da filosofía e de historia de España.
  2. Exercicio de seis materias de modalidade: Para superar cada exercicio cumprirá obter unha cualificación igual ou superior a 5 e, polo menos, un 4 en cada unha das súas partes.
MÁIS INFORMACIÓN:

Se tes intención de presentarte, consulta as seguintes ligazóns:

GALICIA: PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO. CONVOCATORIA 2015



A Consellería de Educación convocou as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro do 2015.


MATRÍCULA:

 - Convocatoria de maio: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.
 As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

 DATAS DOS EXAMES: 29 de maio e 9 de setembro para as respectivas convocatorias (sesión de mañá e tarde).

REQUISITOS DOS ASPIRANTES:
  1. Ter cumpridos dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
  2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.  
  3. Non estaren inscritos para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, número 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
  4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2014/15 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial. 
  5. O alumnado matriculado durante o curso 2014/15 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións: 
    1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
    2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
DOCUMENTACIÓN:

a. Solicitude de inscripción 
b. DNI o pasaporte
c.Copia cotexada, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias ou a certificación académica de ámbitos ou materias superados.
d. Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no
caso de que se solicite a exención de lingua galega.
e. Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento
de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da 

Xunta de Galicia ou non se autorice a súa consulta.

LUGAR DA MATRÍCULA: 

En 12 centros educativos das catro provincias galegas. Concretamente en A Coruña, farase nos seguintes: 

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: Centro EPA Eduardo Pondal,
rúa Pepín Rivero, 3, 2º andar, 15011 A Coruña.
– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Rafael Dieste, prol. Manuel
Murguía/esq. rolda de Outeiro, 15011 A Coruña.


Os restantes centros figuran na convocatoria do Diario Oficial de Galicia.

ORGANIZACIÓN DA PROBA:

A proba consta de tres exames:
  • Ámbito científico-tecnolóxico: abrangue contidos de matemáticas, de ciencias da natureza e de tecnoloxía.
  • Ámbito social: inclúe contidos de ciencias sociais, xeografía e historia, de música e de educación plástica e visual.
  • Ámbito lingüístico: abrangue contidos de lingua galega, de lingua castelá e dunha lingua estranxeira (inglés ou francés).
Os exames son de resposta pechada (tipo test) e haberá unha redacción en lingua galega e outra en lingua castelá. 
MÁIS INFORMACIÓN:

Se tes intención de presentarte, convén que consultes os seguintes enlaces:

20/1/15

Como entrenarse para unha entrevista de traballo

No portal todoFP.es atopamos unha ferramenta deseñada para que practiques como debe desenvolverse unha entrevista de traballo. O seu obxectivo é axudarte a preparar as respostas máis axeitadas dunha entrevista real.

Accede á ferramenta facendo clic na imaxe

http://todofp.es/todofp/orientacion-profesional/busca-empleo-entrenate/entrevista-trabajo.html

18/1/15

Guía rápida para profesores de alumnos con altas capacidades

Guía de A. Antonio Pina que pretende ordear e resumir algunhas ideas respecto do alumnado con altas capacidades, así como propor opcións á hora de atendelo.

Fai clic na imaxe para acceder á guía 

http://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2015/01/GUIA-RAPIDA-PARA-PROFESORESCON-ALUMNOS-CON-ALTAS-CAPACIDADES.pdf

Fonte: Orientación Andújar

16/1/15

Resolución positiva de conflictos. Guía para familias

Guía editada pola CEAPA (Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de alumnos) que aporta información para que pais e nais se sintan competentes e aprendan novas ferramentas e habilidades para manexar os conflictos familiares entre poroxenitores e fillos e fillas. Inclúe estratexias para relacionarse mellor, para potenciar o bo trato, etc.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

https://www.ceapa.es/sites/default/files/uploads/ficheros/publicacion/guia_resolucion_positiva_de_conflictos_ceapa.pdf

14/1/15

Guía de educación sexual para familias e profesionais

A guía "¿Hablar con mis hijos sobre qué? ¡Sexualidad! Pues sí...!", elaborada por Salud de Altura (Quito-Ecuador), aborda a cuestión da sexualidade de modo ameno e práctico. Fai fronte a temas como a importancia de falar cos nosos fillos, o mellor momento para facelo, de que falar... Inclúe ademáis unha completa guía de desenvolvemento sexual de rapaces e rapazas entre 0 e 18 anos.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe


http://psicopedia.org/wp-content/uploads/2014/06/GUIA_Educacion_sexual.pdf


Fonte: Psicopedia.org

12/1/15

Simuladores de Formación Profesional



O Ministerio de Educación, a través do Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado (INTEF), desenvolveu unha serie de simuladores para nove Familias de Formación Profesional. Neles preséntanse, mediante simulacións interactivas, contidos incluidos nos currículos oficiais, plantexando casos reais que poderán sucederlle ao alumnado na súa futura vida laboral.

Para acceder aos simuladores, fai clic nas distintas Familias Profesionais

11/1/15

Proceso de acreditación de competencias profesionais 2015 en Galicia



A Consellería de Educación ven de convocar  o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral (e/ou aprendizaxes non formais) en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais.

As unidades de competencia e o número de prazas obxecto desta convocatoria son as recollidas no anexo I da Orde do 16 de decembro de 2014 (DOG do 02/01/2015).

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 8 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2015, ambos  incluidos.
 
A solicitude deberá ser cuberta e xerada pola aplicación informática que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion que logo se imprimirá para a súa presentación, na secretaría dos centros onde se vaia desenvolver o proceso (relación centros no Anexo II da orde).

MÁIS INFORMACIÓN:
- Departamentos de Orientación dos CIFPs
- www.edu.xunta.es/fp/acreditacion 

A diversidade afectivo-sexual para adolescentes. Guías

Nesta entrada comparto dúas guías sobre a diversidade afectivo-sexual para adolescentes editadas pola ONG Xente Gai Astur. As guías, que teñen formato de cómic, levan por nome "Carol, una chica de mi instituto" e "Guille, un chico de mi instituto". Ámbalas dúas misturan as peripecias que lle ocurren a Carol e Guille, dous alumnos de instituto, con reflexións sobre a homosexualidade na adolescencia.






Alumnado con altas capacidades intelectuais. Orientacións educativas


Manual editado no ano 2013 polo Departamento de Educación, Política Lingüística y Cultura do Gobierno Vasco. Inclúe os seguintes apartados:
  1. Introducción
  2. Altas capacidades intelectuais. Conceptualización
  3. Características
  4. Necesidades
  5. Mitos e realidades
  6. Como recoñecer ao alumnado.
  7. Resposta educativa
  8. A familia
  9. Normativa (ámbito internacional, estatal e autonómico)
  10. Glosario
  11. Bibliografía
Para acceder ás orientacións, fai clic na imaxe

http://www.hezkuntza.ejgv.euskadi.net/r43-573/es/contenidos/informacion/dig_publicaciones_innovacion/es_escu_inc/adjuntos/16_inklusibitatea_100/100012c_Pub_EJ_altas_capacidades_c.pdf

7/1/15

Actividades do Plan de Acción titorial para a ESO


Publicación da Región de Murcia que leva por título "La atención a la diversidad en la Educación Secundaria Obligatoria", e da que son autores José Manuel López García, Mª Carmen Ramón Reyes e Fulgencio Sánchez Morales. Trátase dun completo manual de actividades, dispoñible únicamente en versión web, que ten como obxectivo ser un instrumento e unha referencia para activar as titorías e darlle ao profesorado-titor a seguridade de ter un repertorio de recursos variado onde non teña que improvisar. Hai unha planificación de actividades secuenciadas por trimestres para cada curso da ESO.

Accede ao manual facendo clic na imaxe 

 http://diversidad.murciaeduca.es/publicaciones/tutorial/index.html

6/1/15

Recursos ocio en familia e ocio saudable

No mes de decembro, o tema central dos tweets do equipo de  "Tuitorientadoras y Tuitorientadores de Guardia"a través da súa conta en Twitter, foi o ocio saudable e en familia, cos hashtags #OcioSaludable e #ocioenfamilia.

No seguinte Storify, elaborado por Alberto del Mazo, están recollidos os tweets máis salientables. Convídovos a que lles botedes un ollo.

3/1/15

LOMCE: Real Decreto novo currículo de ESO e Bacharelato




Coa súa implantación, asignaturas como Tecnoloxía, Educación Plástica, Música e Filosofía, entre outras, veranse relegadas a materias optativas, có que a súa presencia no currículo quedará sensiblemente reducida.

Tócalle agora ás distintas Comunidades Autónomas desenvolver os correspondentes Decretos.

2/1/15

Probas de acceso á Universidade 2015 Galicia

A CIUG publicou o calendario xeral da PAU 2015. Podes consultalo aquí


Centros pau 2015 - calendario acceso curso 15-16 from Silvina Paricio Tato



Aquí tes a oferta de prazas e notas de corte 2015




Finalmente, podes consultar aquí os parámetros de ponderación 2015 da
fase específica das PAU.