28/5/14

20/5/14

Web do MECD sobre becas, axudas, subvencións e premios

Nesta web do Ministerio de Educación atoparás toda a información sobre becas, axudas, subvencións e premios.





PROBAS LIBRES FP 2014

Convocadas Probas de obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de FP na Comunidade Autónoma de Galicia para o 2014.
O obxectivo destas probas é que as persoas participantes obteñan directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren que alcanzaron os obxectivos establecidos no currículo correspondente. 
  

19/5/14

Acoso escolar e ciberacoso. Propostas para a acción

Documento editado por "Save the Children". Inclúe as seguintes cuestións:
  1. Acoso escolar e ciberacoso dende a perspectiva dos dereitos da infancia
  2. Marco conceptual
  3. Investigación
  4. Recomendacións
  5. Proposta de pautas básicas para un protocolo de actuación ante o acoso e ciberacoso
Para acceder ao documento, fai clic na imaxe

http://www.savethechildren.es/docs/Ficheros/675/Acoso_escolar_y_ciberacoso_informe_vOK_-_05.14.pdf
Fonte: savethechildren.es

18/5/14

O maltrato entre escolares. Guía para pais

Guía sobre o bullying ou maltrato escolar destinada ás familias. Editada polo Defensor do Menor da Comunidade de Madrid.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://213.0.8.18/portal/Educantabria/RECURSOS/Materiales/Biblinter/D-MenorMAdrid__el_maltrato_entre_escolares__padres.pdf

13/5/14

Guía para mellorar a atención ao alumnado inmigrante

Documento de referencia para ofrecer unha resposta educativa ao alumnado inmigrante. Parte das experiencias de boas prácticas realizadas dentro do proxecto "Retos y opostunidades para la inclusión social e integración de los menores inmigrantes en el sistema educativo", proxecto levado a cao en Logroño e no condado de Cambridge no Reino Unido.

No documento abórdanse as seguintes cuestións:
  • Decisións básicas a nivel de centro
  • Acollida do alumnado
  • Seguimento e avaliación
  • Recursos
  • Materiais de traballo
Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://orientacion.educa.aragon.es/GUIA-AYUDA-ALUMNADO-web.pdf

 Fonte: Rincón Didáctico Orientación y Atención a la Diversidad

7/5/14

TDAH en 60 segundos

Este video facilita información básica sobre o TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade) nun minuto, Dirixido a todo aquel que estea interesado en comprender mellor en que consiste o trastorno e cales son as características que o compoñen.


Material de apoio para o traballo en equipo relacionado co TDAH

Recurso para familias, persoal coidador e persoal docente de toda Europa concebido para a cooperación na asistencia aos rapaces e rapazas con TDAH. O manual, publicado na web tdahytu.es, consta de 5 partes:
  1. Falar do diagnóstico e tratamento.
  2. Mellora das destrezas para a educación e o estudo.
  3. Control de conductas.
  4. Reforzo das destrezas sociais e para a vida cotiá.
  5. Información adicional
Para acceder ao contido, fai clic na imaxe

http://www.tdahytu.es/manual-para-padres-y-profesores/

INSTRUCCIÓNS ACCESO E ADMISIÓN ENSINANZAS SUPERIORES DE ARTE DRAMÁTICA 2014/2015

Publicáronse as instruccións para o acceso e admisión nas ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2014/2015.

O prazo para a inscripción na proba específica vai do 7 de maio ao 13 de xuño na secretaría da Escola Superior de Arte Dramático.



Accede á web da ESAD

Poza Cabalo s/n. Vigo (Pontevedra)
Telf. 986246399/ 986 137029

INSTRUCCIÓNS ACCESO E ADMISIÓN NAS ENSINANZAS SUPERIORES DE MÚSICA 2014/15

Publicáronse as normas de acceso e admisión nas ensinanzas superiores de Música para o curso 2014/2015.

O prazo para inscripción nas probas vai do 7 de maio ao 6 de xuño na secretaría dos conservatorios superiores de música.




INSTRUCCIÓNS PARA O ACCESO E ADMISIÓN NA ESCOLA SUPERIOR DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS DE GALICIA 2014/15

Publicáronse as instruccións para o acceso e admisión na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia para o ano 2014/15

O prazo para inscribirse na proba específica vai do 7 de maio ao 12 de xuño do 2014 na secretaría da Escola.


INSTRUCCIÓNS ACCESO E ADMISIÓN NOS ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO 2014/15


Publicáronse as normas de acceso e admisión nas ensinanzas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2014/15.


Lugar para a inscripción na proba
Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia 

Prazo:
7 de maio a 6 de xuño




5/5/14

Son bulímica

Vídeo que amosa a historia dunha rapaza adolescente que padece unha enfermidade alimenticia, a bulimia. Vendo na televisión a outras rapazas que sofren o mesmo problema. decide deixar a enfermidade atrás.  De utilidade para o profesorado-titor na ESO.


2/5/14

PROBAS DE ACCESO A ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES EN GALICIA. CONVOCATORIA 2014

A consellería de Educación ven de publicar a convocatoria de probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores correspondente ó curso 2014/15 para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente e cumpran dezanove anos no ano 2014.

Prazo de inscrición para realizar a proba: ata o 29 de maio.

Lugares de inscrición: na secretaría dos seguintes centros.

– Conservatorio Superior de Música da Coruña.
– Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
– Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Data, lugar e horario da proba: A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño ás 9.00 horas no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario:

– 9.00 h: presentación.
– Das 9.30 ás 10.30 h: Lingua Estranxeira (inglés ou francés).
– Das 10.30 ás 11.30 h: Lingua Castelá e Literatura.
– Das 12.00 ás 13.00 h: Lingua Galega e Literatura.
– Das 13.00 ás 14.00 h: Filosofía e Cidadanía ou Historia da Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 h: Historia de España ou Ciencias para o Mundo Contemporáneo.

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.

LIGAZÓNS:

1/5/14

Guía clínica para o trastorno negativista desafiante

Guía editada polo Instituto Nacional de Psiquiatría Ramón de la Fuente Muñiz da que son autores Josué Vásquez, Miriam Feria, Lino Palacios e Francisco de la Peña. Aborda as seguintes cuestións:
  1. http://www.inprf.gob.mx/opencms/export/sites/INPRFM/psicosociales/archivos/guias/trastorno_negativista.pdfDefinición do trastorno
  2. Clasificación diagnóstica
  3. Epidemioloxía
  4. Aspectos socioculturais
  5. Etioloxía
  6. Curso e pronóstico
  7. Avaliación, diagnose e recomendacións xerais
  8. Tratamento
Para acceder á guía, fai clic na imaxe