26/12/14

"Las desventuras de Peter y Twitter". Vídeos

Presento aquí completa unha lista de reproducción da serie de animacións obra de Pantallas Amigas que leva por título "Las desventuras de Peter y Twitter". Nela figuran distintos consellos para que rapaces e rapazas fagan un uso responsable da rede social "Twitter". O protagonista dos vídeos é Peter, un rapaz un pouco inquedo e atravesado ao que lle gusta estar en contacto coas súas amizades e compartir cousas vía Internet. Twitter é unha das súas aplicacións favoritas, pero en ocasións, ben pola súa falta de experiencia, ben por mala sorte ou ben por descoñecemento de como funciona a famosa rede social, ten algúns problemillas.

A lista inclúe un total de doce vídeos. Cada un deles aborda unha cuestión concreta. Ao inicio figura un decálogo resumido sobre os dez consellos que compoñen o conxunto e un trailer de presentación da serie.

Un recurso didáctico e ameno para aprender o bo uso das redes sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario