22/11/14

Orientacións e propostas para a atención ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Guías editadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia -dentro da colección "Orientacións e respostas educativas"- dedicadas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo:

1. Alumnado con trastornos xeneralizados do desenvolvemento: Utilizar o termo “trastornos xeneralizados do desenvolvemento” (TXD) supón a referencia a un variado grupo de trastornos de orixe neurobiolóxica que aparecen nos primeiros anos da vida e que afectan ás capacidades de relación, comunicación e imaxinación. Accede á publicación facendo clic na imaxe.

 http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/learningobject/2011/12/12/9f2ec50dd57663dd2e0ab68d98eb7398.pdf 

2. Alumnado con problemas de conducta: Enténdese que unha alumna ou un alumno presenta necesidades educativas especiais por un trastorno grave de conduta cando presenta alteracións mentais, emocionais ou do comportamento que, pola súa intensidade, frecuencia e duración, limitan o seu desenvolvemento educativo, a súa capacidade de axuste e adaptación, así como o xeito de enfrontar e resolver situacións cotiás. Considéranse trastornos de conduta, entre outros, o trastorno por déficit de atención con hiperactividade, os comportamentos negativistas desafiantes, o trastorno disocial, a violencia entre iguais e os trastornos de ansiedade. Accede á guía facendo clic na imaxe.

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/learningobject/2011/12/09/c59a3a0047a1d4db55fa1db366365379.pdf

3. Alumnado con discapacidade visual: Considérase que unha persoa presenta deficiencia na súa capacidade de visión cando ten unha perda ou disfunción nunha estrutura ou función psicolóxica, fisiolóxica ou anatómica que diminúe polo menos un terzo a súa capacidade visual para desenvolver actividades propias dunha persoa sen discapacidade, en situación análoga de idade, sexo, formación, capacitación social, familiar e localidade xeográfica. Accede á guía facendo clic na imaxe.

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/learningobject/2011/12/09/d9e927ba9b343f45085c75d9a4d43703.pdf

4. Alumnado con discapacidade motora: de forma xeral, podemos dicir que as discapacidades motoras abranguen un grupo de alteracións do aparello motor (ósos, articulacións, músculos ou sistema nervioso implicado na regulación da mobilidade), debidas a diferentes causas, en graos e formas variables e que de maneira transitoria ou permanente supoñen algunha limitación ou imposibilidade funcional para unha persoa. No ámbito educativo, polo xeral, requiren de adaptacións para acceder ao currículo ordinario. Xunto coas disfuncións propias do aparello motor, poden presentarse algúns trastornos asociados (alteracións sensoriais, trastornos neurolóxicos, dificultades na percepción, alteracións da linguaxe, dificultades cognitivas e de atención, alteracións emocionais e socioafectivas...). Fai clic na imaxe para acceder á guía.

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/learningobject/2011/12/09/3979f3f329f6f553bdd3bf13baa5e0bc.pdf

5. Alumnado con discapacidade intelectual: A consideración de discapacidade intelectual require da coexistencia de  tres criterios relacionados entre si: a existencia dun funcionamento intelectual significativamente inferior á media, a presenza de dificultades en dúas ou máis habilidades adaptativas e que se manifeste antes dos 18 anos. O funcionamento intelectual fai referencia a un nivel de intelixencia inferior ao medio. Ao falar de habilidades adaptativas, faise referencia á eficacia das persoas para adaptarse e satisfacer as esixencias do seu medio. Estas habilidades deben ser relevantes para a idade de que se trate, de tal xeito que a ausencia delas supoñan un hándicap. Con respecto ao referido á idade, o normal é que unha discapacidade intelectual significativa se detecte xa en idades temperás. En relación con isto, cómpre comentar tamén que a discapacidade intelectual pode darse soa ou xunto con outras discapacidades ou síndromes. Por último, respecto da súa orixe, cómpre dicir que esta pode ser moi diversa. Accede á guía facendo clic na imaxe.

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/learningobject/2011/12/09/eb958df5c4d7e50448fd14e1bd1a0e04.pdf

6. Alumnado con sobredotación intelectual: Enténdese que unha persoa ten sobredotación cando presenta unha capacidade intelectual moi superior á esperada para a súa idade, unha alta creatividade e un alto grao de motivación e perseveranza. Accede á guía facendo clic na imaxe.

http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/sobredotacion.pdf

7. Alumnado con trastornos da aprendizaxe: Considérase que unha alumna ou un alumno presenta dificultades específicas de aprendizaxe cando o seu rendemento en relación á adquisición e uso dunha ou varias das capacidades de comprensión e expresión oral, lectura, escritura, razoamento e cálculo matemático é significativamente discrepante co seu potencial de aprendizaxe. Accede á guía facendo clic na imaxe.

http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/trastornos_aprend.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario