19/10/14

Vídeo e posterior actividade para tratar o acoso escolar na clase

O maltrato entre compañeiros e compañeiras, tamén coñecido como bullying, é o acoso continuado a unha persoa por parte doutra, co consentimento explícito ou implícito do resto do grupo, que coñece o que está a pasar e actúa apoiando ou ignorando o abuso e a victimización. 

O medo da víctima, a falta de recursos para evitar as ameazas e humillacións e o medo a contar a situación acaban encerrándoa nunha perigosa soidade.

Para atallar unha relación de maltrato entre iguais é fundamental que todo o mundo tome cartas no asunto.

Mira o vídeo Un día más para reflexionar e realizar a actividade que ven despois.




Responde ás seguintes preguntas:
  1. Como actuarías nesta situación? Intervirías ou non? Por qué?
  2. Como pensas que se sinte o protagonista?
  3. Que pensas da reacción da nai?
  4. Pensas que é un feito natural que os compañeiros traten dese xeito ao rapaz?
  5. No vídeo vése a alguén que trata de axudalo. Quen é? Por que o fai? Que consecuencias trae a axuda para quen a ofrece?
  6. Que pensas de todo o que viches?
  7. Para rematar esta tarefa de reflexión, escribe un eslogan pensando nunha suposta campaña que o teu colexio leve adiante para previr o acoso escolar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario