9/10/14

Guía sobre adolescencia e sexting

INTECO (Instituto Nacional de Tecnologías de la Comunicación) e Pantallas Amigas publican a Guía sobre la adolescencia y sexting: qué es y cómo prevenirlo. Nela, adultos e menores poderán atopar consellos e recomendacións para minimizar os efectos negativos que pode ter o sexting. Ademáis, a guía proporciona pautas de actuación en caso de incidencia e facilita unha serie de ligazóns de interese onde o lector poderá atopar información adicional sobre o fenómeno.

O sexting consiste na difusión ou publicación de contidos (principalmente fotos ou vídeos) de tipo sexual, producidos polo propio remitente, empregando para elo o móbil ou outro dispositivo tecnolóxico. Os riscos para o adolescente cuxa imaxe é difundida son diversos e xeralmente aparecen interrelacionados: aparte da evidente ameaza á súa privacidade, o menor pode sufrir riscos psicolóxicos e ciberbullying, e incluso grooming (se está implicado un adulto) ou sextorsión (se existe chantaxe).

guia_sexting_intecopantallasamigas.pdf by Silvina Paricio Tato


No hay comentarios:

Publicar un comentario