10/10/14

Guía de saídas profesionais. Escolle o teu futuro con toda a información

Guía publicada pola Universidade de Granada, útil para tomar decisións á hora de escoller unha carreira. Segundo consta na presentación, o obxectivo prioritario é "servir de orientación a estudiantes preuniversitarios en la elección de su titulación universitaria en función del conocimiento de las distintas áreas de trabajo y oportunidades laborales asociadas a sus futuros estudios".

A publicación céntrase na oferta da Universidade de Granada, pero a información é igualmente válida para outros contextos onde se oferten esas mesmas titulacións.

A información organízase arredor das 5 grandes áreas de coñecemento: Enxeñarías e Arquitectura;  Artes e Humanidades; Ciencias Sociais e Xurídicas; Ciencias da Saúde; e Ciencias. Dentro de cada área de coñecemento, hai unha ficha para cada titulación. Cada ficha presenta a seguinte estrutura:
  • Descripción da titulación: aspectos xerais dos contidos que se traballan en cada titulación.
  • Perfil competencial: está formado polo conxunto de competencias xerais e específicas que se foron adquirindo durante o estudo de dito Grao.
  • Ámbito profesional: descripción das diferentes áreas profesionais, sectores profesionais e ocupacións relacionadas co Grao.
  • Mercado de traballo: información detallada e actualizada de distintas fontes, destacando especialmente os datos ofrecidos polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e pola Consellería de Economía, Innovación, Ciencia e Emprego da Xunta de Andalucía.
  • Perspectivas laborales: a título orientativo, preséntase información de como podería atoparse o mercado de trahallo a curto e medio prazo.
  • Enderezos de interese: información que pode ser útil para o universitario na súa búsqueda de emprego.
  • Outras consideracións: recomendacións en xeral para mellorar as posibilidades de inserción dos graduados universitarios.
Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://orientacionmachado.wordpress.com/2014/10/09/guia-de-salidas-profesionales-escoge-tu-futuro-con-toda-la-informacion/

Fonte: Blog de Orientación del IES Hermanos Machado


No hay comentarios:

Publicar un comentario