28/10/14

Guía de intervención na aula para alumnado con epilepsia

Guía destinada ao profesorado da que son autores Mónica García Establés, Víctor del Toro Alonso e Andrea Uceda Alonso. Idea da Fundación Síndrome de West levada a cabo gracias á colaboración de Viropharma. Cunha linguaxe sinxela e ilustracións obra de José María Gallego aporta pautas para a actuación dos profesionais co alumnado afectado pola epilepsia.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

https://drive.google.com/file/d/0B3b75EczJ6vscE54NzBvSGRKak0/view

Fonte: Blog Profe PT

Menores expostos á violencia de xénero

Guía informativa e de consulta, editada pola Diputación de Alicante, que aborda o tema da repercusión en menores da exposición a situacións de violencia de xénero.

É unha realidade que a violencia de xénero no fogar non só afecta á muller que a padece. Se hai menores, éstes convírtense en testemuñas directas e involuntarias dos malos tratos, o que pode determinar que nun futuro eles mesmos sexan víctimas ou ben actúen como maltratadores.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://adolescentesinviolenciadegenero.com/download/docentes/guia-menores-violencia-de-genero.pdf

27/10/14

Consellos para atopar emprego

A fundación Adecco presenta dúas guías que recollen consellos prácticos de utilidade cando se busca un emprego: como redactar un currículum vitae, como elaborar unha carta de presentación, como abordar unha entrevista de traballo, etc.

Fai clic nas imaxes para acceder ás guías

GUÍA BÁSICA PARA ENCONTRAR EMPLEO

http://www.adecco.es/_data/BuscarTrabajo/pdf/GuiaBasicaParaEncontrarEmpleo.pdf

GUÍA PARA ENTREVISTAS EXITOSAS

http://www.adecco.es/_data/BuscarTrabajo/pdf/GuiaEntrevistasExitosas.pdf

Fonte: Orientación Cascales

25/10/14

Guía para pais de adolescentes con autismo

Guía para padres de adolescentes con autismo. ¿Cómo motivar a mi hijo?, publicación editada por Autismo Burgos e escrita por Vanesa Martínez e Sandra García. Inclúe distintos casos prácticos, indicando aos pais que estratexias deben adoptar fronte as diferentes dificultades que poden presentar os seus fillos.


Para acceder á publicación, fai clic na imaxe

http://autismodiario.org/wp-content/uploads/2014/10/Gu%C3%ADa-para-padres-de-Adolescentes-con-Autismo-.pdf

24/10/14

Guía práctica do titor/-a

Web de Inmaculada Ruz, orientadora, docente e doutora en Ciencias da Educación pola UMA (Universidade de Málaga). Os materiais incluidos nela son froito da súa investigación no campo da acción titorial, investigación que culminou coa súa tese de doutoramento. Comprende un documento-guía para orientar sobre as características da páxina, así como un caderno do titor/-a, cadernos para o alumnado da ESO, cronogramas para a planificación do traballo, ligazóns a actividades e páxinas de interese, e materiais diversos.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

https://sites.google.com/site/guiapracticadeltutor/



Fonte: Blog La botica del orientador

Decálogo para un uso responsable de Twitter polo alumnado

Resume animado de Pantallas Amigas sobre o uso responsable de Twitter polo alumnado

Programa "Y tú, ¿qué sientes?"

O programa de prevención "Y tú, ¿qué sientes?", editado pola FAD (Fundación de Ayuda contra la Drogadicción) consiste no tratamento de aspectos emocionais das persoas a través de diferentes soportes (textos, imaxes, cancións, películas, etc.) que permitan a análise e a reflexión destes aspectos sen ter que poñer en xogo as propias emocións. O obxectivo é, xa que logo, aprender a xestionar as emocións. O material compónse dunha guía didáctica explicativa e de catro dossieres que abranguen catro ámbitos emocionais. Os destinatarios son o alumnado entre 14 e 18 anos.



Para acceder aos dossieres, fai clic nas distintas imaxes

EL AMOR Y EL DESAMOR

<p  style=" margin: 12px auto 6px auto; font-family: Helvetica,Arial,Sans-serif; font-style: normal; font-variant: normal; font-weight: normal; font-size: 14px; line-height: normal; font-size-adjust: none; font-stretch: normal; -x-system-font: none; display: block;">   <a title="View GUÍA DE APLICACIÓN  PROGRAMA YTQS on Scribd" href="http://www.scribd.com/doc/208348772"  style="text-decoration: underline;" >GUÍA DE APLICACIÓN  PROGRAMA YTQS</a></p><iframe class="scribd_iframe_embed" src="https://www.scribd.com/embeds/208348772/content?start_page=1&view_mode=scroll&show_recommendations=true" data-auto-height="false" data-aspect-ratio="undefined" scrolling="no" id="doc_4276" width="100%" height="600" frameborder="0"></iframe>

EL ABURRIMIENTO Y LA DIVERSIÓN



EL BUEN ROLLO Y EL MAL ROLLO

https://es.scribd.com/doc/208348768/PROGRAMA-Y-TU-QUE-SIENTES-BUEN-ROLLO-MAL-ROLLO

LA VIOLENCIA Y EL RESPETO

https://es.scribd.com/doc/208348779/PROGRAMA-Y-TU-QUE-SIENTES-VIOLENCIA-RESPETO

Fonte: tutoriasenred.com

22/10/14

A titotía na FP Básica: Recursos e materiais

Portal web creado pola Junta de Andalucía. Aporta pautas para a planificación e desenvolvemento da titoría presencial na Formación Profesional Básica. Inclúe recusos e materiais específicos. Tamén se ocupa da titoría lectiva do alumnado con necesidades educativas especiais que cursa estas ensinanzas.

Fai clic na imaxe para acceder ao portal



21/10/14

Resumen LOMCE 2014 Santillana

Seguindo o consello do orientador Claudio Castilla no seu blog Orientaguía, incluimos aquí unha pequena guía elaborada pola editorial Santillana que presenta dun xeito resumido e visualmente atractivo os cambios que implica a LOMCE nas distintas etapas do sistema educativo.

Accede á información facendo clic na imaxe

http://www.santillana.es/recursos/resumen_lomce/files/assets/common/downloads/Resumen%20Lomce.pdf

Fonte: Web da editorial Santillana

Diferencia entre alumnado con N.E.A.E. y alumnado con N.E.E.

O pedagogo Jesús Jarque ven de escribir no seu blog Familia y cole un clarificador artigo no que aborda a diferencia entre alumnado con necesidade específica de apoio educativo (ACNEAE) e alumnado con necesidades educativas especiais (ACNEE). O artigo inclúe unha imaxe que permite apreciar a relación entre os dous conceptos:




Instrumentos para a avaliación psicopedagóxica do alumnado con TDAH

A avaliación das aprendizaxes é un tema destacado en todos os manuais sobre o TDAH na escola. O interese radica na complexidade que amosa o alumnado con TDAH nas actividades de avaliación. É moi frecuente que pais e nais teñan queixas polos malos resultados nos exames a pesares de que o seu fillo ou filla "o sabía".

As probas estandarizadas -como as que presentamos neste documento do INTEF (Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado, dependente do MECD)- son instrumentos que só deben ser aplicados e interpretados por persoal cualificado. Os datos e información resultantes teñen que ser confidenciais e están suxeitos á lei de protección de datos.

Para acceder ao documento, fai clic na imaxe

http://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2014/09/Instrumentos-para-la-evaluaci%C3%B3n-psicopedag%C3%B3gica-en-el-TDAH.pdf

20/10/14

Aprende a mirar. Unidade Didáctica: Mulleres e publicidade

Unidade didáctica froito do traballo de varias profesoras de Castellón e orientada á consecución da igualdade e á sensibilización e reflexión crítica sobre ela na aula. Toma como referencia o tratamento discriminatorio da muller na publicidade.

A unidade divídese en dúas partes. A primeira describe con detalle diversos aspectos: xustificación, obxectivos, contidos, metodoloxía e avaliación. Na segunda, preséntanse 5 bloques temáticos, unha bibliografía e un anexo con imaxes de anuncios. O último bloque resérvase para unhas reflexións finais e a avaliación. Pola súa banda, os anteriores desenvolven temas como os medios de comunicación e a publicidade; o sistema sexo-género, roles e estereotipos; a publicidade sexista; lexislación e normativa. Ao final de cada un deles aparecen propostas de actividades de ensinanza e aprendizaxe. 

Esta unidade foi publicada en 2008 pola Fundación Isonomía e a Universitat Jaume I.


Para acceder ao documento, fai clic na imaxe

http://repositori.uji.es/xmlui/bitstream/handle/10234/86269/PDF-GyMT-Mujeres_y_publicidad-2008.pdf?sequence=1

Que quero ser: Guía de graos

Que quero ser: Guía de graos era o nome dunha excelente web financiada por MAPFRE que tiña como obxectivo axudar a futuros estudantes universitarios e ás súas familias a elexir estudos de grao. O portal pechou, pero unha parte da información puido ser rescatada gracias ao interese dun grupo de orientadores e, máis concretamente, de Claudio Castilla, que a inclúe no seu blog Orientaguía. Así, podes descargar e consultar as fichas correspondentes aos diferentes graos: descripción, obxectivos, plan de estudos, acceso, centros onde estudar, perspectivas de futuro, etc. A información se presenta organizada arredor das 5 grandes ramas de coñecemento ás que pertencen os graos:

19/10/14

Vídeo e posterior actividade para tratar o acoso escolar na clase

O maltrato entre compañeiros e compañeiras, tamén coñecido como bullying, é o acoso continuado a unha persoa por parte doutra, co consentimento explícito ou implícito do resto do grupo, que coñece o que está a pasar e actúa apoiando ou ignorando o abuso e a victimización. 

O medo da víctima, a falta de recursos para evitar as ameazas e humillacións e o medo a contar a situación acaban encerrándoa nunha perigosa soidade.

Para atallar unha relación de maltrato entre iguais é fundamental que todo o mundo tome cartas no asunto.

Mira o vídeo Un día más para reflexionar e realizar a actividade que ven despois.




Responde ás seguintes preguntas:
  1. Como actuarías nesta situación? Intervirías ou non? Por qué?
  2. Como pensas que se sinte o protagonista?
  3. Que pensas da reacción da nai?
  4. Pensas que é un feito natural que os compañeiros traten dese xeito ao rapaz?
  5. No vídeo vése a alguén que trata de axudalo. Quen é? Por que o fai? Que consecuencias trae a axuda para quen a ofrece?
  6. Que pensas de todo o que viches?
  7. Para rematar esta tarefa de reflexión, escribe un eslogan pensando nunha suposta campaña que o teu colexio leve adiante para previr o acoso escolar.

Coñecemos en que consiste o trastorno de déficit de atención e hiperactividade. CRTVG

Programa televisivo A Revista, informativo da TVG (Televisión Galega) emitido o 14-10-2014, onde se aborda o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade.

17/10/14

Ruptura da parella. Guía para facerlle fronte

Esta guía, da que é autor o psicólogo José Manuel Aguilar Cuenca, pretende aportar pautas a pais e nais para abordar a separación ou divocio dun xeito maduro, procurando facer o menor mal posible a fillos e fillas. A edición da publicación correspóndelle ao Defensor del Menor na Comunidade de Madrid. Nela apórtanse pautas de actuación así como indicacións sobre o que non debe facerse. Igualmente explícase dunha maneira sinxela como afecta aos rapaces e rapazas a ruptura segundo a idade que teñan e a maneira na que estea a desenvolverse o proceso.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

Fonte: http://psicoglobalia.com , recollida no blog Orienta2


http://www.psicoglobalia.com/wp-content/uploads/2012/10/Ruptura_de_la_Pareja.pdf

Ciberbullying. Previr e actuar. Guía recursos didácticos

José Antonio Luengo Latorre é o autor desta guía que é unha actualización doutra editada hai tres anos pola Oficina del Defensor del Menor. Trátase dunha ferramenta útil para  acción titorial (Inclúe varias Unidades Didácticas con material audiovisual para traballar na aula). O capítulo 6 contén un protocolo de actuación nos casos de ciberbullying nos centros escolares. Nesta ocasión, o editor é o Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid. http.//copmadrid.org

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

12/10/14

Estupendos vídeos contra os malos tratos na escola

A través do blog Entre pasillos y aulas, do orientador Miguel Ángel Valverde Gea, chégannos estes 10 magníficos vídeos contra o acoso e os malos tratos na escola (campaña sueca "Friends"). Excelente recurso para tratar o tema nas titorías de ESO. Xunto cos vídeos preséntanse ao final un conxunto de actividades a desenvolver polo profesorado-titor.

1. Rödhårig (Pelirrojo)
Tiempo: 50 seg.
Mensaje: Vi hjälper elever att själva stoppa mobbning: Ayudamos a los estudiantes a detener el acoso escolar.


2. Hårda Ord (Palabras duras)
Tiempo: 50 seg.
Ord Känns mer än man tror: Las palabras son más (importantes) de lo que crees.


3. Fotbollen (Fútbol)
Tiempo: 1m. 01seg.
Mensaje: Varje dag slocknar en dröm: Cada día, se marcha un sueño.


4. Vägen till skolan (Camino a la escuela)
Tiempo: 52 seg.
Hjälp oss göra Vägen till skolan lättare. Stöd vard arbete mot mobbning: Ayúdanos a hacer el camino a la escuela más fácil. Mensaje: Apoya el trabajo de hacer frente a la intimidación.


5. Hålla käften (Cállate)
Tiempo: 1m. 10seg.
Mensaje: För alla barn som lever i det tysta: Para todos los niños que viven en el silencio.


6. Osynlig (Invisible)
Tiempo: 46 seg.
Mensaje: Vi hjälper elever att själva stoppa mobbning: Ayudamos a los estudiantes a detener el acoso escolar.


7. Fula Ord (Palabras feas)
Tiempo: 1m. 01seg.
Mensaje: We help students to put an end to bullying: Ayudamos a los estudiantes a que pongan fin a la intimidación.


8. Mot Mobbning (Contra el bullying)
Tiempo: 1m.
Mensaje: Med ny teknik foljer mobbarna med hem: Con las nuevas tecnologías los matones siguen en casa.


9. Som påHögstadiet (Igual que en la escuela secundaria)
Tiempo: 45 seg.
You haven't forgotten, have you, what it was like in school. No ha olvidado, lo que pasaba en la escuela, ¿verdad?


10. Tillsammans (Juntos)
Tiempo: 1 m.
Mensaje: Tillsammans kan vi sta upp mot mobbningen. Juntos podemos resistir contra el acoso escolar.


11/10/14

O alumnado con sobredotación intelectual

O libro "El alumnado con sobredotación intelectual. Conceptualización, evaluación y respuesta educativa" parte da premisa de que o alumnado con sobredotación intelectual presenta necesidades específicas de apoio educativo que están a demandar unha resposta adaptada e que cubra as devanditas necesidades. Iste material facilita a práctica dos profesionais da educación e da orientación que atenden a este alumnado. Está editado pola Consellería de Educación da Junta de Andalucía.

A publicación consta de cinco capítulos nos que son tratados diferentes aspectos relacionados coa atención educativa de dito alumnado:
  • En primeiro lugar, faise unha definición de sobredotación intelectual, e de diferentes conceptos relacionados coa concepción de altas capacidades intelectuais definida na LOE, así como as implicacións que isto ten na detección e caracterización do alumnado sobredotado intelectualmente.
  • En segundo término, ofrécense pautas para identificar, determinar e describir ao rapaz ou rapaza con sobredotación intelectual, incluindo unha descripción exhaustiva de diversos instrumentos e recursos útiles na detección e avaliación deste alumnado.
  • Finalmente, os capítulos 3, 4 e 5 tratan a resposta educativa que desde os centros docentes se pode articular para os alumnos e alumnas con sobredotación intelectual, a partir do coñecemento e a identificación das necesidades educativas específicas que istos presentan. Apórtanse estratexias e información sobre programas e modelos de traballo para levar a cabo esta tarefa.
Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.juntadeandalucia.es/educacion/portal/com/bin/Contenidos/PSE/orientacionyatenciondiversidad/orientacion/elalumnadoconsobredotacionintelectual/1181901879305_libro_el_alumnado_con_sobredotacion.pdf


10/10/14

Guía de saídas profesionais. Escolle o teu futuro con toda a información

Guía publicada pola Universidade de Granada, útil para tomar decisións á hora de escoller unha carreira. Segundo consta na presentación, o obxectivo prioritario é "servir de orientación a estudiantes preuniversitarios en la elección de su titulación universitaria en función del conocimiento de las distintas áreas de trabajo y oportunidades laborales asociadas a sus futuros estudios".

A publicación céntrase na oferta da Universidade de Granada, pero a información é igualmente válida para outros contextos onde se oferten esas mesmas titulacións.

A información organízase arredor das 5 grandes áreas de coñecemento: Enxeñarías e Arquitectura;  Artes e Humanidades; Ciencias Sociais e Xurídicas; Ciencias da Saúde; e Ciencias. Dentro de cada área de coñecemento, hai unha ficha para cada titulación. Cada ficha presenta a seguinte estrutura:
  • Descripción da titulación: aspectos xerais dos contidos que se traballan en cada titulación.
  • Perfil competencial: está formado polo conxunto de competencias xerais e específicas que se foron adquirindo durante o estudo de dito Grao.
  • Ámbito profesional: descripción das diferentes áreas profesionais, sectores profesionais e ocupacións relacionadas co Grao.
  • Mercado de traballo: información detallada e actualizada de distintas fontes, destacando especialmente os datos ofrecidos polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e pola Consellería de Economía, Innovación, Ciencia e Emprego da Xunta de Andalucía.
  • Perspectivas laborales: a título orientativo, preséntase información de como podería atoparse o mercado de trahallo a curto e medio prazo.
  • Enderezos de interese: información que pode ser útil para o universitario na súa búsqueda de emprego.
  • Outras consideracións: recomendacións en xeral para mellorar as posibilidades de inserción dos graduados universitarios.
Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://orientacionmachado.wordpress.com/2014/10/09/guia-de-salidas-profesionales-escoge-tu-futuro-con-toda-la-informacion/

Fonte: Blog de Orientación del IES Hermanos Machado


9/10/14

Axudas para o inicio de estudos nas universidades do SUG. Curso 2014/15

A Consellería de Educación ven de publicar a Orde de 29 de setembro de 2014 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2014/15 nas universidades do sistema universitario de Galicia (DOG de 8 de outubro).

Podes acceder á Orde facendo clic aquí


Guía sobre adolescencia e sexting

INTECO (Instituto Nacional de Tecnologías de la Comunicación) e Pantallas Amigas publican a Guía sobre la adolescencia y sexting: qué es y cómo prevenirlo. Nela, adultos e menores poderán atopar consellos e recomendacións para minimizar os efectos negativos que pode ter o sexting. Ademáis, a guía proporciona pautas de actuación en caso de incidencia e facilita unha serie de ligazóns de interese onde o lector poderá atopar información adicional sobre o fenómeno.

O sexting consiste na difusión ou publicación de contidos (principalmente fotos ou vídeos) de tipo sexual, producidos polo propio remitente, empregando para elo o móbil ou outro dispositivo tecnolóxico. Os riscos para o adolescente cuxa imaxe é difundida son diversos e xeralmente aparecen interrelacionados: aparte da evidente ameaza á súa privacidade, o menor pode sufrir riscos psicolóxicos e ciberbullying, e incluso grooming (se está implicado un adulto) ou sextorsión (se existe chantaxe).

guia_sexting_intecopantallasamigas.pdf by Silvina Paricio Tato


7/10/14

"Estoy frente a mi ordenador". Guía didáctica multimedia

Guía elaborada por dúas empresas cacereñas,"Ochoimedio Estudio" y "Renovatex Igualdad", que foi pemiada polo Centro Nacional de Información y Comunicación Educativa (CNICE), dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, na súa categoría de "Premios a Materiales Curriculares" na convocatoria 2003. Trátase dun recurso multimedia interactivo que aconsella aos rapaces e rapazas como traballar diante dun ordenador sen riscos para a saúde: como empregar o teclado, utilización do rato, colocación da pantalla, da mesa e da silla ... Dispón tamén dunha sección de xogos para repasar de forma divertida os conceptos explicados. Ten así mesmo sendas guías para o profesorado e para o alumnado.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://ntic.educacion.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2003/ordenador/index.htm#

6/10/14

Decálogo pola ciberconvivencia positiva e contra a violencia dixital

Este vídeo educativo de Pantallas amigas ofrece dez consellos para favorecer unha ciberconvivencia positiva e contraria á violencia dixital. O vídeo forma parte dunha lista de reproducción máis ampla na que se abordan temas como o ciberbullying, emprego das etiquetas, borrar para sempre unha imaxe de sexting ... e moitos máis.




Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales (DSM-V)

A Asociación Americana de Psiquiatría (APA) publicou en maio de 2013 o DSM-V, última edición do Manual de diagnóstico e estatístico dos trastornos mentais, que aporta novidades respecto da codificación, clasificación e diagnóstico de ditos trastornos. O texto completo está dispoñible na web da APA: http://www.psychiatry.org/dsm5.


Deixamos aquí o enlace a unha Guía de referencia rápida en español que inclúe a clasificación DSM-5, as partes que explican o uso do manual e os criterios diagnósticos. 


 
Para acceder á GUÍA DE CONSULTA DE LOS CRITERIOS DIAGNÓSTICOS. DSM.5, fai clic na imaxe da portada:


https://dl.dropboxusercontent.com/u/44914580/2014.%20Guia%20de%20referencia%20rapida%20DSM.5.pdf


4/10/14

8 estratexias para aumentar a autoestima dos teus fillos

Fantástico material para traballar a autoestima dos nosos fillos. A autoestima é a visión que temos de nos mesmos cada un de nos, que non ten porqué ser como nos ven os demais. Unha boa autoestima significa confianza, confianza en sí mesmo, ser máis seguro, sentirse máis valioso e disfrutar dunha vida más feliz. Unha boa autoestima fai que nos sintamos máis capaces, que nos atrevamos a máis cousas, que nos lancemos a emprender novos proxectos, a tentar de facer cousas difíciles e, en definitiva, que teñamos unha vida máis satisfactoria, intensa e significativa. Seguindo as estratexias ofrecidas por Pedagogía Blanca no seguinte vídeo poderás axudar aos teus fillos a mellorar a súa autoestima e a que sexan máis felices.



Fonte: Orientación Andújar

3/10/14

Coida a túa imaxe online: Sitio web

Web creada por iniciativa de Pantallas Amigas co apoio de chaval.es e dos Ministerios de Industria, Turismo e Comercio; e Sanidade, Política Social e Igualdade. Inclúe un xogo, o PRIVIAL, que é un trivial sobre a privacidade; ofrece tamén un conxunto de aventuras animadas; conta ademáis cunha sección de referencias para consultar.

Para acceder á web, fai clic na imaxe

http://www.cuidatuimagenonline.com/

Caderno de habilidades sociais

Publicación editada pola Junta de Andalucía da que son autores Alberto Acosta, Jesús López Mejías, Ignacio Segura y Emiliano Rodríguez. Trátase dunha guía divertida e amena que ten por obxecto mellorar as relacións interpersoais e, en consecuencia, previr e servir de terapia para aos problemas sociais. Nela trabállanse as habilidades cognitivas (valores morales) e as habilidades sociais. Os contidos recollidos son os seguintes:
  • Acerca das habilidades sociais.
  1. Escoitar.
  2. Iniciar e manter unha conversación.
  3. Formular unha pregunta.
  4. Dar as grazas.
  5. Pedir axuda.
  6. Participar nunha actividade xa iniciada.
  7. Pedir disculpas.
  8. Seguir instruccións.
Para acceder ó caderno, fai clic na imaxe

http://www.juntadeandalucia.es/educacion/portal/com/bin/convivencia/contenidos/Materiales/BibliografiayMaterialesdeInteres/HabilidadesSociales/CuadernodeHabilidadesSociales/1195212908978_habilidades.pdf
 Fonte: juntadeandalucía.es

2/10/14

"Basta ya de bullying. No te quedes callado". Web

Páxina web sobre bullying con información, consellos para estudantes, actividades interactivas, vídeos e guías didácticas para as familias e profesionais da educación. Bo recurso para traballar o tema nas titorías.


Para acceder á web, fai clic na imaxe

http://www.bastadebullying.com/

Fonte: Blog Crea y aprende con Laura

1/10/14

GALICIA: Lexislación atención á diversidade, alumnado con n.e.a.e. e a función orientadora

"O orientador debe ter un coñecemento xeral da lexislación educativa  que apoiará o seu traballo e lle permitirá asesorar adecuadamente á comunidade educativa. Neste documento  recollemos a normativa máis directamente relacionada coa atención á diversidade, alumnado con necesidade específica de apoio educativo e orientación educativa.


Convén sinalar que, de conformidade coa disposición transitoria décimo primeira da LOE (aplicación das normas regulamentarias) “nas materias cuxa regulación remite esta lei a ulteriores disposicións regulamentarias, e mentres estas non sexan ditadas, serán de aplicación, en cada caso, as normas deste rango que o viñan sendo na data de entrada en vigor desta lei, sempre que non se opoñan ao disposto nela”.


Asi, o establecido na normativa previa á promulgación da LOE e da LOMCE e á publicación das disposicións que as desenvolven será de aplicación en todos aqueles aspectos que non as contraveñan.  Ao mesmo tempo, cando abordemos calquera tema é conveniente manexar todas as disposicións que o recollen, pois unhas matizan e completan as outras e, nalgúns casos, as modifican.


Este documento está pechado a día 7 de xaneiro de 2014".

 Información elaborada por Alicia Guerrero Seijas

Para acceder ó dossier normativo, fai clic na imaxe 

http://www.edu.xunta.es/centros/cafi/aulavirtual/file.php/1/lexislacion_orientadores/agslex/index.html