18/8/14

Cursos de idiomas no estranxeiro 2014

Queres aprender ou perfeccionar un idioma?

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración cos organismos de xuventude das comunidades autónomas de A Rioxa, Andalucía, Canarias, Castela e León, Cidade Autónoma de Ceuta, Estremadura, Illas Baleares, Madrid, Murcia, Navarra e Valencia, pon en marcha o programa de Cursos de Idiomas no Estranxeiro 2014.

 

Quen pode acceder a este programa?

Todos os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos (Consultar na guía as idades para cada escola).
Os/as menores de idade deberán presentar unha autorización dos seus/súas pais/nais no momento de efectuar a reserva.
Para os/as menores de 16 anos é obrigatorio contratar o servizo de transfer tanto de ida como de volta (servizo de recollida e desprazamento desde o aeroporto ata o aloxamento).

 

IDIOMAS OFERTADOS

 

PREZOS

Varían en función do tipo de curso, número de leccións, réxime alimenticio, datas (tempada alta ou baixa), semanas de duración, tipo de aloxamento e outros servizos.
Estes inclúen as clases do idioma elixido e o aloxamento (en familias, apartamentos ou residencias de estudantes).
Non inclúen os gastos de viaxe ata o país de destino, gastos de transporte local, as actividades e excursións que sexan opcionais dentro dos programas de cada escola, nin os traslados.
Os/as posuidores/as do Carné Xove terán un 6% de desconto.

 

DATAS DE INICIO E DURACIÓN

Normalmente os cursos comezan en luns, aínda que algunhas escolas establecen datas determinadas de inicio para os/as principiantes. O aloxamento farase de domingo a sábado, chegando un día antes do comezo do curso e marchando un día despois do remate, salvo que a escola estableza que o aloxamento sexa de sábado a sábado ou de domingo a domingo.
A duración dos cursos é semanal (2, 3, 4 semanas…) e o número de leccións varía dun curso a outro (15, 20, 25 ou 30 lección semanas), así coma o horario.

 

ALOXAMENTO

Ofrécense distintas opcións: familia, residencia, pisos de estudantes, etc. 

 

PRAZO DE SOLICITUDES

Hai que facer a solicitude como mínimo 15 días antes do comezo do curso, en tempada baixa (de xaneiro a maio e de outubro a decembro), e 30 días antes, en tempada alta (de xuño a setembro).
Para os cursos en Estados Unidos e Canadá, 30 ou 60 días antes da data de comezo do curso, dependendo de si se necesita ou non visado de estudante.

 

CONDICIÓNS E FORMA DE PAGO

No momento de solicitar a  inscrición para un curso deberase aboar o  40% do seu importe. O  60% restante deberá aboarse, unha vez confirmada a reserva de praza por parte da escola.
A reserva de praza non se considerará definitiva ata que non se reciba a confirmación por parte da escola.
Para máis información consulta as condicións xerais.

 

CÓMO SOLICITAR UN CURSO?

Chamando ao teléfono 981 544 840 ou ben enviando un correo electrónico (co asunto: cursos de idiomas no estranxeiro) ao seguinte enderezo: idiomas@xunta.es.
No correo deberá figurar a seguinte información:
  • Nome e apelidos
  • Data de nacemento
  • Teléfonos de contacto e enderezo electrónico
  • Páxina da guía na que figura o curso que solicitas. Se son varios os cursos elixidos, deberás indicar a orde de preferencia.
  • Idioma elixido e nivel
  • País, cidade, escola elixida e tipo de curso (especificando leccións, horarios)
  • Datas de inicio do curso e datas de aloxamento. Indicando as semanas de duración.
  • Aloxamento, especificando o tipo de habitación e o réxime de manutención
  • Transfer
  • Carné Xove
Unha vez confirmada a dispoñibilidade de prazas no curso solicitado, enviaranse a conta de correo electrónico facilitada polo/a interesado/a os impresos necesarios para facer a solicitude e o pago do curso.

 

ENLACES DE INTERESE:

Se viaxas ao estranxeiro:
Recomendacións de viaxe:
Rexistro de viaxeiros:
Tarxeta sanitaria europea:
 Accede á guía completa facendo clic na imaxe

http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/ensino/2014/cursosIdiomas/Guia_idiomas_2014_Xunta.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario