As ensinanzas artísticas pertencen ás ensinanzas de réxime especial. Dentro delas podemos distinguir:
- Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño (Ciclos Fomación Profesional)
- Ensinanzas Superiores de Deseño
- Ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais
- Ensinanzas Superiores de Arte Dramática
- Ensinanzas de Danza
- Ensinanzas de Música
Na web da Consellería atoparás informacións sobre todas as ensinanzas artísticas. Visítaa se tes dúbidas.
1. ENSINANZAS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO (CICLOS FP)
Abordan a aprendizaxe das técnicas artísticas, así como os oficios artísticos tradicionais.
Estrutura: Estrutúranse en familias profesionais semellantes ás de Formación Profesional. Hai Ciclos de Grao Medio (título de técnico) e Ciclos de Grao Superior (título de técnico superior).
En que consisten? Consisten nunha formación teórico-práctica na escola onde se imparte; e unha formación práctica en empresas, estudios ou talleres.
Duración: 2 cursos académicos.
Para que serven? A titulación de técnico permite acceder ao mundo laboral e tamén a inserción no bacharelato ou nos ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional Específica ou de Artes Plásticas e deseño. Pola súa banda, a titulación de técnico superior permite acceder directamente a estudos uiversitarios relacionados coa profesión estudada, así como a inserción no mundo laboral.
Acceso:
1. Ciclos de Grao Medio:
- Con requisitos académicos: Cómpre superar unha proba específica co título de graduado en educación secundaria obrigatoria (ESO).
- Acceso directo co bacharelato de artes.
- Sen requisitos académicos: Con 17 anos cupridos, cómpre superar unha proba de madureza e a proba específica.
2. Ciclos de Grao Superior:
- Con requisitos académicos: Acceso directo co título de bacharelato de artes; co título de bacharelato de calquera outra especialidade, cómpre superar a proba específica.
-Sen requisitos académicos: Superar a proba de madureza + a proba específica con 19 anos cumpridos no ano de realización da proba.
Que estudar e onde?
- EASD Antonio Faílde (Ourense): CM ebanistería artística, CS ilustración, CS fotografía artística.
- EASD Mestre Mateo (Santiago): CM procedementos de xoiaría artística, CS xoiaría artística, CS arquitectura efémera, CS fotografía artística.
- EASD Pablo Picasso (A Coruña): CM dourado e policromía, taller cerámica artística (oferta modular) CS artes aplicadas á escultura, CS fotografía artística, CS ilustración.
- EASD Ramón Falcón (Lugo): CM serigrafía artística, CS gravado e técnicas de estampación, CS cerámica artística, CS fotografía artística.
- Existen varios centros privados autorizados, dous deles en Vigo e un en Ourense.
Para máis información, accede ás seguintes ligazóns:
2. ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO
Finalidade: Proporciona aos futuros profesionais unha adecuada formación artística, científica e técnica, así como unha formación de calidade e unha titulación superior en diversos ámbitos do deseño.
Duración: 4 cursos académicos máis un proxecto final.
Titulación: Equivalente a un Grao universitario.
Especialidades: deseño gráfico, de interiores, de moda e de produto.
Acceso:
- Con requisitos académicos: Título de bacharelato ou proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos superada + proba específica. Acceso directo co título de técnico superior en artes plásticas.
- Sen requisitos académicos: Con 19 anos cumpridos no ano do acceso cómpre superar unha proba de madureza e unha proba específica.
Para máis información, accede ás seguintes ligazóns:
3. ENSINANZAS DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS
Finalidade: Grao cuxo obxectivo é formar a profesionais responsables de manter en bo estado o patrimonio artístico.
Titulación: Graduado universitario.
Acceso:
-Ter o título de bacharelato ou equivalente;
- Ou ter superada a proba de madureza para maiores de 25 anos.
En calquera destes casos, haberá que superar unha proba específica de acceso.
- Ten acceso directo quen estea en posesión do Título de Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño.
Como poderás comprobar na ligazón da oferta educativa e na web do único centro onde se poden cursar estes estudos en Galicia, impártense 3 especialidades: aqueoloxía, pintura e escultura.
Para máis información, accede ás seguintes ligazóns:
4. ENSINANZAS SUPERIORES DE ARTE DRAMÁTICA
Finalidade: Estas ensinanza teñen como finalidade a formación de creadores e profesionai das artes escénicas, de pedagogos e investigadores do feito teatral, así como de especialistas noutros campos ou ámbitos directa ou indirectamente relacionados coa teoría, a tecnoloxía e a práctica teatral.
Duración: 4 anos.
Titulación: Título superior, equivalente ao de Grao universitario.
Oferta educativa: 3 especialidades cos seus correspondentes itinerarios.
- Dirección escénica e dramaturxia (dirección escénica e dramaturxia).
- Interpretación (textual, xestual e de interpretación con obxectos).
- Escenografía.
- Ter o título de bacharelato ou equivalente; ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos; ou superar unha proba de madureza específica para maiores de 19 anos que acredite que se posúe a madureza en relación cos obxectivos do bacharelato, e os coñecementos, as habilidades e as aptitudes que cómpren para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas.
- Superar unha proba específica da especialidade á que se pretenda acceder. Esta proba consta de dúas partes: 1ª parte. Común a todas as especialidades e con carácter eliminatorio, consistente na realización dun comentario sobre un texto dramático e dun fragmento de ensaio teatral. Anualmente faise pública na web da ESAD (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia-Vigo) unha listaxe de lecturas recomendadas; 2ª parte. Específica para cada especialidade.
Para máis información, accede ás seguintes ligazóns:
5. ENSINANZAS DE DANZA
Poden ser regradas (nos Conservatorios deDanza), que proporcionan un título con validez académica e profesional; e non regradas (en Escolas de Danza), que proporcionan un certificado.
Estrutura: 3 ciclos
- Ensinanzas de Grao Elemental: 4 cursos académicos. Os criterios de admisión son establecidos por cada centro en función das aptitudes físicas e expresivas dos aspirantes restecto da danza e do sentido musical, que se avalían mediante unha proba. Neste nivel se obtén un simple certificado.
- Ensinanzas de Grao Medio: 3 ciclos de 2 cursos cada un (6 anos). Para acceder, é preciso superar unha proba en xuño. A proba será diferente de acordo co ciclo ou curso no que se queira ingresar.
- Ensinanzas de Grao Superior: 1 ciclo de 4 cursos. Para acceder se require ter o título de bacharelato; ou ter superado o 3º ciclo de Danza e superar unha proba ordinaria para cada especialidade. Caso de non cumprir os anteriores requisitos, requírese superar unha proba extraordinaria. Habitualmente celébranse antes do 15 de xullo. Obtense o Título Superior, que equivale a un Grao universitario. Este nivel non se imparte en Galicia.
Para máis información, accede ás seguintes ligazóns:
6. ENSINANZAS DE MÚSICA
Poden ser regradas (nos Conservatorios de Música), que proporcionan un título con validez académica e profesional; e non regradas (en Escolas de Música), que proporcionan un certificado.
Estrutura: 3 graos
- Grao Elemental: Hai que ter entre 8 e 14 anos. Consta de 4 cursos académicos. Cada centro establece os criterios de admisión para comprobar as aptitudes musicales dos candidatos.
- Grao Medio: 3 ciclos de 2 anos cada un deles (6 anos en total). Non hai límite de idade para acceder. Hai que superar unha proba que varía segundo o ciclo ou curso que se queira facer e que atende ás aptitudes e coñecementos musicais da persoa interesada.
- Grao Superior: Un único ciclo de 4 cursos. Obtense un título superior, equivalente para todos os efectos a un Grao universitario. Para acceder, hai que ter o título de bacharelato ou equivalente; ou ter superada a proba de acceso á Universidade para maiores de 25 anos; ou superar unha proba de madureza específica para maiores de 19 anos que acredite que se posúe a madureza en relación cos obxecivos do bacharelato. Ademáis, hai que superar unha proba ordinaria específica da especialidade mediante a que se acredite a posesión das competencias previas necesarias para o aproveitamento destas ensinanzas superiores. A posesión do título profesional de música fará parte da cualificación final da proba específica, ponderándose nun 40% do valor da cualificación final.
Para máis información, accede ás seguintes ligazóns:
No hay comentarios:
Publicar un comentario