30/8/14

Educación emocional na ESO. Propostas para titoría


Guía moi completa editada pola Consellería de Educació da Generalitat Valenciana. Ofrece un marco xeral sobre a educación das dimensións emocionais e afectivas, e proporciona orientacións para a súa programación na titoría. As diferentes competencias emocionais son abordadas mediante dinámicas activas e atractivas para o alumnado. Máis concretamente, nos distintos capítulos trátanse os seguintes aspectos:
  • a conciencia emocional
  • a expresión das emocións
  • a empatía
  • o autocontrol
  • o comportamento socialmente hábil
  • a comunicación electrónica
  • a creatividade
  • os bloqueos 
  • os esquemas mentais
O manual parte da premisa de que a educación emocional comporta a aprendizaxe e práctica na aula de estratexias cognitivas, repertorios comportamentais, valores, habilidades sociais e técnicas de autocontrol que permiten ao alumnado vivir satisfactoriamente consigo mesmo e cos demáis.

Para acceder ao recurso, fai clic na imaxe

https://docs.google.com/file/d/0B_Uxho8rObFWNlo4REk4aE8tNTg/edit?pli=1

Habilidades sociais na infancia e na adolescencia

A psicóloga Bea Sarrión ofrécenos no seu blog Psicovalencia, -creado paa compartir recursos, ferramentas, ideas e opinións-, un interesante artigo sobre as habilidades sociais na infancia, así como un conxunto de recursos para traballalas co alumnado.

29/8/14

Adaptacións curriculares metodolóxicas para o alumnado con TDAH

Manuel García Pérez, psicólogo do grupo Albor-Cohs, elaborou hai algúns anos (2007) estas orientacións dirixidas ao profesorado nas que aporta un conxunto de pautas sobre como adaptar o curiculum ao alumnado con TDAH.


Como educar as emocións

Documento coordinado por Rafael Bisquerra e editado polo Observatorio FAROS Sant Joan de Deu (que é a plataforma de promoción da saúde e benestar infantil do Hospital Sant Joan de Deu de Barcelona) coa colaboración da Fundación Eduardo Punset. Trata sobre a intelixencia emocional na infancia e na adolescencia. A publicación consta de distintos capítulos -obra de diferentes autores- que teñen como obxectivo presentar un marco xeral da intelixencia emocional e os fundamentos para a práctica educativa, tanto na familia como na escola. Vai dirixido aos rapaces e rapazas enfermos, á sociedade en xeral e, moi especialmente, ás familias e ao profesorado.

En varios capítulos preséntase a situación da educación emocional no mundo e, máis concretamente, nos Estados Unidos, no Reino Unido e en España, que poden considerarse os países onde se está difundindo de maneira máis visible.

O informe remata cun decálogo dos aspectos máis relevantes que aparecen en toda a obra e cunhas referencias bibliográficas coa intención de orientar a formación posterior das persoas interesadas.

Para acceder ao recurso, fai clic na imaxe

http://faros.hsjdbcn.org/adjuntos/2232.1-Faros%206%20Cast.pdf

27/8/14

Guía do Titor de Secundaria

Esta guía, editada no 2012 pola Consellería de Educación, Formación e Emprego da Rexión de Murcia e da que é autor Claudio Castilla Romero, leva por subtítulo "Planificación, rexistro e seguimento da acción titorial". O seu obxectivo é ofrecer unha ferramenta que axude a planificar, facilitar e mellorar a función titorial do profesorado de secundaria, así como permitir determinados procesos conxuntos de traballo, potenciando a adecuada coordinación entre titores e titoras, profesorado e familias.

Podes descargar a publicación por capítulos nos enlaces que siguen:

26/8/14

Premios de ESO ao esforzo e á superación persoal. Convocatoria 2013/14



A Xunta de Galicia ven de publicar a Orde do 18 de agosto de 2014 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2013/2014.

Número e características dos premios:
  1. Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios.
  2. Cada premio estará dotado con 750 euros.
  3. A obtención deste premio non supón incompatibilidade coa obtención doutros.
 Requisitos de participación:
  1.  Ter cursado durante o curso 2013/14 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
  3. O alumnado candidato deberá merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas, e/ou do contorno familiar e sociocultural.
Perfil do alumnado: 
  1. Procedente de contornos socioculturais desfavorecidos ou de contornos familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta cara a conseguir rematar os seus estudos.
  2.  En proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.
Forma e prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED311E dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.es.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera
dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación:
  1. Solicitude cuberta segundo o modelo do Anexo I da orde.
  2. Certificación académica dos estudos  (só no caso de que o alumnado non teña todo o seu expediente de ESO recollido na base de datos da aplicación XADE), onde se reflicta a cualificación final media, asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/a director/a do centro no que se atope o expediente académico. A nota media será a media aritmética das cualificacións en todas as materias dos catro cursos da etapa.
  3. Documento xustificativo da transferencia de datos que se imprimirá por parte da dirección do centro público no que está o expediente académico, unha vez introducidos os datos da solicitude do alumnado, na aplicación informática https://www.edu.xunta.es/premioseso.
  4. Informe xustificativo da proposta realizada. O dito informe será elaborado por unha comisión formada pola dirección do centro, a xefatura de estudos, a xefatura do departamento de orientación e o/a titor/a do candidato ou, na ausencia deste, un/unha profesor/a, preferentemente do/da alumno/a, nomeado/a pola dirección do centro educativo. Nel darase conta das especiais condicións da escolaridade do alumno ou alumna proposto/a.
  5. Fotocopia do documento de identidade (DNI ou NIE do solicitante).
No informe faranse constar:
  1. A descrición exhaustiva e razoada das dificultades persoais, educativas ou do  contorno sociofamiliar da persoa candidata que, ao xuízo do equipo docente, dificultaron o seu desenvolvemento educativo.
  2. As medidas de apoio adoptadas polo centro educativo en relación ás necesidades educativas do alumno ou alumna e a súa repercusión no progreso escolar.
  3. O grao de consecución das competencias e dos obxectivos da etapa e a persistencia no seu logro, así como a valoración do esforzo persoal.
  4. A descrición de calquera outra circunstancia que, a xuízo da comisión do centro educativo, mereza ser tida en conta.

Ciclos formativos da FP básica. Convocatoria curso 2014/2015




A Consellería de Educación ven de publicar a Orde de 14 de agosto de 2014 pola que se regula o acceso e a admisión aos ciclos de formación profesional básica e se autoriza a súa oferta para o curso 2014/15.

Requisitos de acceso:
a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica mediante o consello orientador.

É preciso, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.

O prazo de presentación da solicitude de admisión e matrícula será o abranguido desde o día 1 de setembro ata as 13.00 horas do día 10 de setembro.
 
O alumnado que sexa admitido no ciclo solicitado deberá formalizar a súa matrícula desde o día 12 ata o día 19 de setembro.

A solicitude pode descargarse en https://sede.xunta.es co código de procedemento ED522A.

Admisión: No caso de existir maior número de solicitudes que de postos escolares, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade:
  1. Alumnado que teña cursado 2º ESO.
  2. Alumnado que teña cursado 3º ESO.
  3. Alumnado que teña cursado 4º ESO. 
Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade.

Documentación:
  1. Solicitude de admisión e matrícula no centro no que pretenda ser admitido (Anexo I).
  2. Copia do DNI ou NIE.
  3. Comunicación de incorporación á formación profesional básica (Anexo IV).
  4. Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión para persoas con discapacidade.
Ciclos ofertados: Véxase o Anexo V da orde de convocatoria.
 

Guía FP Básica para familias

Información sobre a Formación Profesional Básica para as familias e o propio alumnado referida ao curso 2014/2015

Informes e rexistros para o inicio do curso

Modelos de diferentes informes e rexistros que podemos precisar para levar de maneira ordenada as informacións da nosa clase, dos nosos alumnos, etc. Todos son útiles e abranguen as distintas etapas educativas, de Infantil a Secundaria. Destacamos en particular:
  •  fases do proceso de acollida do alumnado de incorporación tardía
  •  informe de derivación a orientación para o profesorado-titor
  • entrevista para a avaliación psicopedagóxica
  • rexistro do nivel de competencia curricular de 1º a 6º de Educación Primaria (Lingua e Matemáticas)
  • rexistros do estilo de aprendizaxe
  • ficha de observación do profesorado-titor para diversificación curricular
Para acceder aos documentos, fai clic na imaxe

http://www.orientacionandujar.es/2014/08/25/registros-ideales-para-el-inicio-de-curso-2014-2015/

Fonte: orientacionandujar.es

25/8/14

Guía de redes sociais para familias

Guía elaborada polo Centro Nacional de Desarrollo Curricular en Sistemas no Propietarios (CeDeC) que ten como obxectivo ofrecer ás familias orientacións sobre as redes sociais e o uso que os menores fan delas. A intención é proporcionar coñecementos básicos sobre o tema, algunhas pautas para educadores e un conxunto de recursos útiles para docentes, pais e menores. Non está pensado como un material pechado, senon como unha base para incorporar suxestións e aportacións dos membros da comunidade educativa.

 O material está dividido en tres partes:
  •  A primeira está adicada a Internet. Tenta dar unha visión moi xeral deste fenómeno e do uso que fan de él nenos e nenas e adolescentes. Ofrécese así mesmo unha explicación dos riscos e ameazas existentes na rede, e tamén consellos e orientacións para que as familias poidan educar e orientar aos seus fillos e fillas para navegar dun xeito adecuado.
  • A segunda está adicada a ofrecer unha información xeral sobre as redes sociais: que son e como funcionan, que tipos de redes existen, cales son as máis importantes, etc.
  • Finalmente, a terceira ofrece información para que as familias e os seus fillos e fillas poidan aprender xuntos a facer un uso axeitado e formativo das redes: lexislación, pautas de uso para menores e familias, recursos formativos e ligazóns de autoridades e organizacións privadas onde poden denunciarse abusos e actos ilícitos.
Para acceder á versión online da guía, fai clic na imaxe

http://cedec.ite.educacion.es/es/introduccion/guia-de-redes-sociales
Fonte: CeDeC

23/8/14

Adaptacións curriculares para o alumnado con síndrome de Down

"Buenas prácticas en inclusión educativa: las adaptaciones curriculares" é unha guía editada por Down España no ano 2014 co obxectivo de proporcionar pautas na elaboración de adaptacións curriculares para o alumnado con síndrome de Down, válidas tamén para o alumnado con discapacidade intelectual en xeral. Destaca pola súa claridade, brevidade (26 páxinas) e utilidade. Vai dirixida a profesionais educativos e familias.

A publicación parte da premisa de que a educación inclusiva beneficia a todo o alumnado e defende a idea de que a mera presencia de alumnado con discapacidade intelectual nas mesmas aulas que o alumnado sen discapacidade non é suficiente para recoñecer ese contexto como inclusivo. Para que o proceso inclusivo sexa real, han de realizarse as oportunas adaptacións curriculares que permitan ao estudante avanzar na adquisición de coñecementos a un ritmo axeitado. 

Nos distintos capítulos abórdanse as seguintes cuestións:
  1. Como favorecer a inclusión educativa.
  2. Punto de partida.
  3. Adaptacións curriculares.
  4. Adaptacións curriculares significativas.
  5. O papel das familias na escolarización do alumnado con discapacidade.
  6. Exemplo de Adaptación Curricular Individualizada (A.C.I.)
  7. Máis información.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.sindromedown.net/adjuntos/cPublicaciones/156L_buenas.pdf

22/8/14

A titoría na educación secundaria: materiais para o titor

Guía coordinada por Adela Torres Saez e editada pola Consellería de Educación da Rexión de Murcia no ano 2008. Trátase dun manual de axuda ao profesorado-titor no que se expoñen ideas, reflexións e actividades resultado das sesións de titoría, tentando promover unha interacción continuada entre a reflexión e a acción. Os temas abordados nos distintos capítulos son os seguintes: 
  1.  A titoría na educación secundaria (introducción).
  2. Cronograma de tarefas para o desenvolvemento da acción titorial (planificación para os tres trimestres).
  3. Recollida de información ao inicio do curso.
  4. Elección de delegado e normas de funcionamento.
  5. Coñecemento mutuo, autocoñecemento e autoestima.
  6. Educar os sentimentos.
  7. Relación do titor coa familia.
  8. Coordinación do proceso de avaliación.
  9. O absentismo no centro educativo.
  10. Recursos en Internet.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://diversidad.murciaeduca.es/orientamur/gestion/documentos/la_tutoria_en_educacion_secundaria.pdf

Fonte: diversidad.muciaeduca.es

Diccionario de profesións

No Diccionario de profesiones de educaweb atoparás todas as profesións e as súas características.

Para acceder ao recurso, fai clic na imaxe

http://www.educaweb.com/profesiones/

Fonte: educaweb.com 

21/8/14

Como compartir a vida en igualdade. Guía práctica para mozas e mozos

Guía editada polo Consello das Mulleres do Concello de Madrid para traballar os valores da igualdade da que son autoras Luz Martínez Ten y Rosa Escapa Garrachón. Prólogo de Marina Subirats. Nos distintos capítulos da obra atoparás propostas de actividades para a aula:
  1. Pensar a vida en igualdade.
  2. Primeiros pasos para aprender a compartir a vida en igualdade.
  3. Compartir o pasado.
  4. Compartir o futuro.
  5. Compartir a casa.
  6. Compartir a linguaxe.
  7. Compartir o coidado do medio ambiente.
  8. Compartir para participar.
  9. Compartir a igualdade desde o respeto á diversidade.
  10. Compartir os afectos en igualdade.
Para acceder á publicación, fai clic na imaxe

http://www.educandoenigualdad.com/antiguaweb/IMG/pdf/comocomapartirlavidaenigualdad.pdf

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO 2013-2014


A Consellería de Educación ven de publicar a Orde do 12 de agosto de 2014 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2013/2014 (DOG do 20 de agosto).

NÚMERO E CONTÍA: Poderanse conceder ata 20 premios de 750 euros cada un.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
  1. Ter cursado durante o ano académico 2013/14 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario.
  2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
  3. Ter unha media das cualificacións igual ou superior a 9,00 puntos.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 21 de agosto a 20 de setembro de 2014.

FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Por vía electrónica ou en soporte papel a través do formulario normalizado ED311D dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es


DOCUMENTACIÓN:
  1. Solicitude.
  2. Certificación académica.
  3. Documento xustificativo da transferencia de datos.
  4. Fotocopia do DNI.
PROBA: Os aspirantes deberán realizar unha proba estruturada en dúas partes. Cada parte da proba desenvolverase nun tempo máximo de dúas horas.
  • A primeira parte constará de varias cuestións referidas ás seguintes materias de cuarto curso: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Primeira Lingua Estranxeira, agás no caso de alumnado con exención en Lingua Galega e Literatura, que quedará exento da realización da correspondente parte da proba, sempre e cando a dita exención se acredite documentalmente.
  • A segunda parte constará de diversas cuestións referidas a tes materias do currículo de cuarto curso: Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Matemáticas, e unha materia a escoller entre Bioloxía e Xeoloxía, Educación Plástica e Visual, Física e Química, Latín, Música e Tecnoloxía.
Para poder optar ao premio deberase obter un mínimo de cinco puntos en cada unha das materias, que se cualificarán entre 1 e 10 puntos.


19/8/14

LOMCE: Normativa e documentos de interese


Nesta entrada ofrecemos unha recompilación da normativa referida á LOMCE publicada ata o momento a nivel estatal e en Galicia. Incluímos, así mesmo, diversos documentos ou publicacións relacionadas de interese.

1. Normativa xeral:
 2. Educación Primaria:
3. Formación Profesional Básica
 4. Outros documentos de interese:
  • Nesta ligazón á páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte podes consultar o calendario de implantación da LOMCE e os principais cambios introducidos en Educación Primaria e Secundaria.
     
    • Esquema do sistema educativo na LOMCE publicado polo MECD. Fai clic na imaxe para acceder:
      http://lomce.mecd.es/itinerarios
  •  Presentación do MECD de 10-12-2013

  • Modificacións na estructura básica das diferentes etapas educativas coa implantación da LOMCE: Monográfico de FETE UGT Enseñanza. Para acceder, fai clic na imaxe.

  • Guía práctica sobre a Formación Profesional Básica elaborada pola Federación de Ensinanza de Comisións Obreiras. 
http://www.feccoo-extremadura.org/comunes/recursos/15660/1792092-_Guia_practica_LOMCE-2__Formacion_Profesional_Basica.pdf

  • Formación Profesional Básica en Galicia: Presentación efectuada por J.M. Rodríguez Buján na Xornada de Formación para Orientadores levada a cabo en Santiago o 21 de maio de 2014.

                          Bujan fpbasica from Silvina Paricio Tato

  • Breve presentación elaborada polo orientador Claudio Castilla baseada no Real Decreto 126/2014 (BOE do 5 de marzo).


Formación profesional básica from orientaguia

  • Web elaborada por APOCLAM  (Asociación Profesional de Orientadores/-as de Castilla-La Mancha) onde se nos explica como queda o sistema educativo español despois da publicación da LOMCE. Para acceder, fai clic na imaxe: 


  • Presentacións sobre a LOMCE elaboradas polos Servizos da Inspección Educativa da Consellería de Educación da Junta de Andalucía:
  1. LOMCE 1: Aspectos xerais 
  2. LOMCE 2: Aspectos xerais 
  3. Real Decreto 126/2014 Educación Primaria 
  4. Real Decreto 127/2014 Formación Profesional Básica 
Na mesma web da Inspección Educativa figura unha síntese dos aspectos máis salientables da LOMCE, máis en particular:
* Estructura do sistema educativo LOMCE
* Calendario de implantación
* Competencias educativas do Goberno, Administración e Centro docente
* Organización curricular
* Novidades en Educación Primaria
* Novidades en Educación Secundaria Obrigatoria
* Novidades en Bacharelato
* Formación Profesional Inicial

Plan de acción titorial interactivo II. Segundo Ciclo de ESO

Este plan de acción titorial interactivo, publicado pola Consellería de Educación de Extremadura e do que son autores Juan Enrique Prudencio Sánchez e Pedro José Parejo Peña, vai dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO.  Nel atoparás os contidos, as sesións, as actividades, os recursos e o desenvolvemento.
Os contidos a desenvolver son os seguintes:
  • Aprender a convivir
  • Dereitos Humanos
  • Dilemas morais
  • Sexualidade
  • Alcohol
  • Habilidades sociais
  • Educación vial
  • SIDA
  • Tabaco
  • Publicidade
  • Uso das TIC
  • Educación para a paz
  • Que podo estudar?
Este plan complementa ao Plan de acción titorial interactivo I, dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO e que figura tamén neste blog.

Para acceder ao plan, fai clic na imaxe

http://contenidos.educarex.es/mci/2006/09/ 

18/8/14

Educación afectivo-sexual. Adolescencia e violencia de xénero

Unidade didáctica de educación afectivo-sexual para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria promovida polo Instituto Asturiano da Muller. Forma parte dun programa máis extenso de Educación Afectivo-Sexual que se está a impulsar desde a administración do Principado de Asturias e no que participan diversos organismos: Dirección Xeral da Saúde Pública, Viceconsellería de Educación, Instituto da Xuventude, Instituto Asturiano de Atención Social á Infancia, Familia e Adolescencia, Consello da Xuventude e Instituto Asturiano da Muller.

Os obxectivos do programa son os seguintes:
  • Favorecer unha reflexión crítica entre o alumnado sobre as concepcións de masculinidade, feminidade, violencia e educación sentimental.
  • Analizar e construir colectivamente valores acordes coa non violencia e a resolución de conflitos.
  • Proporcionar ao alumnado imaxes alternativas de modelos de masculinidade non asociados a comportamentos violentos.
  • Concienciar ao alumnado das súas ideas conceptuais sobre a violencia de xénero, os tipos de violencia e as consecuencias sociais e persoais da mesma.
  • Analizar co alumnado e concienciar sobre a importancia da educación sentimental dos homes e as mulleres como forma de desenvolvemento integral exenta de prexuizos e estereotipos de xénero patriarcais.
Para acceder á Unidade didáctica, fai clic na imaxe

http://www.asturias.es/Astursalud/Ficheros/AS_Salud%20Publica/AS_Promocion%20de%20la%20Salud/Programas%20de%20Educaci%C3%B3n/AFECTI-SEXUAL.pdf
 Fonte: AsturSalud. Portal de Salud del Principado de Asturias

Guía para a preparación da selectividade

Presentación elaborada polo Departamento de Línguas Clásicas do IES ELVIÑA para axudar ao alumnado na preparación da selectividade.


Datos prácticos das PAU

Presentación elaborada polo Departamento de Linguas Clásicas do IES ELVIÑA, para axudar ao alumnado na selectividade.

Becash. Buscador de becas

Becash é o primeiro buscador de becas que te axuda a acadar as túas metas. Neste curto vídeo podes ver como funciona.

Cursos de idiomas no estranxeiro 2014

Queres aprender ou perfeccionar un idioma?

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración cos organismos de xuventude das comunidades autónomas de A Rioxa, Andalucía, Canarias, Castela e León, Cidade Autónoma de Ceuta, Estremadura, Illas Baleares, Madrid, Murcia, Navarra e Valencia, pon en marcha o programa de Cursos de Idiomas no Estranxeiro 2014.

 

Quen pode acceder a este programa?

Todos os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos (Consultar na guía as idades para cada escola).
Os/as menores de idade deberán presentar unha autorización dos seus/súas pais/nais no momento de efectuar a reserva.
Para os/as menores de 16 anos é obrigatorio contratar o servizo de transfer tanto de ida como de volta (servizo de recollida e desprazamento desde o aeroporto ata o aloxamento).

 

IDIOMAS OFERTADOS

 

PREZOS

Varían en función do tipo de curso, número de leccións, réxime alimenticio, datas (tempada alta ou baixa), semanas de duración, tipo de aloxamento e outros servizos.
Estes inclúen as clases do idioma elixido e o aloxamento (en familias, apartamentos ou residencias de estudantes).
Non inclúen os gastos de viaxe ata o país de destino, gastos de transporte local, as actividades e excursións que sexan opcionais dentro dos programas de cada escola, nin os traslados.
Os/as posuidores/as do Carné Xove terán un 6% de desconto.

 

DATAS DE INICIO E DURACIÓN

Normalmente os cursos comezan en luns, aínda que algunhas escolas establecen datas determinadas de inicio para os/as principiantes. O aloxamento farase de domingo a sábado, chegando un día antes do comezo do curso e marchando un día despois do remate, salvo que a escola estableza que o aloxamento sexa de sábado a sábado ou de domingo a domingo.
A duración dos cursos é semanal (2, 3, 4 semanas…) e o número de leccións varía dun curso a outro (15, 20, 25 ou 30 lección semanas), así coma o horario.

 

ALOXAMENTO

Ofrécense distintas opcións: familia, residencia, pisos de estudantes, etc. 

 

PRAZO DE SOLICITUDES

Hai que facer a solicitude como mínimo 15 días antes do comezo do curso, en tempada baixa (de xaneiro a maio e de outubro a decembro), e 30 días antes, en tempada alta (de xuño a setembro).
Para os cursos en Estados Unidos e Canadá, 30 ou 60 días antes da data de comezo do curso, dependendo de si se necesita ou non visado de estudante.

 

CONDICIÓNS E FORMA DE PAGO

No momento de solicitar a  inscrición para un curso deberase aboar o  40% do seu importe. O  60% restante deberá aboarse, unha vez confirmada a reserva de praza por parte da escola.
A reserva de praza non se considerará definitiva ata que non se reciba a confirmación por parte da escola.
Para máis información consulta as condicións xerais.

 

CÓMO SOLICITAR UN CURSO?

Chamando ao teléfono 981 544 840 ou ben enviando un correo electrónico (co asunto: cursos de idiomas no estranxeiro) ao seguinte enderezo: idiomas@xunta.es.
No correo deberá figurar a seguinte información:
  • Nome e apelidos
  • Data de nacemento
  • Teléfonos de contacto e enderezo electrónico
  • Páxina da guía na que figura o curso que solicitas. Se son varios os cursos elixidos, deberás indicar a orde de preferencia.
  • Idioma elixido e nivel
  • País, cidade, escola elixida e tipo de curso (especificando leccións, horarios)
  • Datas de inicio do curso e datas de aloxamento. Indicando as semanas de duración.
  • Aloxamento, especificando o tipo de habitación e o réxime de manutención
  • Transfer
  • Carné Xove
Unha vez confirmada a dispoñibilidade de prazas no curso solicitado, enviaranse a conta de correo electrónico facilitada polo/a interesado/a os impresos necesarios para facer a solicitude e o pago do curso.

 

ENLACES DE INTERESE:

Se viaxas ao estranxeiro:
Recomendacións de viaxe:
Rexistro de viaxeiros:
Tarxeta sanitaria europea:
 Accede á guía completa facendo clic na imaxe

http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/ensino/2014/cursosIdiomas/Guia_idiomas_2014_Xunta.pdf

17/8/14

"Familia y educación. Guía práctica para Escuelas de Padres y Madres eficaces"

  • Guía editada no 2012 pola Consellería de Educación, Formación e Emprego da Rexión de Murcia da que son autoras Isabel Ruiz García, Pilar Sánchez Álvarez e Mª Elena de Jorge Martínez. 
  • Trátase dun libro de carácter práctico para familias, pensado e elaborado desde a óptica educativa e a experiencia docente, no que se destaca o carácter positivo que supón a implicación familiar para a transmisión de valores fundamentais, para o éxito escolar do alumnado, e que devolve ao escenario educativo o seu protagonismo na formación e desenvolvemento do talento dos seus fillos/-as. 
  • O obxectivo é, xa que logo, axudar ás familias a recoñecer as situacións cotiás que fan difícil o proceso educativo, na maioría das ocasións por mor da falta de información e formación específicas. 
  • A guía comeza cunha introducción na que se expón o contexto social de partida. A continuación, un capítulo que desenvolve o estado da cuestión sobre o binomio inseparable de familia e educación. Seguen unhas pinceladas sobre a evolución histórica das Escolas de Pais para pasar a centrarse nestas no contexto do actual escenario educativo.
  • A guía selecciona unha serie de temas a partir dos cales ofrece consellos prácticos: estilos parentais, necesidade dunha educación en valores, responsabilidade e ética social, información e prevención cara as drogas, desenvolvemento de habilidades sociais, habitos de estudo, ... 
Para acceder á publicación, fai clic na imaxe

http://redined.mecd.gob.es/xmlui/bitstream/handle/11162/1592/01820122017967.pdf?sequence=1

Fonte: Redined, recollida tamén en Orientacascales

16/8/14

EDUCACIÓN DE ADULTOS



Destinatarios:

Persoas que teñan cumpridos os 18 anos. De maneira excepcional, poden acceder persoas maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en condicións excepcionais que lles impidan facer os estudos polo réxime ordinario, e deportistas de alto rendemento.

Oferta de estudos:
  • Ensinanzas básicas iniciais
  • Educación secundaria para persoas adultas (ESA)
  • Bacharelato para persoas adultas
  • Ciclos formativos para persoas adultas
  • Ensinanzas non regradas


- Ensinanzas básicas iniciais:

Equivalen á educación primaria para persoas adultas. Inclúen a alfabetización e a consolidación das competencias en lectoescritura e matemáticas.


- Educación secundaria para persoas adultas:
  • Ensinanzas que conducen á obtención do título de graduado en educación secundaria (ESA). Dependendo dos estudos previos que realizara a persoa interesada, poden cursarse en dous ou nun curso escolar.
  • Organízanse en ámbitos de coñecemento (comunicación, social e científico-tecnolóxico), e desenvólvense ao longo de catro módulos cuadrimestrais (dous cursos escolares). As persoas adultas poderán permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise para a adquisición dos coñecementos establecidos.
  • As persoas que teñan o título de graduado escolar teñen validados os módulos 1 e 2 dos tres ámbitos de coñecemento, e acceden directamente ao módulo 3.
  • As persoas que superaran materias da ESO ordinaria poden validar parte dos módulos.
  • Estas ensinanzas pódense cursar polas modalidades presencial, semipresencial e a distancia telemática.
    • Na modalidade semipresencial é obrigatoria a asistencia ás titorías de cada ámbito (Unha hora semanal para o ámbito social, dúas sesións lectivas para o ámbito de comunicación, e outras dúas para o ámbito científico-tecnolóxico).
    • A modalidade a distancia con titorías telemáticas non supón a asistencia a titorías presenciais. A comunicación cos titores é a través da Aula Virtual do IES San Clemente.
  • Matrícula: 
    • Na modalidade presencial, primeira quincena de setembro para o primeiro cuadrimestre; nas modalidades semipresenciais e a distancia, primeira quincena de xaneiro.
  • Acceso:
    • Por superación do nivel II das ensinanzas iniciais
    • Mediante proba de avaliación inicial
    • Por validación de estudos
  • Saídas: 
    • Ciclos Formativos de Grao medio
    • Bacharelato
    • Mundo Laboral
  • Centros:
    • Podes consultar a rede de centros de modalidade presencial nesta ligazón.
    • A modalidade semipresencial pode cursarse nos seguintes centros: EPA Eduardo Pondal (A Coruña), EPA Santa María de Caranza (Ferrol), IES San Clemente (Santiago de Compostela), EPA Albeiros (Lugo), EPA de Ourense, IES de Celanova, EPA Río Lérez (Pontevedra), EPA do Berbés (Vigo).
    • A modalidade a distancia telemática impártese no IES San Clemente (Santiago de Compostela). 

- Bacharelato para persoas adultas:
  • Ensinanzas que conducen á obtención do título de Bacharelato. 
  • Teñen o mesmo currículo e a mesma organización xeral que o bacharelato de réxime ordinario.
  • Estas ensinanzas poden cursarse en dous anos escolares, por curso completo, ou por materias de forma independente. Se se opta por cursar materias de forma independente, non se deberán superar os 32 períodos lectivos semanais.
  • O alumnado pode permanecer nestes estudos durante máis tempo: seis anos na modalidade presencial e sen límite na modalidade a distancia.
  • Pódense cursar polas modalidades presencial, semipresencial e a distancia telemática.
    • Na modalidade semipresencial, o alumnado ten que asistir obrigatoriamente a unha hora semanal de titoría por cada unha das materias que curse.
    • Na modalidade a distancia telemática, recibe a súa atención a través dunha plataforma de educación a distancia e non ten titorías presenciais obrigatorias. Estas ensinanzas son impartidas desde o IES San Clemente, de Santiago de Compostela, para toda Galicia. Os exames poden realizarse nos centros EPA de todas as cidades galegas. 
  • Requisitos de acceso:
    • Posuír o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
    • Posuír o título de técnico nalgún Ciclo Formativo de Grao medio.
  •  Matrícula: 
    • Na modalidade presencial, primeira quincena de setembro.
    • Na modalidade semipresencial, primeira quincena de setembro.
    • Na modalidade a distancia telemática, 2ª quncena de setembro a aproximadamente finais de novembro.  
  •  Saídas:
    • Ciclos Formativos de Grao Superior
    • Universidade
    • Mundo laboral
  • Centros: 
    • Podes consultar a rede de centros na modalidade presencial nesta ligazón.
    • A modalidade semipresencial pode cursarse nos seguintes centros: EPA Eduardo Pondal (A Coruña), IES de Cedeira, EPA Santa María de Caranza (Ferrol), IES As Telleiras (Narón), IES San Clemente (Santiago de Compostela), IES Monte Castelo (Burela), IES de Foz, EPA Albeiros (Lugo), IES Río Cabe (Monforte), IES de Ribadeo, IES Lois Peña Novo (Vilalba), IES Martaguisela (O Barco de Valdeorras), IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño), EPA de Ourense, EPA Río Lérez (Pontevedra) e EPA do Berbés (Vigo).
    • A modalidade a distancia telemática impártese no IES San Clemente (Santiago de Compostela).

- Ciclos formativos para persoas adultas:
  •  A formación profesional no sistema educativo comprende un conxunto de ciclos formativos, tanto de grao medio como de grao superior, cunha organización en módulos e con contidos teórico-prácticos que teñen como finalidade a adquisición das competencias necesarias para unha inserción laboral satisfactoria e o desempeño de diversas profesións. 
  • Toda a información relativa a esta oferta polo réxime das persoas adultas, á rede de centros, aos períodos de matriculación, á documentación necesaria, ás saídas académicas e profesionais, etc., pode atopala nesta ligazón.

- Ensinanzas non regradas:

Son ensinanzas que abordan contidos e habilidades de grande interese para as persoas adultas, malia non conduciren á obtención dun título académico. Algunhas delas son:
  • Cursos de Aula Mentor: Cursos impartidos a distancia orientados a mellorar a capacitación profesional e a formación cultural das persoas adultas. Para unha información completa e actualizada sobre os cursos ofertados, as aulas existentes, etc., pódese acceder á páxina web das Aulas Mentor.

    Aulas MENTOR

  • Galego e castelán para persoas inmigrantes: Dirixido a cidadáns doutros países, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, que necesiten coñecer as linguas oficiais.


Para máis información, consulta a web da Consellería e o folleto informativo editado pola Xunta de Galicia, fontes das informacións aquí recollidas.