O Ministerio de Educación ven de abrir o prazo para participar nos Campus Científicos este verán. Se eres alumno de 4ºESO ou 1º de Bacharelato, podes solicitar ata o 26 de abril unha das 1.920 axudas para participar nos "Campus Científicos de Verano" en distintas universidades españolas durante unha semana de xullo. Terás que pagar 80 euros para a matrícula e o traslado de ida e volta.
Requisitos:
- Estar matriculado en 4ºESO ou 1º Bacharelato.
- Ter nacido despóis do 31 de decembro de 1996.
- Non ter participado en edicións anteriores.
- Ter unha media igual ou maior de 7,5 puntos no curso 2012/13.
Turnos:
Poderás escoller entre catro:
Poderás escoller entre catro:
- Do 29 de xuño ao 5 de xullo, ou ben, do 6 ó 12 de xullo: 960 axudas para alumnado de 1º de Bacharelato.
- Do 13 ao 19 de xullo, ou ben do 20 ao 26 de xullo: 960 axudas para alumnado de 4º ESO.
Tes que cumprimentar unha solicitude online e enviala xunto coa documentación acreditativa por este medio ou ben de forma impresa por algún dos procedementos previstos na Ley de Administracións Públicas.
Para máis información:
- Web Campus Científicos de verán 2014 : Programa, bases, instruccións, calendario, resolución e preguntas frecuentes.
- Guía para a presentación de solicitudes.
- Teléfono 91 425 18 18 (lúns a venres, de 9 a 13,10)
No hay comentarios:
Publicar un comentario