25/4/14

A figura do orientador/a: quen é? que fai?

Presentación en Prezi elaborada por María Gil e Purificación Sanjuän e coordinada por Cati Moyano que explica cales son as funcións do orientador/a nun centro educativo. Moi completa e clarificadora.

24/4/14

Materiais e recursos alumnado altas capacidades secundaria

Estupenda recompilación de recursos web efectuada por Blanca Gómez, asesora de capacidade intelectual do CTRADI (Centro Territorial de Recursos para la Orientación, la Atención a la Diversidad y la Interculturalidad) de Albacete.

Publicada pola Consellería de Educación da Comunidade de Castela-A Mancha, a guía inclúe ligazóns de recursos e materiais agrupados por materias para o seu emprego co alumnado con altas capacidades intelectuais na ESO.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://ticparaeducar.files.wordpress.com/2011/03/0-guc3ada-recursos-web-alumnos-altas-capacidades-secundaria.pdf

23/4/14

Adolescencia e autoestima

Presentamos aquí un conxunto de catro vídeos de curta duración editados pola Fundación Dove nos que se abordan as relacións entre a autoestima na adolescencia e o concepto de beleza e os estereotipos asociados a ela. Recurso idóneo para traballar o tema nas titorías dos cursos superiores da ESO.


AUTOESTIMA


SÉ TI MESMA/SÉ FELIZ


ESTEREOTIPOS


BELEZA DISTORSIONADA

14/4/14

Guía interculturalidade

"20 ideas para construir la interculturalidad y prevenir el racismo en educación": Documento realizado pola Secretaría de Políticas Sociais de FETE-UGT e o Departamento de Migracións Confederal de UGT.

Nun momento tan complexo como o actual, no que a globalización e a interculturalidade determinan gran parte da nosa vida cotiá e inflúe nas relación que establecemos con persoas de moi distintas procedencias culturais, é necesario repensar o sentido da educación e incorporar entre os nosos obxectivos prioritarios as estratexias de aprender a aprender, aprender a ser e aprender a convivir.

A guía resume o espíritu que hai que levar ás escolas, defendendo a xustiza, a igualdade e o compromiso contra o racismo e calquera outra forma de discriminación contra o ser humano.


Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.feteugt.es/data/images/2011/Pol%C3%ADticas%20Sociales/POLguia20ideas_contra_discriminacion.pdf
Fonte: feteugt.es

12/4/14

Intelixencia emocional. Guía para a familia

"Inteligencia emocional: el secreto de una familia feliz" é unha guía editada pola Comunidade de Madrid que nos ofrece unha visión práctica da intelixencia emocional aplicada á vida familiar. Inclúe un gran número de exercicios de gran utilidade para pais e fillos. Pode sintetizarse o obxectivo desta publicación citando á súa autora, Cristina Muñoz: "...el empeño por hacer de nuestros hijos personas maduras y adultas no puede lograrse de otro modo que prestando atención y acogiendo lo más profundo y genuino de su persona".

Na guía abórdanse as seguintes cuestións:
  • A intelixencia emocional na vida familiar
  • A intelixencia emocional no pai e na nai
  • A empatía
  • As emocións dos fillos
  • A aplicación da intelixencia emocional en situacións difíciles da vida familiar

Para acceder ó documento, fai clic na imaxe

http://psicopedia.org/wp-content/uploads/2013/07/GUIA-INTELIGENCIA-EMOCIONAL.pdf

11/4/14

"Pasa página al acoso escolar"

Libro de consulta para o profesorado, alumnado e familias con numerosos recursos para tratar o tema do acoso escolar na aula. Editado pola Biblioteca Civican Liburutegia, inclúe unha recompilación de obras de literatura infantil e xuvenil, enderezos web e películas.

Para acceder ó recurso, fai clic na imaxe

http://www.educacion.navarra.es/web/dpto/-/-pasa-pagina-al-acoso-escolar-gainditu-ezazu-eskola-jazarpena-nueva-guia-de-lectura-de-la-biblioteca-de-civican

7/4/14

8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano. Recursos



A comunidade xitana está constituida por uns 12 millóns de persoas que viven en moitos países de todo o mundo. En Europa, constitúe a minoría étnica más importante, con máis de 8 millóns de persoas, sendo este o continente onde está maioritariamente asentada. 

O Día Internacional do Pobo Xitano supón unha oportunidade para o recoñecemento dos xitanos, da súa historia, da súa lingua e da súa cultura; é tamén unha ocasión para chamar a atención sobre a discriminación de que aínda son obxecto. 

Nesta data se rememora o día de 1971 en Londres, data na que se instituíu a bandeira e o himno do pobo xitano.

Incluimos, de seguido, un conxunto de recursos para celebrar este día nas aulas. 



6/4/14

Adquisición de habilidades sociais

Neste vídeo aprenderás que son as habilidades sociais e para que son necesarias


Guía TIC para persoas con TEA

A Confederación Autismo España en colaboración con BJ Adaptaciones e a Asociación Desarrollo de Albacete, puxeron en marcha unha páxina web a modo de guía do uso das TIC en persoas con Tratornos do espectro autista. Trátase dunha web moi sinxela e visual na que se recrea un aula dotada de equipamento informático. Os obxectos da aula son interactivos e ofrecen información dos recursos dispoñibles en relación con cada un deles.

Para visitar a web, fai clic na imaxe

http://www.guiatictea.org/?utm_source=tiching&utm_medium=referral

Fonte: Blog de Tiching

5/4/14

Campus científicos de verán para Secundaria e Bacharelato


O Ministerio de Educación ven de abrir o prazo para participar nos Campus Científicos este verán. Se eres alumno de 4ºESO ou 1º de Bacharelato, podes solicitar ata o 26 de abril unha das 1.920 axudas para participar nos "Campus Científicos de Verano" en distintas universidades españolas durante unha semana de xullo. Terás que pagar 80 euros para a matrícula e o traslado de ida e volta.

Requisitos:
  • Estar matriculado en 4ºESO ou 1º Bacharelato.
  • Ter nacido despóis do 31 de decembro de 1996.
  • Non ter participado en edicións anteriores.
  • Ter unha media igual ou maior de 7,5 puntos no curso 2012/13.
Turnos

Poderás escoller entre catro:
  • Do 29 de xuño ao 5 de xullo, ou ben, do 6 ó 12 de xullo: 960 axudas para alumnado de 1º de Bacharelato.
  • Do 13 ao 19 de xullo, ou ben do 20 ao 26 de xullo: 960 axudas para alumnado de 4º ESO.
Tes que cumprimentar unha solicitude online e enviala xunto coa documentación acreditativa por este medio ou ben de forma impresa por algún dos procedementos previstos na Ley de Administracións Públicas.

Para máis información:

4/4/14

Ciberbullying. Recursos

Completísimo "symbaloo" con numerosos recursos sobre ciberbullying para pais, profesorado e alumnado. Basta con facer clic nas distintas etiquetas.


Déficit de atención. TDA e TDAH. Vídeo

Nos últimos anos producíuse un gran aumento de alumnado diagnosticado con déficit de atención. Con este vídeo explicativo poderás coñecer os factores que determinan un TDA (Trastorno por Déficit de Atención) e a diferenza deste co TDAH (Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade).

Para ver o vídeo tes que facer clic no símbolo de "Play" 

Fonte: think1.tv


Guías síndrome de Down. Coido da miña saúde e tamén podo axudar aos demáis

Colección de tres guías vencelladas ao desenvolvemento da autonomía persoal e á adquisición de coñecementos e competencias para poder atender cuestións sinxelas de saúde. Están dirixidas a adultos e adolescentes con Síndrome de Down e aos seus familiares, titores, profesores, etc.

Para acceder ás guías, fai clic nas respectivas imaxes


ACCIDENTES, URXENCIAS E PIMEIROS AUXILIOS

 Contidos:
1. Cómo evitar accidentes
2. Urxencias
3. Axuda aos demáis: persoa inconsciente, atragantamento, convulsións, parada cardíaca
4. As feridas
5. O sangue: hemorraxias
6. O naris: epistaxis
7. Os ollos: salpicaduras e legañas
8. Queimaduras
9. Picaduras e mordeduras
10. Os golpes: ¿estará roto?
11. Para máis información

https://docs.google.com/file/d/0B3b75EczJ6vsTFJKS3hZQnc1OWs/edit


HÁBITOS SAUDABLES 

Contidos:
1. As miñas revisións médicas
2. Alimentación e obesidade
3. Celiaquía e diabete
4. Hixiene
5. Para as rapazas: a regla
6. A actividade física
7. Saúde mental
8. Sexualidade
9. Outros hábitos saudables
10. Para máis información

https://docs.google.com/file/d/0B3b75EczJ6vsd3NyWXdwT1duZUU/edit


CONSELLOS BÁSICOS

Contidos:
1. Como pedir atención sanitaria
2. O meu botiquín
3. O uso de medicamentos
4. A febre e a dor
5. Outros síntomas: vómitos, diarrea, tos, mocos, estornudos
6. As infeccións
7. Para máis información 

https://docs.google.com/file/d/0B3b75EczJ6vscm1jV09Jd2QtMzg/edit

Fonte: Blog Profe PT

Diversidade. Guía de educadores e educadoras

Esta guía, elaborada por Cruz Roja Juventud, pretende:
  • ofrecer aos educadores e educadoras unha ferramenta didáctica para traballar cos menores valores como o respecto e a tolerancia, que son imprescindibles para preservar unha cultura da paz;
  • xerar nos menores unha avaliación positiva das diferenzas entre seres humanos;
  • xerar nos menores empatía, identificación e motivación na súa relación cos "outros".
A guía estructúrase en catro módulos:
  1. O primeiro módulo, Orientacións xerais para o educador ou educadora, aporta contidos, liñas de traballo e criterios para mellorar e facilitar o traballo da persoa que educa sobre a Diversidade.
  2. O segundo, A educación intercultural, consta de dúas partes. Na primeira, abórdanse os procesos individuais e sociais que explican as relacións con persoas doutras culturas e sociedades, incidindo en que deben asentarse sobre a base do respecto e a tolerancia para previr o racismo e a xenofobia. Na segunda,  explícanse tres cuestións: a desigualdade na distribución de recursos como causa importante dos fluxos migratorios; o cambio sofrido por España, de país emisor a país receptor de inmigración; e o marco lexislativo regulador en materia de estranxería.
  3. O terceiro módudo trata dos Dereitos Humanos.
  4. O último módulo está dedicado á Educación para o Desenvolvemento.
O manual complétase cunha bibliografía coa que poder profundizar en distintos aspectos relacionados co Desenvolvemento, os Dereitos Humanos, o fenómeno da inmigración e a Educación intercultural. Inclúe, finalmente, un listado de ligazóns de interese.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.cruzrojajuventud.es/portal/page?_pageid=1139%2C18011432&_dad=portal30&_schema=PORTAL30

3/4/14

"Manual de autocontrol para niños y adolescentes"

Este documento aborda o problema do autocontrol dende a perspectiva da perda de control explosiva, que inevitablemente desemboca en situacións de violencia verbal ou física. Trátase dun manual eminentemente práctico elaborado por Inma Araújo López como resultado do seu traballo con adolescentes e as súas familias no Centro de Atención al Menor "Alborada" (Vigo). Inclúe técnicas, estratexias, consellos e breves actividades para traballar con alumnado difícil.

Para acceder ó manual, fai clic na imaxe

http://psicopedia.org/wp-content/uploads/2013/07/Manual-de-Autocontrol-Adolescentes.pdf

Fonte: psicopedia.org

Guía de axuda para a elección profesional non sexista

Guía editada pola Agrupación de Desarrollo del Proyecto Diversidad Activa e a Iniciativa Comunitaria Equal. Dirixida a rapaces e rapazas, pretende axudarlles a reflexionar para que poidan tomar unha decisión madura e libre á hora de elixir o que queren estudar e en que queren traballar.

Introduce o concepto de "diversificación profesional", entendendo por tal o feito de coñecer todas as posibilidades que ofrece o mercado laboral, observar os cambios e as novas profesións que están xurdindo e, finalmente, tomar unha decisión sen deixarse influír polo feito de ser homes ou mulleres.

No índice recóllense as seguintes cuestións:
  1. Que é a diversificación profesional e en que te inflúe
  2. "El, ela, eu". Xénero e sexo
  3. Inflúe ser home ou muller á hora de elexir unha profesión ou para traballar?
  4. Como podo decidir ben?
  5. Decidirei despois de coñecer
  6. Algunhas recomendacións
  7. Onde acudir
Para acceder á publicación, fai clic na imaxe 

http://www.celem.org/diversidadactiva/pdf/Guia%20de%20Ayuda%20Profesional.pdf

Fonte: celem.org (Coordinadora Española para el Lobby Europeo de Mujeres)

Web con recursos para o alumnado inmigrante

Web do Principado de Asturias onde atoparás multitude de recursos, materiais on-line e novidades sobre a acollida do alumnado inmigrante e a ensinanza do español como segunda lingua. De consulta obrigada para docentes que escolaricen a este colectivo.
 
Conta con material específico segundo a orixe do alumnado. Así, por exemplo, temos recursos para o alumnado marroquí, chinés, rumano e doutras procedencias. Proporciona, ademáis, pautas para a avaliación inicial, documentos multilingües, información sobre os países de orixe, publicacións diversas e unha recopilación importante de ligazóns con materiais de interese.

En realidade, trátase dun programa de acollida que ten unha dobre finalidade:
  1. Ofrecer unha resposta aos novos retos que plantexa a pluralidade cultural nas aulas dende unha perspectiva inclusiva e intercultural
  2. Promover a educación intercultural para a todo o alumnado: coñecemento e valoración doutras culturas, adquisición das competencias de convivencia esenciais hoxe en día para vivir nunha sociedade cada vez máis diversa.
Para acceder á web, fai clic na imaxe
 
http://web.educastur.princast.es/proyectos/acogida/index.php/2012-12-05-12-53-12/enlaces
 

2/4/14

Adolescentes. Relacións de parella e violencia de xénero

Alumnos e alumnas do IES "Zurbarán", de Badajoz, expresan as súas opinións sobre as relacións de parella e a violencia de xénero. Compartes as súas opinións? O visionado deste vídeo pode dar lugar a un interesante debate na clase. Idóneo para empregar nas sesións de titoría cos cursos superiores da ESO. 

O vídeo forma parte dunha lista de reproducción do orientador Claudio Castilla que consta dun total de catorce dedicados todos eles á coeducación.

Trastornos do comportamento. Guía didáctica


A publicación "Trastornos del comportamiento. Guía Didáctica" foi elaborada por un equipo de profesionais da saúde (Pedro Javier Rodríguez Hernández, Mª Teresa Santamaría Ramiro e Ana Figueroa) e editada no ano 2010 polo Servizo de Promoción da Saúde da Dirección Xeral de Saúde Pública dependente do Servizo Canario da Saúde do Goberno de Canarias. Partindo da premisa de que os trastornos do comportamento son os principais motivos de consulta de causa non orgánica nos servizos de saúde, pretende aportar orientacións e pautas a familias, profesorado e outras persoas con responsabilidades educativas para dar resposta a esta problemática. 

No documento expóñense as consideracións máis importantes a ter en conta sobre ditos trastornos, como identificalos, cales son os tratamentos máis adecuados e cales as medidas preventivas máis eficientes. Máis concretamente céntrase no Trastorno por déficit de atención e hiperactividade, Trastorno negativista desafiante e Trastorno disocial.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www2.gobiernodecanarias.org/sanidad/scs/content/38e5ab86-39be-11e0-add7-255a9201262a/TrastornosComportamiento.pdf

Os estudos de Formación Profesional. Vídeos

Nesta lista de reproducción, que abrangue un total de 20 vídeos, atoparás información audiovisual -do Principado de Asturias- sobre os estudos de Formación Profesional.


1/4/14

A discriminación do pobo xitano. Fabuloso vídeo

Este vídeo, "Tus prejuicios son las voces de otros",  foi o lema da campaña de sensibilización social posto en marcha no período 2004-2006 pola Fundación Secretariado Xitano para combater en diferentes medios os prexuizos e estereotipos cara á comunidade xitana.


¿Queres estudar Traballo Social?

Laura e Alicia, dúas rapazas a piques de rematar un Grao en Traballo Social, explican que esta carreira prepara para traballar con persoas en contornos difíciles. Aconsellan non deixar de formarse e escoller a carreira que lle guste a un, aquela pola que se sinta unha auténtica vocación. O seu mellor consello para calquera titulación: paciencia e codos.


Bullying homofóbico nas escolas. Guías profesorado e alumnado

Manuais elaborados no marco do proxecto Schoolmates, promovido por Arcigay (Associazione LGBT italiana), polo consorcio de colaboración da Oficiña contra a discriminación baseada na orientación sexual da cidade de Viena e pola Asociación polaca KHP (Campaña contra a homofobia). O proxecto implementouse coa participación da Confederación española Colegas e foi cofinanciado pola Comisión Europea no marco do programa comunitario Daphne II.

A guía do profesorado ten como obxectivo aportar información, ideas e ferramentas prácticas ao persoal das escolas para axudar a prevenir e frear o bullying. Está centrada no bullying homofóbico (violencia cara aos estudantes que son percibidos como homosexuais), aínda que trata tamén do fenómeno do bullying en xeral. Este último defínese como a violencia exercida por alguén que se considera forte cara a outra persoa percibida como débil, sendo as motivacións para este tipo de comportamentos variadas (homofobia, racismo, sexismo, anti-semitismo, etc.). O patrón que presentan todos os casos responde á mesma dinámica de abusador-agresor e abusado-víctima.
 
Para acceder á guía para o profesorado, fai clic na imaxe


http://www.familiasporladiversidad.es/files/objetos/BULLYINGprofesores.pdf

Fonte: familiasporladiversidad.es (Asociación Andaluza de Madres y Padres con Hijas e Hijos Homosexuales, Bisexuales y Transgénero).
 
Pola súa banda, a guía para o alumnado ten como obxectivo proporcionar información, ideas e avisos prácticos sobre o bullying. Ao igual que o documento para o profesorado, céntrase máis específicamente no bullying homofóbico, pero aborda tamén as situacións de bullying máis en xeral. Os consellos proporcionados son de utilidade para todos os casos.

Para acceder á guía para estudantes, fai clic na imaxe

 
http://www.educatolerancia.com/pdf/Bullying_Guia%20para%20estudiantes.pdf

A adolescencia: consellos para as familias

A adolescencia é unha etapa chea de cambios. Os nen@s deixan de ser nen@s e empezan un novo camiño cara a etapa adulta.

Esta etapa é moi importante para a construcción da personalidade, a aprendizaxe, o descubrimento de novos gustos e intereses e a maduración sexual. Tamén é importante porque xeralmente cambia a relación do fill@ c@s proxenitores.

Pais e nais viven con preocupación certas conductas típicas d@s adolescentes: cambios de personalidade, contradiccións, oposicionismo, influencia dos iguais, etc.

Alumnado con Trastornos de Aprendizaxe. Guía

"Guía para entender y atender al alumnado con Trastornos de Aprendizaje (TA) en las aulas" é unha publicación editada polo Departamento de Educación do Goberno de Navarra. Dirixida ao profesorado, trata principalmente da disgrafía, da discalculia e da disortografía. Aínda que está máis centrada nos primeiros anos de escolarización, e tamén útil e aporta ideas para o alumnado de Secundaria: cuestións metodolóxicas, observacións, pautas de avaliación, etc.

O índice recolle os seguintes apartados:

  1. Introducción
  2. O que o profesorado ten que coñecer sobre os trastornos de aprendizaxe
  3. O profesorado na aula con alumnado con trastornos de aprendizaxe
  4. Adecuación e flexibilización da avaliación no alumnado con trastornos de aprendizaxe
Para acceder á guía, fai clic na imaxe


Fonte: creena

Intelixencia emocional e convivencia

Número 6 da Revista "Convives", dedicado á intelixencia emocional e convivencia.

Revista CONVIVES N_6 Marzo 2014 by CONVIVES