21/2/14

Guía para mellorar a inclusión do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

O obxectivo desta guía, editada pola CEAPA (Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais) é, como indica o seu subtítulo, contribuir a unha mellor comprensión do alumnado con necesidades educativas especiais e axudar á súa inclusión e á das súas familias.

Pretende dar respostas sinxelas e recursos útiles para solventar as dúbidas que pais e nais se plantexan cando os seus fillos e fillas lles fan preguntas en relación aos seus compañeiros e compañeiras de centro que teñen necesidades específicas de apoio educativo.

A súa orixinalidade radica en presentar a este alumnado a través da historia ficticia dun rapaz ou rapaza que é descrito dende a visión dun compañeiro ou compañeira de aula. Abórdanse deste xeito algunhas das necesidades educativas especiais máis comúns:
  • Trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH)
  • Trastornos do espectro autista (TEA)
  • Síndrome de Down
  • Trastorno específico da linguaxe (TEL)
  • Trastornos de aprendizaxe
  • Parálise cerebral
  • Discapacidade auditiva
  • Discapacidade visual
  • Altas capacidades intelectuais
  • Síndrome de Asperger
Para descargar a guía, fai clic na imaxe


http://www.ceapa.es/c/document_library/get_file?uuid=7213150d-d908-4b3a-989a-8e74c51202fb&groupId=10137

Fonte: ceapa.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario