31/12/14

Curtas con valor educativo

No blog "Crea y aprende con Laura", de Jesús Hernández, atópase un listado de curtametraxes con valor educativo (en torno a 300) que está a ser actualizado continuamente. Moitos deles son idóneos para empregar nas titorías. Convídovos a que lles botedes un ollo. Cada curta vai acompañada dun pequeno comentario explicativo.

29/12/14

"Cómo decírselo a tu familia". Guía para xoves LGTB

Guía editada pola Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuales y Bisexuales (FELGTB) coa colaboración da Asociación de Madres y Padres de Gais, Lesbianas, Bisexuales y Transexuales (AMPGYL) e subvencionada polo Ministerio de Sanidad y Política Social. O seu obxectivo é informar a rapaces e rapazas gais, lesbianas, bisexuais e transexuais do proceso polo que adoitan pasar as familias cando fillos e fillas lles revelan a súa identidade sexual e de como poden abordar este tema con elas. A guía se acompaña dunha relación de recursos para xoves LGTB e as súas familias.

Accede á guía facendo clic na imaxe

https://orientacascales.files.wordpress.com/2014/12/guiacomosalirdelarmario.pdf

26/12/14

"Las desventuras de Peter y Twitter". Vídeos

Presento aquí completa unha lista de reproducción da serie de animacións obra de Pantallas Amigas que leva por título "Las desventuras de Peter y Twitter". Nela figuran distintos consellos para que rapaces e rapazas fagan un uso responsable da rede social "Twitter". O protagonista dos vídeos é Peter, un rapaz un pouco inquedo e atravesado ao que lle gusta estar en contacto coas súas amizades e compartir cousas vía Internet. Twitter é unha das súas aplicacións favoritas, pero en ocasións, ben pola súa falta de experiencia, ben por mala sorte ou ben por descoñecemento de como funciona a famosa rede social, ten algúns problemillas.

A lista inclúe un total de doce vídeos. Cada un deles aborda unha cuestión concreta. Ao inicio figura un decálogo resumido sobre os dez consellos que compoñen o conxunto e un trailer de presentación da serie.

Un recurso didáctico e ameno para aprender o bo uso das redes sociais.

Becas Bacharelato en EE.UU. e Canadá. Fundación Amancio Ortega




A Fundación Amancio Ortega convoca 200 becas para alumnos e alumnas españoles interesados en estudar en Canadá e Estados Unidos un ano escolar equivalente ao Primeiro curso de Bacharelato.

OBXECTIVOS:
  • Mellorar os coñecementos de lingua inglesa e a formación integral do estudante.
  • Potenciar a capacidade de adaptación e aprendizaxe nun novo contorno.

SERVIZOS INCLUIDOS:

Cada unha das becas para o curso escolar 2015-2016 inclúe 3 fases: preparación e saída, estanza en Canadá ou Estados Unidos, e retorno á cidade de orixe.

REQUISITOS:

Dirixido a estudantes de 4º ESO do territorio español que teñan unha nota media de 7,5 en 3º ESO e 8 en inglés.

INSCRICIÓN:
Do 7/1/2015 ao 9/2/2015 
DOTACIÓN:

Escolarización nun centro educativo "High School" durante un curso escolar (10 meses, agosto/setembro de 2015 a xuño/xullo de 2016.

25/12/14

A diversidade sexual. Vídeo

A diversidade sexual explicada en tres minutos de manera didáctica y clara. Unha animación de Lionel Skliar e ilustrada por Apen (Juan Devoto) que formou parte do Festival de cine pola diversidade e inclusión en Buenos Aires (Argentina). O obxectivo desta curta é axudarnos a comprender a diversidade sexual e de xénero que existe na nosa sociedade, e explicarnos por que razón debemos aceptala e celebrala como algo positivo.



Deixo aquí o enlace á web, onde se clarifican conceptos como:
  • Sexo vs. xénero
  • Identidade de xénero vs. orientación sexual
  • Diversidade sexual e de xénero nas distintas culturas urbanas

21/12/14

Educación a favor da paz, a tolerancia e a igualdade. Guía familias

Guía editada pola CEAPA (Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos) cuxo título completo é "Educación para  a paz, a tolerancia e a igualdade, contra a violencia, a xenofobia e o racismo". O seu obxectivo é proporcionar ferramentas ás familias para que se poidan manexar na vida cotiá cos conflictos que xurden na casa ou que fillos e fillas traen da escola a casa. Consta dunha introducción seguida de sete capítulos nas que se abordan as seguintes cuestións:
  • O conflicto
  • Estilos de resolución de conflictos
  • O diálogo. Estilos de comunicación
  • Xestión e recoñecemento das emocións
  • Educación intercultural para evitar a xenofobia e o racismo
  • Estereotipos e prexuizos
  • Recursos a ter en conta
A súa lectura é amena. Os diferentes temas son tratados partindo de exemplificacións prácticas.

Accede á guía facendo clic na imaxe

http://www.ceapa.es/sites/default/files/uploads/ficheros/publicacion/Guia%20paz%20tolerancia%20e%20igualdad.pdf

20/12/14

Falar de adopción, tamén cando é difícil. Guía familias

Esta guía é froito da colaboración entre ARFACyL, CORA (entidades relacionadas cos procesos de adopción) e Grupo de Investigación AFIN . Hoxe en día, o discurso adoptivo está presente nas nosas vidas. A maioría das familias adoptivas practica unha comunicación directa cos seus fillos e fillas do feito adoptivo partindo do convenccemento de que xa non é algo que hai que ocultar, senon algo que forma parte das súas vidas. Agora ben, ¿seguimos a falar de adopción unha vez cumprido este trámite?

Desde a experiencia das asociacións de familias, sábese que non é así, que hai temas dos que non se quere falar, outros que se ocultan pola dor que espertan ou que hai familias que petenden levar a adopción como algo do pasado dos seus fillos e non do presente. 

O obxectivo da guía é constituir un instrumento de axuda ás familias para o diálogo e a comunicación cos seus fillos e fillas. Pretende así mesmo proporcionar algunhas claves para facilitar unha comunicación sana e aberta dentro da unidade familiar.

Simulador de entrevistas de traballo

Co simulador de entrevistas poderás mellorar as posibilidades de éxito nas túas entrevistas de traballo. Terás que afrontar diferentes entrevistas baseadas en ofertas reais. Selecciona o personaxe que máis se axusteao teu perfil e comeza o percorrido. Terás a posibilidade de realizar máis de 25 entrevistas distintas. Bo procedemento para entrenarse.

Accede ao recurso facendo clic na imaxe

http://www.educastur.princast.es/fp/hola/simulador/simulador.html

 Fonte: educastur

19/12/14

Guía do síndrome de Asperger para educadores

"Un viaje por la vida a través del autismo" ten como obxectivo axudar a entender e responder eficazmente nun entorno escolar inclusivo ás necesidades dos rapaces e rapazas que teñen síndrome de Asperger. Máis concretamente, a guía ten como finalidade:
  • Educar e preparar aos docentes para ter un estudante con Asperger na súa clase.
  • Describir o uso de estratexias académicas e ambientais apropiadas para promover o éxito.
  • Promover o desenvolvemento e emprego de estratexias que fomenten as relacións sociais cos compañeiros e interaccións sociais exitosas.
  • Animar a comunicación e a colaboración coas familias.
 A publicación está editada pola Organización para la Investigación del Autismo.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2014/12/Gui%CC%81a-del-Si%CC%81ndrome-de-Asperger-para-los-educadores.-.pdf

Fonte: Orientación Andújar

17/12/14

Como elexir profesión en FP. Guía

Sinxela guía de orientación profesional editada polo Ministerio de Educación para asesorar ao alumnado na súa elección de profesión na Formación Profesional. Estructúrase en tres partes:
  • Elexir unha profesión: profesións a vista de paxaro, profesións con gran futuro, momentos importantes na elección
  • O mundo laboral: o mundo do traballo, emprego por conta propia ou allea
  • Contactos: relación de páxinas e enderezos de interese
Accede á guía facendo clic na imaxe

http://www.todofp.es/dctm/todofp/revistacomoelegir/revistacomo-elegir.pdf?documentId=0901e72b81000aa9

O amor non doe

Pequeno video sobre a violencia de xénero entre adolescentes. Presenta distintas situacións falsamente identificadas como mostras de amor verdadeiro. Idóneo para reflexionar e promover un debate na hora de titoría.



16/12/14

Que estudar e onde. Buscador de titulacións universitarias (ANECA)

Buscador da ANECA (Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación) con información sobre as titulacións de Grao, Máster e Doutoramento ofrecidas polas universidades españolas. 


http://srv.aneca.es/ListadoTitulos/

"Qué estudiar y dónde en la universidad (QEDU)"

A aplicación que estudar e onde (QEDU) foi creada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para facilitar aos estudantes que queren acceder ás universidades españolas un conxunto de informacións que lles sexa de utilidade no momento de decidir que titulación estudar e onde cursala.A información dispoñible debe ser considerada exclusivamente a título informativo e orientativo, toda vez que non ten validez oficial e, xa que logo, non debe ser empregada con ese carácter.

Para acceder á aplicación, fai clic na imaxe

https://www.educacion.gob.es/notasdecorte/compBdDo


14/12/14

A Formación Profesional Básica en Galicia. Guía informativa

Guía informativa sobre a Formación Profesional Básica elaborada pola Consellería de Educación


Segundo se recolle nesta guía, 
  • A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en módulos profesionais  de duración variable.
  •  Os ciclos formativos de formación profesional básica teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos. Na modalidade de FP dual ata 3 cursos. 
  • Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe alomenos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais

INFORMACIÓNS BÁSICAS: 

PERFÍS PROFESIONAIS BÁSICOS:

Consulta aquí os perfís profesionais dos ciclos formativos básicos, onde atoparás información sobre: que se aprende a facer, ámbitos nos que se traballa, ocupacións que se desempeñan, módulos que se cursan, título que se obtén e estudos aos que se pode acceder.

NORMATIVA:

12/12/14

Portal sobre a selectividade

Portal da web educativa ExamTime sobre as probas de selectividade e o acceso á Universidade. Ofrece información, consellos. ferramentas e recursos de estudo gratuitos para o alumnado de Bacharelato. É preciso rexistrarse.

Accede á web facendo clic na imaxe

https://www.examtime.com/es/selectividad/

11/12/14

"NETIQUETA" nas redes sociais

A "Netiqueta" das redes sociais é un conxunto de normas de comportamento baseadas no respecto aos demáis. As persoas adoptan estas regras cando usan as redes sociais sin que ninguén llas teña timposto Fanno coa finalidade de disfrutar e beneficiarse mutuamente evitando os conflictos. Neste video destinado específicamente ao público adolescente atoparás algúns consellos.



A familia e o tempo libre

Sinxela e interesante presentación elaborada por Avantis. Centre d'educació infantil sobre a familia e o tempo de lecer. Nela recóllense os seguintes puntos:
  1. Definicións e orixe
  2. O tempo libre: tempo de descanso, de diversión e de crecemento
  3. Funcións do desenvolvemento de un ocio e tempo libre saudables
  4. Os pais como modelo de ocio para os seus fillos
  5. O ocio compartido en familia
  6. Creación de espazos de ocio familiar
  7. Consellos pedagóxicos e conclusións
  8. Ideas de rutas e/ou excursións para facer coa familia

10/12/14

Ocio e tempo libre. Guía para familias

Guía para familias publicada por Madrid Salud que aborda o tema do emprego do tempo de lecer polos adolescentes. Inclúe consellos e recomendacións sobre as seguintes cuestións:
  1. Funcións do desenvolvemento dun ocio e tempo libre saudable
  2. Os pais como modelos para o ocio dos seus fillos
  3. O ocio compartido en familia
  4. A creación e mantemento de espazos de ocio familiar
Accede á publicación facendo clic na imaxe

http://www.madridsalud.es/publicaciones/adicciones/doctecnicos/Ocio_y_TiempoLibre.pdf

"AISLADOS": Videoxogo para a prevención de drogodependencias

"AISLADOS" é un proxecto de prevención de drogodependencias e outros comportamentos de risco dirixido a adolescentes. O obxectivo é que aprendan mentras xogan. Para elo propóñense ferramentas innovadoras e próximas ao adolescente (o videoxogo e o xogo de rol) como plataforma para a aprendizaxe activa e lúdica de habilidades sociais, cognitivas e emocionais (habilidades para a vida). 

O proxecto preséntase en dous formatos diferentes baseados nos mesmos principios e guión argumental: un videoxogo gratuito e un xogo de rol. O programa e o seu enfoque metodolóxico foron recoñecidos polo Observatorio Europeo de Dependencias e Toxicomanías (OEDT), sendo incluido na base de datos EDDRA, onde están recollidos os programas preventivos de referencia en Europa.

O procedemento do xogo é sinxelo: O alumnado ten que rexistrarse e xogar, poñéndose na pel do seu personaxe (baseado na súa propia persoa) durante o desenvolvemento dunha aventura misteriosa. Mozos e mozas machan de viaxe de fin de curso nun barco. Ao longo da viaxe, no barco van ocurrindo unha serie de couss que terán que resolver ou solucionar. A cousa vaise complicando e acaban naufragando, chegando a unha illa aparentemente deserta .... onde se ven sometidos a distintas probas, eventos, árbores decisionais e minixogos. O programa inclúe unha guía didáctica para os docentes .
 
Na zona para educadores, o profesorado pode obter un feedback sobre o rastro deixado por mozos e mozas que serve para saber cal é o bloque de contidos que debe ser prioritario para cada grupo (asertividade, toma de decisións, autoestima e relacións interpersoais).

Poden xogar na súa casa ou na aula de informática do centro.

Fai clic na imaxe para acceder ao xogo

http://www.aislados.es/

Fonte: Orientación Andújar

Promoción de hábitos saudables a través do ocio. Guía para familias

Guía elaborada pola Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos  (CEAPA) para servir como ferramenta educativa no contorno familiar. O obxectivo que persigue é promover unha alimentación sana, vencellada ao deporte e ao tempo de ocio saudable en familia, así como fomentar estilos de vida responsables que servirán para facilitar a toma de decisións e a autonomía na prevención doutros consumos que poidan supoñer situacións de risco. A publicación recolle información práctica xunto con consellos e recomendacións para inculcar estes hábitos nos nenos e nenas dun xeito eficaz.
Accede á guía facendo clic na imaxe

http://www.fundadeps.org/recursos/documentos/674/Guia-HabitosSaludablesOcio-CEAPA.pdf

9/12/14

Como compartir a vida en igualdade. Guía

Esta guía práctica para mozos e mozas está editada polo Consejo de las Mujeres del Municipio de Madrid co fin de traballar os valores de igualdade entre homes e mulleres. As súas autoras son Luz Martínez Ten e Rosa Escapada Garrachón. En cada un dos capítulos temáticos de que consta o documento, atoparás propostas de actividades para a aula. Os temas abordados son os seguintes: 
  1. Pensar a vida en igualdade.
  2. Primeiros pasos para aprender a compartir a vida en igualdade.
  3. Compartir o pasado.
  4. Compartir o futuro.
  5. Compartir a casa.
  6. Compartir a linguaxe.
  7. Compartir o coidado do medio ambiente.
  8. Compartir para participar.
  9. Compartir a igualdade desde o respecto á diversidade.
  10. Compartir os afectos en igualdade.

 Accede ao documento facendo clic na imaxe

http://www.mujeresenred.net/IMG/pdf/guiacompartir.pdf


Fonte: Mujeres en Red

Non máis violencia de xénero

Durante o mes de novembro, o tema central dos tweets do equipo de "Tuitorientadoras e Tuitorientadores de Guardia"a través da súa conta de Twitter, foi a prevención da violencia de xénero, co hashtag #NoMásViolenciaDeGénero. Podes consultar as principais aportacións no seguinte Storify elaborado por Alberto del Mazo e publicado no blog Orientapas:

Accede ao Storify facendo clic na imaxe


5/12/14

Guía de orientación educativa

http://www.prensaescuela.es/actividades/profesores/libros-y-guias/guia-de-orientacion-educativa#.VIFfz4HAAVo.twitter



Esta Guía de orientación educativa comprende unha selección  de artigos publicados pola orientadora Ana Torres Jack en La Voz en la Escuela, suplemento de La Voz de Galicia, entre os anos 1998 e 2008. Divídese en dous grandes bloques: Acción Titorial e Orientación familiar. Inclúe ademáis un apéndice onde se analiza o porque, para que e como da existencia dos Departamentos de Orientación nos centros educativos.

Accede á web de Prensa-Escuela facendo clic na imaxe

3/12/14

Nº 8 da revista CONVIVES: As direccións e a xestión da convivencia

O nº 8 da revista CONVIVES está dedicado ao papel das direccións na xestión da convivencia. Aconsellamos a súa lectura a tódalas persoas interesadas nesta temática.

Reforzo educativo e apoio especializado: Diferencias

O coñecido pedagogo Jesús Jarque explica, nunha entrada de Mundo Primaria, cales son as diferencias entre reforzo educativo e apoio especializado, dous conceptos que hai que ter claros. Ámbolos dous teñen en común o feito de ser medidas de atención á diversidade para dar resposta ás dificutades de aprendizaxe do alumnado, pero non son o mesmo.

Accede ao artigo facendo clic na imaxe 

http://www.mundoprimaria.com/pedagogia-primaria/refuerzo-educativo-y-apoyo-especializado.html


2/12/14

Revista "Educar y orientar" (COPOE)

A Confederación de Asociacións de Psicopedagoxía e Orientación de España (COPOE) ven de publicar o número 1 da revista "Educar y Orientar". A publicación nace coa vontade de ser unha guía de apoio á orientación e aos orientadores e orientadoras.  O seu deseño é atractivo e funcional. Consta dos seguintes apartados:
  • editoriais analíticos e críticos coa situación da orientación en cada momento, temas de interese profesional e propostas de mellora;
  • artigos de debate e opinión (filosofía e praxis da orientación e do traballo dos orientadores e orientadoras);
  • desenvolvementos teórico-conceptuais e metodolóxicos aplicados;
  • exposición de experiencias, obradoiros e programas aplicados (prioridade para as experiencias de orientacion, atención á diversidade, Tics e novas tecnoloxías, acción titorial, orientación profesional e convivencia); e finalmente,
  • a fiestra das asociacións, onde se publicarán as comunicacións das diferentes asociacións que forman parte de COPOE (un total de 22).
A publicación, da que sairán dous números anuais (maio e novembro), está aberta a todos os profesionais da orientación, dende o ámbito universitario aos centros de ensino.

Accede ao primeiro número facendo clic na imaxe

http://www.copoe.org/revista-copoe-educar-orientar/Educar-Orientar_COPOE_n1_Noviembre2014.pdf

1/12/14

Entrega de Premios OrienTapas 2014 de Orientación Educativa y TIC

Comparto nesta entrada o vídeo de Alberto del Mazo en OrienTapas . Nel explícase o proceso seguido para a concesión dos Premios Orientapas 2014 e preséntanse os finalistas e gañadores. O vídeo corresponde a entrega de premios virtual. Recordo aquí que Silvina Paricio orienta foi un dos finalistas na categoría A: Blogs de orientación educativa. Todo un honor.


30/11/14

O teu futuro profesional 2.0: Programa de orientación

O teu futuro profesional 2.0 é un programa de orientación académica e profesional on line dirixido a estudantes, titores e familias. Pretende facilitar o autocoñecemento e a toma de decisións sobre os diferentes itinerarios educativos e profesionais.

O programa estrutúrase en catro módulos que ofrecen actividades varias e cuestionarios que te poden axudar no proceso de toma de decisións.

A medida que vas respondendo ás distintas tarefas, os resultados quedan recollidos no teu  portafolio de orientación profesional que te permitirá elaborar unha adecuada exploración e planificacion da carreira profesional.

Para poder ejecutar o programa, precisas rexistrarte.


Accede á web facendo clic na imaxe


http://tfp20.es/principal.php

28/11/14

Guía práctica para a búsqueda de emprego

A través do excelente blog orientaguía , do orientador Claudio Castilla, accedo a esta breve guía para a búsqueda de emprego, editada pola Fundación Adecco. Trátase dun caderno eminentemente práctico que inclúe 15 exercicios. A guía compleméntase con 15 consellos publicados na web que gardan relación con eses mesmos exercicios.

Para acceder ao manual, fai clic na imaxe

guía de búsqueda de empleo


Para acceder aos consellos, fai clic nos distintos epígrafes
  1. A actitude
  2. A perseverancia
  3. A paciencia
  4. A planificación
  5. Búsqueda multicanal
  6. Redes sociais
  7. Networking
  8. O currículum, a nosa carta de presentación
  9. O reto da entrevista de traballo
  10. A linguaxe non verbal
  11. Como controlar os nervios na entrevista
  12. A formación.
  13. Convirte as túas debilidades en fortalezas

27/11/14

Guía saudable para adolescentes

Breve guía editada por Edulp Editorial (Editorial de la Universidad de la Plata, Argentina) con información e consellos para que os adolescentes disfruten dunha vida saúdable. Nela abórdanse as seguintes cuestións: que é a saúde, alimentación, actividade física, prevención de adiccións, ...

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://www.fundadeps.org/recursos/documentos/685/Guia%20Salud%20para%20Adolescentes.pdf

Dictame de escolarización

O coñecido pedagogo Jesús Jarque explica nesta entrada de Mundo primaria en que consiste o dictame de escolarización, cal é o seu contido, quen o elabora, que é o que asinan os pais, cales son as diferencias co informe psicopedagóxico e outras cuestións importantes. De interese para profesionais da orientación.

Accede á información facendo clic na imaxe

http://www.mundoprimaria.com/pedagogia-primaria/dictamen-de-escolarizacion.html

24/11/14

X - IGUAL: Programa de promoción da igualdade para adolescentes

X-IGUAL é un proxecto vencellado á igualdade de xénero, aos videoxogos e ao alumnado adolescente. As persoas destinatarias son o profesorado de Educación Secundaria, educadores de centros de educación non formal, o alumnado entre 12 e 17 anos e as súas familias. Por unha banda, quérense ofrecer aos docentes recursos (actividades, xogos, fichas, etc.). Por outra banda, a web quere ser un referente para as familias onde poidan consultar boas prácticas e claves para poder tratar o tema cos seus fillos e fillas.

A páxina creouse pensando nas TIC e, sobre todo, nos videoxogos como eixo transversal. Nela reflexiónase sobre o sexismo, a violencia de xénero, os medios de comunicación, a imaxe da muller, a corresponsabilidade, o papel da muller no mundo laboral e a situación da muller no mundo, empregando para elo as TIC e a análise de videoxogos actuales.

Compre destacar que o proxecto X-IGUAL gañou o segundo premio como mellor servizo nos Premios Expodidáctica á Innovación 2012.

Este programa educativo é unha iniciativa da Fundación Pere Tarrés e foi posible gracias á financiación do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio dentro do Plan Nacional de Investigación Cientítica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011 (Plan avanza).

Accede á web facendo clic na imaxe 

http://www.x-igual.org/index.php/es/


Fonte: Grazas a Orienta guía en facebook por proporcionar a referencia. A información foi extraída de educ@contic

22/11/14

Cancións sobre a violencia de xénero

Pastora Astray, orientadora no CPI de Panxón, ofrece no seu blog unha lista de reproducción de 21 cancións sobre a violencia de xénero moi útiles para traballar o 25 de novembro. Accede ás cancións facendo clic na imaxe.


https://www.youtube.com/watch?v=2iwo5ZcVh1w&list=PLHT0BJtlC94dOF-X02RFKVMQihPaefFU_&sns=tw

Orientacións e propostas para a atención ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Guías editadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia -dentro da colección "Orientacións e respostas educativas"- dedicadas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo:

1. Alumnado con trastornos xeneralizados do desenvolvemento: Utilizar o termo “trastornos xeneralizados do desenvolvemento” (TXD) supón a referencia a un variado grupo de trastornos de orixe neurobiolóxica que aparecen nos primeiros anos da vida e que afectan ás capacidades de relación, comunicación e imaxinación. Accede á publicación facendo clic na imaxe.

 http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/learningobject/2011/12/12/9f2ec50dd57663dd2e0ab68d98eb7398.pdf 

2. Alumnado con problemas de conducta: Enténdese que unha alumna ou un alumno presenta necesidades educativas especiais por un trastorno grave de conduta cando presenta alteracións mentais, emocionais ou do comportamento que, pola súa intensidade, frecuencia e duración, limitan o seu desenvolvemento educativo, a súa capacidade de axuste e adaptación, así como o xeito de enfrontar e resolver situacións cotiás. Considéranse trastornos de conduta, entre outros, o trastorno por déficit de atención con hiperactividade, os comportamentos negativistas desafiantes, o trastorno disocial, a violencia entre iguais e os trastornos de ansiedade. Accede á guía facendo clic na imaxe.

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/learningobject/2011/12/09/c59a3a0047a1d4db55fa1db366365379.pdf

3. Alumnado con discapacidade visual: Considérase que unha persoa presenta deficiencia na súa capacidade de visión cando ten unha perda ou disfunción nunha estrutura ou función psicolóxica, fisiolóxica ou anatómica que diminúe polo menos un terzo a súa capacidade visual para desenvolver actividades propias dunha persoa sen discapacidade, en situación análoga de idade, sexo, formación, capacitación social, familiar e localidade xeográfica. Accede á guía facendo clic na imaxe.

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/learningobject/2011/12/09/d9e927ba9b343f45085c75d9a4d43703.pdf

4. Alumnado con discapacidade motora: de forma xeral, podemos dicir que as discapacidades motoras abranguen un grupo de alteracións do aparello motor (ósos, articulacións, músculos ou sistema nervioso implicado na regulación da mobilidade), debidas a diferentes causas, en graos e formas variables e que de maneira transitoria ou permanente supoñen algunha limitación ou imposibilidade funcional para unha persoa. No ámbito educativo, polo xeral, requiren de adaptacións para acceder ao currículo ordinario. Xunto coas disfuncións propias do aparello motor, poden presentarse algúns trastornos asociados (alteracións sensoriais, trastornos neurolóxicos, dificultades na percepción, alteracións da linguaxe, dificultades cognitivas e de atención, alteracións emocionais e socioafectivas...). Fai clic na imaxe para acceder á guía.

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/learningobject/2011/12/09/3979f3f329f6f553bdd3bf13baa5e0bc.pdf

5. Alumnado con discapacidade intelectual: A consideración de discapacidade intelectual require da coexistencia de  tres criterios relacionados entre si: a existencia dun funcionamento intelectual significativamente inferior á media, a presenza de dificultades en dúas ou máis habilidades adaptativas e que se manifeste antes dos 18 anos. O funcionamento intelectual fai referencia a un nivel de intelixencia inferior ao medio. Ao falar de habilidades adaptativas, faise referencia á eficacia das persoas para adaptarse e satisfacer as esixencias do seu medio. Estas habilidades deben ser relevantes para a idade de que se trate, de tal xeito que a ausencia delas supoñan un hándicap. Con respecto ao referido á idade, o normal é que unha discapacidade intelectual significativa se detecte xa en idades temperás. En relación con isto, cómpre comentar tamén que a discapacidade intelectual pode darse soa ou xunto con outras discapacidades ou síndromes. Por último, respecto da súa orixe, cómpre dicir que esta pode ser moi diversa. Accede á guía facendo clic na imaxe.

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/content_type/learningobject/2011/12/09/eb958df5c4d7e50448fd14e1bd1a0e04.pdf

6. Alumnado con sobredotación intelectual: Enténdese que unha persoa ten sobredotación cando presenta unha capacidade intelectual moi superior á esperada para a súa idade, unha alta creatividade e un alto grao de motivación e perseveranza. Accede á guía facendo clic na imaxe.

http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/sobredotacion.pdf

7. Alumnado con trastornos da aprendizaxe: Considérase que unha alumna ou un alumno presenta dificultades específicas de aprendizaxe cando o seu rendemento en relación á adquisición e uso dunha ou varias das capacidades de comprensión e expresión oral, lectura, escritura, razoamento e cálculo matemático é significativamente discrepante co seu potencial de aprendizaxe. Accede á guía facendo clic na imaxe.

http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXC/trastornos_aprend.pdf

21/11/14

Campaña contra la violencia en el noviazgo

No blog Entre pasillos y aulas, do orientador Miguel Ángel Valverde Gea, atópase unha completísima entrada cun conxunto de actividades para traballar a violencia en parellas adolescentes na titoría. Dentro desa serie de actividades, chama a nosa atención un grupo de vídeos que forman parte dunha campaña contra a violencia no noivado. Trátase de diferentes spots de propaganda cívica realizados por distintas institucións e estudantes de Latinoamérica. O seu visionado resulta adecuado para rapaces e rapazas dos cursos superiores da ESO o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.









Que facer se a miña filla foi maltratada. Guía

Guía de recursos para as familias e amizades de adolescentes e mulleres novas que teñen padecido ou padecen violencia por parte das súas parellas. Atopada no xornal feminista Mujeres en Red , a súa autora é Sonia Vaccaro. Nela abórdanse os seguintes puntos:
  • Introducción (p. 5)
  • Que podo facer? (p. 13)
  • Que debo facer? (p. 19)
  • Ata onde involucrarse? (p. 27)
  • Cando intervir? (p. 29)
  • Como podo axudarlle? (p. 33)
  • Onde recorrer? (p. 39)
  • Recursos (p. 41)
  • Bibliografía de consulta (p. 46)
Recurso idóneo para falar del o 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero.

Accede á guía facendo clic na imaxe

http://www.mujeresenred.net/IMG/pdf/guiapadresymadres.pdf

20/11/14

"En la red tampoco me controles"

A web www.enlaredtampoco.com é unha Líña de Axuda creada por PROTÉGELES en colaboración co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. O seu obxectivo é facilitar un recurso para poder previr e intervir en situacións de VIOLENCIA DE XÉNERO E SEXISMO entre menores e que se producen A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

PROTÉGELES é o responsable do CENTRO DE SEGURIDADE EN INTERNET en España, dependente da Comisión Europea.

PROTÉGELES pon a disposición dos menores un equipo de abogados e de psicólogos para axudalos e asesoralos nos pasos a seguir de maneira profesionalizada e gratuita.

A web aborda as seguintes cuestións:
  • Introducción
  • TICS e violencia
  • Mitos
  • Sinais de alarma
  • Pautas
  • Como previr
  • Aspectos legais
Accede á web facendo clic na imaxe

http://www.enlaredtampoco.com/index.php

18/11/14

Consentimento nas relacións afectivo-sexuais: Guía didáctica

Educabarrié, a aportación da Fundación Barrié á Comunidade Educativa, recomenda traballar a Unidade Didáctica Ktorce18 -incluída nesta guía- o 25 de novembro, Día Internacional da violencia contra a muller. A autoría correspóndelle á Asociación Arela e o destinatario é o alumnado dos cursos superiores da ESO e Bacharelato. Nela abórdanse aspectos de tanta importancia como previr e sensibilizar sobre a violencia de xénero ou detectar situacións de risco de violencia física, psíquica e sexual. Máis concretamente, na unidade trátanse de identificar algunhas das complicacións existentes no acceso da adolescencia á sexualidade compartida perseguindo como obxectivos, ademáis dos mencionados, os seguintes:
  • Axudar aos e ás adolescentes a practicar distintas formas de decir "non" ás presións para ter relacións sexuais.
  • Tratar os riscos dunha relación sexual non consentida, e a influencia do alcohol e doutras substancias na vontade.
Accede á unidade facendo clic na imaxe

http://www.educabarrie.org/sites/default/files/recurso_educativo/fich_guia/arelaconsentemento__0.pdf

16/11/14

Exercicios para traballar a atención con adolescentes

Olga Rodríguez, autora do magnífico blog La carpeta de Olga, presenta dous cadernos de exercicios para traballar a atención elaborados por ela mesma. Resultan de extraordinaria utilidade para o alumnado adolescente con Trastorno por déficit de atención con/sin hiperactividade.

Fai clic nas imaxes para acceder aos cadernos

https://docs.google.com/file/d/0B4kxH9HDVZCbUzVyVlhwbmUzQnM/edit


https://docs.google.com/file/d/0B4kxH9HDVZCbTlQ5UkFpWklDX0k/edit

Fonte: Atopados no blog La Canopea

13/11/14

Guías de recursos para a coeducación

O 25 de novembro de cada ano celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Dende o ámbito educativo, temos que traballar a coeducación como un dos valores transversais ao currículo escolar, garantindo a educación en igualdade para rapaces e rapazas. Na rede existen diversos materiais para traballar esta temática. Facilito aquí dúas guías dirixidas ao profesorado editadas respectivamente pola Junta de Andalucía e o Principado de Asturias. As dúas inclúen un bo número de referencias a recursos como vídeos, películas, enlaces web, libros, revistas, artigos, etc.

Fai clic nas correspondentes imaxes para acceder a cada guía

COEDUCACIÓN. GUÍA DE RECURSOS
 
http://www.educarenigualdad.org/media/pdf/uploaded/old/Mat_177_guia_de_los_recursos.pdf


GUÍA DE RECURSOS PARA LA COEDUCACIÓN

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~14004701/images/Coeducacion/Guiarecursoscoeducacion.pdf

12/11/14

PREMIOS ORIENTAPAS DE BUENAS PRÁCTICAS EN ORIENTACIÓN EDUCATIVA Y TICS

Alberto del Mazo convoca, a través de su blog OrienTapas, los Premios OrienTapas 2014, denominados "Buenas Prácticas en Orientación Educativa y TIC".



¡¡¡ Silvina Paricio orienta ha sido seleccionado como finalista!!!, todo un honor y, sobre todo, un reconocimiento a un trabajo realizado con gran interés y ánimo de resultar de utilidad para la comunidad educativa.


Para seleccionar a los ganadores, se ha abierto al público un plazo de votación del 10 al 24 de noviembre. Puedes votar, si así lo deseas, cubriendo este formulario.   

Silvina Paricio orienta participa por la categoría "A" "Mejor blog de Orientación Educativa", donde figuran un buen número de blogs de extraordinaria calidad.

El premio carece de dotación económica, pero supone un reconocimiento al trabajo bien hecho por parte de profesionales de la orientación y, más en general, miembros de la comunidad educativa.

Los ganadores se darán a conocer el 29 de noviembre de 2014 en el blog Orientapas durante las II Jornadas Nacionales de Orientación Educativa celebradas en Madrid.

11/11/14

Recompilación de vídeos sobre a violencia de xénero

Interesante recompilación de vídeos para denunciar e actuar contra a violencia de xénero atopada na web No más violencia de género "José Antonio Burriel". Algún dos vídeos está en inglés, francés ou incluso alemán, pero contan con subtítulos en español agás un. Iste feito non é un obstáculo para o seu visionado, pois a mensaxe enténdese con claridade. Recurso moi recomendable para tratar nas titorías cos cursos superiores da ESO.

SI LOS HOMBRES FUERAN MUJERES


ESTE NO ES EL TÍPICO TUTORIAL DE MAQUILLAJE


TODOS SOMOS VÍCTIMAS EN LA VIOLENCIA DE GÉNERO


LA CAMPAÑA DE VIOLENCIA DE GÉNERO QUE ARRASA EN RUSIA


CORTOMETRAJE CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO. SECUELAS


DESENFOCADA, CORTOMETRAJE SOBRE EL MALTRATO PSICOLÓGICO


NO AGUANTO A TUS PADRES

Guía de educación sexual

Publicación editada polo concello de Elche coa intención de que sexa unha ferramenta didáctica e de consulta para a mocidade. O seu obxectivo é promover a saúde afectivo-sexual, proporcionando información sobre métodos anticonceptivos e recursos que favorezan o exercicio dunha sexualidade responsable.

Para acceder á guía, fai clic na imaxe

http://elchejuventud.es/data/descargas/guia_es_infojove-infosex.pdf