13/12/13

Documentos TV. "Palabras al viento: La dislexia"

Interesante reportaxe de Documentos TV onde se aborda o problema da dislexia, unha das causas de fracaso escolar que afecta a un 4% da poboación. Nenos e nenas que sofren este trastorno narran, coas súas familias, as dificultades que atopan para ser comprendidos. Tamén adultos que conviven coa súa dislexia, como o actor Gabino Diego ou o escritor Boris Izaguirre, contan como conseguiron facer fronte ás dificultades e ter un desenvolvemento profesional satisfactorio. Así mesmo, distintos expertos explican en qué consiste a dislexia e cales son as súas causas.

Para acceder ó video, fai clic nesta ligazón

No hay comentarios:

Publicar un comentario