31/12/13

60 recomendacións para intervir no TDAH na aula

Material editado pola fundación Cadah (Cantabria Ayuda al Déficit de Atención e Hiperactividad). Expón, a través dunha sinxela presentación, un conxunto de pautas sobre como actuar na aula co alumnado con Trastorno de Déficit de Atención. Dirixido aos docentes. Os consellos son aplicables tanto na etapa de Primaria como de Secundaria.
 

JURAMENTO ANTI-LOMCE POR JURJO TORRES SANTOMÉ

 
Hoy, 30 de diciembre de 2013, ha entrado en vigor la Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa, una ley cuya gestación antidemocrática, junto con la perversa filosofía que la inspira, han sido ampliamente criticadas por los distintos sectores de la comunidad educativa. Es por esto que deseo manifestar mi más rotunda oposición a dicha ley, contraria a los principios de la justicia social, y me adhiero al juramento de JURJO TORRES SANTOMÉ (Catedrático de Didáctica y Organización Escolar de la Universidad de A Coruña) publicado en su página web jurjotorres.com.

 
1546193_10151791513167056_1910701839_n
 


30/12/13

Manual de axuda para persoas con discapacidade intelectual

Este manual, publicado no 2012 e do que é autora Mª del Mar González Noriega, ten como obxectivo permitir, tanto ás familias de persoas con discapacidade como aos voluntarios e voluntarias que traballan con elas, ter una referencia sobre o mundo destas persoas para compartir con normalidade as súas vidas. O texto inclúe:
  • nocións básicas da discapacidade intelectual
  • consellos de actuación tras o diagnóstico
  • papel da familia e do voluntariado
  • desenvolvemento afectivo-sexual
  • educación
  • transición á vida adulta
  • enbellecemento, ocio
  • datos de interese sobre organización e centros nas diferentes comunidades autónomas

Alumnado xordo en Secundaria

"Alumnado sordo en Secundaria. ¿Cómo trabajar en el aula?" é una obra colectiva concebida, creada e realizada pola Confederación Estatal de Personas Sordas (CNSE). A información estructúrase arredor de tres capítulos:
  1. Identificación do alumnado xordo
  2. ¿Que debemos facer na aula?
  3. ¿Que debemos facer fóra da aula?
Útil para docentes e profesionais da orientación.

Alumnado Sordo en Secundaria by Silvina Paricio Tato

"Construye tu mundo: Programa de prevención escolar de conductas de riesgo"

Programa que ten como obxectivo a prevención do consumo e drogas e as conductas de risco no ámbito escolar. Dirixido ao profesorado de infantil, primaria e secundaria. Pretende contribuir a desenvolver en nenos, nenas e adolescentes una personalidade autónoma, crítica e reflexiva, orientando a rapaces e rapazas cara a un estilo de vida máis saúdable e alonxado dos riscos.
 
Para acceder ó programa, fai clic na imaxe
 
http://www.construyetumundo.org/
 

Sexpresan: Multimedia para a educación afectivo-sexual

Material didáctico multimedia dedicado á educación afectivo-sexual, á coeducación e á prevención da violencia de xénero. Contén videos, actividades interactivas, unha guía didáctica e un sex-diccionario. Dirixido tanto ao profesorado como ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria e Post-obrigatoria. A empregar tanto na educación formal como non formal. Edita a Consejería de Educación, Cultura y Deportes do Gobierno de Canarias.
Para acceder ó material, fai clic na imaxe
 
http://eps.aragon.es/juno-alumno/sexpresan.html
 

29/12/13

"Nos hemos separado: ¿y nuestros hijos?"

Guía de actuación para proxenitores
 

Guía de orientación para familias con adolescentes

Editada pola Consejería de Educación da Junta de Andalucía, esta guía, destinada a país e nais, presenta a información estructurada arredor de dous grandes bloques. No primeiro bloque -relacións e familias- abórdanse as seguintes cuestións:
  1. características da pubertade e a adolescencia
  2. características das familias con adolescentes
  3. piares para una adecuada relación familiar
  4. saúde e axuste na adolescencia
No segundo bloque -familia e centro- trátanse os seguintes puntos:
  1. aspectos persoais que interveñen na aprendizaxe do adolescente
  2. importancia do apoio e a implicación da familia no axuste e rendemento escolar do alumnado
  3. as familias con fillos e fillas con necesidades educativas especiais
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
 
 
http://diversidad.murciaeduca.es/orientamur2/gestion/documentos/guia_de_orientacion_para_familias_con_adolescentes.pdf
 

27/12/13

Estudo: Guías e estratexias

Completísima páxina web dedicada por enteiro ás técnicas de estudo para un nivel avanzado. A información xira arredor dos seguintes eixos temáticos:
  • Aprender, aprender con otros, estudar
  • Internet: procura de información
  • Xestión do tempo e proxecto
  • A escritura
  • Pensar e os exames
  • Lectura, a investigación
  • Ciencias e Matemáticas 
Para acceder á web, fai clic na imaxe
 
http://jhergony.sharedby.co/share/dACj6d
 


A tartamudez: Guía para as familias

Esta guía, editada pola Fundación Española da Tartamudez, pretende servir de orientación ás familias do alumnado que presenta este problema. Nela abórdanse as seguintes cuestións:
  • Disfluencias normais e atípicas
  • Pautas a seguir
  • Causas e orixe do problema
  • A procura de axuda profesional
  • O tratamento
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
 
http://www.educapeques.com/contenidos/TARTAMUDEZ_PADRES.pdf

Fonte: Educapeques.com
 

"Guía de los buenos amores"

Guía editada polo Consello da Xuventude de Navarra. A súa finalidade é ensinar a identificar a violencia e distinguila do amor nas relacións de parella como medio para previr os malos tratos. Nela abórdanse os seguintes puntos:
  • Amor san e amor insán
  • Mitos do amor romántico
  • Violencia de xénero
  • Amor saúdable
  • Recursos sobre o tema e glosario
Fonte: Blog de Coeducación

Altas capacidades intelectuais: Manual de atención ao alumnado

Nesta guía, editada pola Consejería de Educación da Junta de Andalucía, abórdanse as seguintes cuestións:
  • Definición de altas capacidades
  • Identificación e avaliación de necesidades específicas
  • Pautas de intervención educativa
  • Colaboración coas familias
  • Recursos para profesionais da educación
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
 
http://www.juntadeandalucia.es/educacion/portal/com/bin/Contenidos/PSE/orientacionyatenciondiversidad/educacionespecial/ManualdeatencionalalumnadoNEAE/1278581703528_02.pdf


 

26/12/13

Os perigos de internet: ciberbullying, sexting e grooming

Nesta guía sobre o uso seguro e responsable de internet abórdanse as seguintes cuestións:
  • Perigos de internet
  • Ciberbullying
  • As características do ciberacoso
  • Como se produce
  • Que se debe facer
  • Aspectos legais
  • Recursos
  • Consellos para a navegación segura
  • Canles de axuda e denuncia
Fonte: OrientaTierra


Informe semanal - 75 años de la ONCE

Guía sobre diversidade sexual nas aulas

Guía sobre diversidade sexual e estratexias para evitar o acoso homofóbico. Edita Fundación Triángulo Extremadura e Plural: Servicio extremeño de atención a homosexuales y transexuales.
 
 
 

24/12/13

Educación para o consumo: Greenpeace

Actividades didácticas de Greenpeace que promoven o consumo responsable a través de animacións que ensinan sobre o mellor comportamento dos consumidores. As actividades ofrecen información sobre valores relacionados co consumo e información alternativa como productos. Hai así mesmo un espazo para o cambio climático e o uso responsable da enerxía.

Para acceder ás animacións, fai clic na imaxe

http://consumo.greenpeace.es/

20/12/13

Orientacións para a avaliación psicopedagóxica do alumnado con altas capacidades

Este estudo, editado pola Consellería de Educación da Generalitat Valenciana, ofrece un marco teórico así como diversos protocolos para a detección e avaliación do alumnado con altas capacidades nos niveis de Educación Infantil e Educación Primaria. Tamén identifica cales son as necesidades educativas deste alumnado. Moi útil para orientadores e orientadoras.
 
Fai clic na imaxe para acceder ó estudo
 
http://www.cece.gva.es/ocd/areacd/docs/esp/eva_altascap_cas.pdf

19/12/13

"Juegos y juguetes para la igualdad - Guía didáctica para una educación no sexista dirigida a madres y padres"

Esta guía, editada pola Dirección Xeral da Muller do Goberno de Cantabria, ensina como facer un uso non sexista dos xogos e xoguetes. Aporta, ademáis, propostas alternativas de xogos e xoguetes fundamentados en valores positivos e igualitarios.
 
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
 
 
http://educarenigualdad.org/media/pdf/uploaded/material/172_juegos-madres-padres-pdf.pdf
 

Guía de prevención da violencia de xénero en adolescentes

Esta guía, editada polo concello de Boadilla del Monte, está dirixida á poboación nova. Pretende axudar a dar resposta a todas as dúbidas que comezan a xurdir cando se teñen as primeiras relacións afectivas. Nela explícase como construir relacións baseadas no respecto e a igualdade.
 
Para acceder á guía, fai clic na imaxe

Para descargala, fai clic na imaxe
 

17/12/13

Uso seguro e responsable das etiquetas na rede: "Etiquetas sin problemas"

As redes sociais son un medio estupendo para compartir fotos, pero ... ollo! Cando usas as etiquetas para identificar a persoas nas imaxes, podes molestar a alguén ou invadir a súa privacidade. Aquí aprenderás como evitalo.
Fai clic na imaxe

/

14/12/13

En que consiste a mediación escolar

Interesante vídeo elaborado polo IES Barranco Las Lajas (La Laguna) para promover a mediación no centro. Nel abórdase o conflicto, o proceso e desenvolvemento da mediación, o perfil da persoa mediadora, etc. Moi útil para tratar o tema nas titorías.

Fonte: Blog Orientación

13/12/13

Centros de Información e Orientación das Universidades


No portal todofp.es atópase unha relación dos Centros de Información e Orientación para estudantes de todas as Universidades públicas españolas. Se tes dúbidas sobre unha determinada Universidade, podes consultala aquí.

Para acceder á información, fai clic nesta ligazón

Documentos TV. "Palabras al viento: La dislexia"

Interesante reportaxe de Documentos TV onde se aborda o problema da dislexia, unha das causas de fracaso escolar que afecta a un 4% da poboación. Nenos e nenas que sofren este trastorno narran, coas súas familias, as dificultades que atopan para ser comprendidos. Tamén adultos que conviven coa súa dislexia, como o actor Gabino Diego ou o escritor Boris Izaguirre, contan como conseguiron facer fronte ás dificultades e ter un desenvolvemento profesional satisfactorio. Así mesmo, distintos expertos explican en qué consiste a dislexia e cales son as súas causas.

Para acceder ó video, fai clic nesta ligazón

10/12/13

As 50 carreiras universitarias máis demandadas. Curso 2013/14

Edición dixital da guía "¿Donde estudiar las 50 carreras universitarias más demandadas?"  correspondente ao curso 2013/2014. Documento de "El Mundo" que pretende axudar aos futuros universitarios na búsqueda do centro máis axeitado para cursar os seus estudos.

Fonte: Orientación

9/12/13

Recursos sobre Nelson Mandela para a aula

No Proxecto cooperativo "Palabras Azules" atópase unha interesante recompilación de recursos sobre Nelson Mandela. Trátase dun material idóneo para traballar nas titorías no marco da educación para a paz. Fai clic na ligazón para acceder á información.

6/12/13

Guía Dosta! para combater os estereotipos sobre a comunidade xitana



Esta Guía é un dos productos da campaña Dosta!, lanzada no 2006 polo Consello de Europa co obxectivo de concienciar a toda a sociedade e, en especial aos actores clave na loita pola igualdade de trato e a non discriminación, sobre a necesidade de desmontar prexuizos e estereotipos falsos sobre a comunidade xitana. Está editada polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.


Disortografía

No blog Con O de Orientación atópase un completo dossier sobre a disortografía. Nel abórdanse as seguintes cuestións:
  • Definición
  • Clasificación
  • Tipos de erros
  • Principais causas
  • Ferramentas para a avaliación
  • Enfoque da intervención educativa
  • Orientación ás familias
  • Recursos

4/12/13

Ferramenta para a avaliación

Preséntase aquí unha ferramenta útil para a avaliación de calquera actividade de titoría que implique a participación activa do alumnado. Trátase de que cada alumno ou alumna avalíe a actitude dos seus compañeiros/-as durante o desenvolvemento da sesión. Proposta elaborada polo educador social Eduardo Dopico Prego.

1/12/13

"La cadena del silencio": Documental sobre o acoso escolar

Documental sobre o acoso escolar emitido no programa "Crónicas" de RTVE o 11/4/2013. Nel se presentan experiencias de rapaces e rapazas víctimas do acoso escolar que explican cómo poideron supéralo. Un tema central é a principal dificultade para acabar co acoso: o silencio das víctimas e de todos os que as rodean.
Idóneo para empregar nas titorías da ESO

Fonte: Atopado no blog de Mónica Diz Besada