31/10/13

"Yo controlo": Privacidade en Internet e ciberbullying

Plataforma para traballar o ciberbullying na aula, con simulación de casos, recursos e orientacións para profesorado e alumnado.

http://www.yocontrolo.es/index.php
 
Para acceder á información, fai clic na imaxe
 
 

Trivial

A Xunta de Andalucía ofrécenos este material dirixido ao alumnado de 3º Ciclo de Educación Primaria e 1º Ciclo da ESO. Trátase de dar resposta a preguntas relacionadas coas distintas áreas do currículo.
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~23003429/rueda/

Para acceder ó xogo, fai clic na imaxe


 Fonte: Blog Orientación Educativa y Tutoría

29/10/13

Guía para traballar coas familias xitanas o éxito escolar dos seus fillos e fillas

Editada pola Fundación Secretariado Gitano (2013), esta guía é o resultado do proxecto europeo “Las Familias Gitanas se implican: metodología transnacional para trabajar con familias gitanas para el éxito educativo de sus hijos/as”, que se levou a cabo co apoio financieiro do programa Aprendizaje a lo largo de la Vida da Unión Europea, a través da Agencia Ejecutiva en el Ámbito Educativo, Audiovisual y Cultural (EACEA) durante os anos 2012-2013, xunto a cofinanciadores nacionais.
´

25/10/13

"Un niño con autismo en la familia": Guía para as familias

Guía para axudar e informar ás familias que veñen de recibir un diagnóstico de autismo para o seu fillo ou filla. Está escrita a partir de preguntas de país e nais. A intención é ofrecer una información clara, actualizada e verificada científicamente. Consta dun total de seis capítulos nos que se tratan temas como introducción aos Trastornos do Espectro Autista (TEA), os sentimentos dos país, a familia, as necesidades dos nenos con TEA e o seu tratamento, estratexias de aprendizaxe, e alternativas de educación e escolarización. Inclúe así mesmo dous interesantes anexos: información adicional sobre o TEA e recursos en Internet. Editada no ano 2007.
 
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
  

21/10/13

O síndrome de Asperger

O Síndrome de Asperger, descrito por primeira vez polo pediatra austríaco Hans Asperger en 1944, é recoñecido hoxe en día pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como un Trastorno Xeralizado do Desenvolvemento (TXD) de carácter severo e crónico, caracterizado por una limitación significativa das capacidades de relación e comportamento social, relacionado co autismo e con consecuencias importantes, aínda que variables, no desenvolvemento social, emocional e conductual do neno.
As principais características clínicas do Síndrome de Asperger son:
  • Problemas na comunicación e nas relacións sociais, falta de empatía.
  • Interacción inxenua, sinxela, inapropiada e unidireccional.
  • Pobres habilidades para facer amigos.
  • Linguaxe pedante e repetitiva. Dificultades na comunicación non verbal.
  • Interés absorbente por determinados temas.
  • Movementos torpes e pouco coordinados.
Esta definición e características están extraídas do manual de Pilar C. Zardaín e Gema Trelles García que leva por título “El síndrome de Asperger“.







Podes acceder ó manual facendo clic na imaxe

Fonte: Escuela en la nube

20/10/13

Programa escolar para o desenvolvemento emocional

 
Programa para o desenvolvemento emocional editado pola Consellería de Educación do Principado de Asturias  (2011). Destinado ao alumnado de Primaria, pode empregarse tamén en 1º ESO. Comprende un total de 4 volumes: libro-guía, actividades para clase, actividades para casa e, finalmente, actividades para pais e nais.
 
Para acceder aos distintos volumes, fai clic nas imaxes

 

 


 

Fonte: La botica del orientador

18/10/13

Recursos educativos contra a violencia de xénero

 
A Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), xunto co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, ven de actualizar o portal web sobre información e sensibilización contra a violencia de xénero.
 
Este portal, dirixido aos profesionais dos centros educativos, proporciona diversos materiais de interese para a sensibilización, prevención, detección e intervención en violencia de xénero especialmente deseñados para mozos e mozas
 
A páxina web tamén describe unha serie de actividades e proporciona un listado de recursos de utilidade (contos, lecturas, cancións, guías ou materiais audiovisuais).
 
Podes acceder á web premendo na seguinte ligazón: aulaviolenciadegenero
 

Guía de xénero. Identidades e coidados

 
Nesta entrada se presenta una guía composta por un conxunto de unidades para traballar o dereito á igualdade de xénero. Está editada pola Plataforma de Organizaciones de Infancia e apoiada polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade.
 
A guía, destinada a mozos e mozas de 12 a 16 anos, consta de 6 fichas con preguntas que invitan á reflexión e á acción.
 
Os contidos propostos inclúen os coidados para o mantemento da vida e a importancia dunha distribución equitativa no seu desempeño e a análise crítica dos roles e estereotipos de xénero.
 
Fonte: Coeduelda. Recursos do CEFIRE de Elda

17/10/13

Guía de recursos para o tratamento dos trastornos da conduta alimentaria: Anorexia e Bulimia

Guía para país e nais
 
Autores: Melani Penna Tosso e Mar Garrido Pérez
 
Edita: Instituto de Nutrición e Alimentación da Consellería de Sanidade da Comunidade de Madrid (2008).
 
QUÉ SON OS TCA
 
Os TCA son manifestacións dunha perturbación psicolóxica da personalidade que poden chegar a poñer en risco a vida das persoas que os padecen. A Organización Mundial da Saúde clasifica a anorexia e a bulimia como trastornos mentais e de comportamento.  
 
Afectan de forma característica á poboación femenina entre os 15 e os 18 años, pero na actualidade obsérvase un aumento da súa aparición entre a poboación masculina e en idades más temperás.
 
TIPOS DE TCA
 
Os TCA máis frecuentes son a anorexia nerviosa, a bulimia nerviosa e o trastorno por atracón, tamén coñecido como comedor compulsivo.
 
Fonte: Psicomont
 
Para acceder á guía, fai clic aquí

16/10/13

Contra a intolerancia, a ritmo de Reggae

Rapsusklei, Sargento García, Morodo e moitos artistas máis únense nunha soa voz para concienciar a mozos e mozas e adolescentes de que "todos somos iguais, aínda que sexamos diferentes".
«Que el mundo es muy grande y no sobra nadie», di Lion Sitte, un madrileño de Vallecas, aínda que a súa cor negra non parece decir o mesmo. A súa familia é da Guinea Ecuatorial e ao mellor por iso é un dos 14 artistas que poñen voz e talento ó servizo dun "Reggae contra a intolerancia" que pretende "abrir ollos e mente", -como di o estribillo do tema- dunha sociedade que vive demasiado o desprezo ao diferente. 
«No usamos armas, arte y poesía son nuestras balas, para que crezca la conciencia», sigue Sargento García. Francés, fillo de pai vasco e nai francesa, e con conexións familiares a Arxelia e Costa do Marfil, asegura na súa web que a súa "era como una familia híbrida con moitas cores".
«Vivimos en la era del mestizaje», di outro dos versos a ritmo de reggae. É a mensaxe que o Movimiento contra la intolerancia, o Instituto de la Juventud e o Rototom Sunsplash Festival pretenden facer chegar a mozos, mozas e adolescentes, nun momento en que una vaga xenófoba e racista parece achegarse cada vez máis a España, cun discurso antiinmigración que distingue entre "os de casa" e os que non o son.
Unha canción, un video e unha campaña que pretenden igualar, alomenos, o éxito da edición anterior, na que o chamamento contra a intolerancia se facía desde o rap en lugar do reggae. Até seis millóns de reproduccións en Youtube acumula xa o «Rap contra el racismo» liderado por El Chojín desde 2011.
Desde a organización, apuntan a que a resposta de todos os artistas involucrados nesta nova canción —varias das voces máis destacadas da escena reggae española como Morodo, Rapsusklei, Sargento García, Aniki e moito máis— «ha sido espectacular, comprometiéndose como una sola voz».
Contra la intolerancia, a ritmo de Reggae
Reggae contra la intolerancia
Sargento García con Esteban Ibarra, presidente de MCI
Do videoclip resultante editaranse miles de DVDs que se distribuirán gratuitamente en 3.000 colexios españois. Ademáis, habilitarase unha páxina web desde onde visionar e descargar o video, a canción e a información de toda a campaña.
«La tierra, la sal, el pan y la vida, lugares comunes, caras distintas, debates estériles en un mundo enfermo, el banco central del dolar y el euro», di a estrofa que brota da gorxa de Rubén López. «...Y juntos acabar con la discriminación, por gusto sexual, raza o religión que todos somos iguales no hay excepción, respeto es la base la única dirección», conclúe Ital Erik..
  

Fonte: abc.es

11/10/13

Técnicas para estudar. Mellorar a concentración e o rendemento

Razóns para estudar

Colección de 7 videos editada polo CeDec (Centro Nacional de Desarrollo Curricular en sistemas no propietarios. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte). Nos distintos vídeos se expoñen diversos argumentos que xustifican a necesidade de estudar.
 
 

Falta de concentración nos estudos


Neste post atoparás consellos para aumentar a túa concentración nos estudos. Espero que sexan de utilidade.
 
Para acceder á información, fai clic na imaxe


8/10/13

Videos sobre ocupacións e profesións

Videos sobre ocupacións



Videos sobre profesións

Fonte:  http://orientaguia.wordpress.com/2013/10/07/de-profesion/

"Guía para evitar riesgos en la red"

Guía elaborada polo Observatorio para a Convivencia Escolar na Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia. (2013).
 
Concebida para alumnado, docentes e familias co fin de dar resposta informativa e preventiva á realidade dunha sociedade inmersa no uso das novas tecnoloxías. Nela trátase dos riscos que ese uso pode conlevar para os/as adolescentes, como pode ser o acceso a contidos inapropiados. Incide así mesmo na importancia do control parental. Inclúe ademáis una relación de enderezos web sobre o tema.

Premer na foto para descargar a guía
 
 

7/10/13

La orientación en la sociedad de la información y del conocimiento



Juan Antonio Planas Domingo, presidente da Confederación das Organizacións de Psicopedagoxía e Orientación en España, fala da orientación educativa nesta entrevista publicada por Aula de Secundaria, blog de Graó.

Adolescencia e sexting: guía

O obxectivo desta guía -elaborada por Pantallas amigasINTECO (2011)- é, por una banda, dar a coñecer un fenómeno, o  sexting, que está presente na nosa sociedade; e informar a adultos e menores acerca dos riscos que pode implicar.
 
Por outra banda, proporciona pautas a seguir para a súa identificación e prevención e, no seu caso, a súa denuncia perante as autoridades, prestando especial atención ós máis novos.
 
O sexting consiste na difusión ou publicación de contidos (principalmente fotos ou videos) de tipo sexual, producidos polo propio remitente, empregando para elo o teléfono móvil ou ben outro dispositivo tecnolóxico como pode ser a webcam.
 
 
Para acceder á guía, fai clic na imaxe
 

Fonte: sexting.es
 

2/10/13

Udicom: Unidades Didácticas de educación compensatoria

Publicación editada pola Consejería de Educación y Cultura da Región de Murcia, Dirección General de Formación Profesional, Innovación y Atención a la Diversidad, Centro de Profesores y Recursos de Torre-Pacheco e CEIP Joaquín Carrión Valverde.

Comprende un conxunto de 11 Unidades Didácticas destinadas ao alumnado inmigrante e minorías étnicas que non entenden nin falan castelán ou presentan escaso vocabulario.

As actividades propostas axústanse á seguinte secuencia:
  • Exposición Xeral da Unidade Didáctica
  • Observación e indagación vivencial do contido
  • Plasmación en papel.
Os obxectivos prioritarios de todas as actividades serán o coñecemento, a comprensión e a utilización de vocabulario, xunto coa construcción de frases.

Para acceder á información, fai clic na imaxe



 

1/10/13

Cadernos de titoría

Estes Cadernos de Titoría foron elaborados polos Grupos de Traballo de Orientadores e Orientadoras da provincia de Cádiz.
Caderno de Titoría
3º Ciclo de Primaria
"Nos vamos a la ESO"



Caderno de Titoría
1º ESO



Caderno de Titoría
2º ESO
 

  
Caderno de Titoría
3º ESO
 
 
  
Caderno de Titoría
4º ESO
  
 

Video sobre o bullying: "¿Conoces a alguien como Fito?"

Editado pola Consejería para la igualdad y bienestar da Junta de Andalucía.