27/8/13

"Ni ogros ni princesas": Guía para a educación afectivo-sexual na ESO

 
Esta Guía foi elaborada por profesionais do ámbito educativo que levan a cabo o proxecto de Educación Afectivo-Sexual nun centro escolar da rede pública. É unha proposta desde o profesorado para o profesorado.
 
Para acceder ó documento, fai clic na imaxe

22/8/13

Probas de avaliación inicial para Secundaria. Curso 2013/14


Nesta web atoparás unha amplísima recompilación de probas de avaliación inicial para a etapa de Secundaria: Lingua, Matemáticas, alumnado con necesidade específica de apoio educativo e español como segunda lingua para inmigrantes.

Fonte: Orientación Andújar
 
 
 

Protocolo de detección e intervención nas Dificultades de Aprendizaxe

 
Este protocolo para a detección das dificultades de aprendizaxe comeza describindo este proceso, así como as súas consecuencias a medio e longo prazo para o alumnado que as padece. O protocolo aporta dous cuestionarios-escalas de observación, así como indicacións para o tratamento e axuste da resposta educativa en cada caso.
 


Fonte: Junta de Andalucía

Oferta educativa das escolas oficiais de idiomas de Galicia a partir do curso escolar 2013/14


A Consellería de Cultura, Educación e Orenación Universitaria fai pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2013/14.Podes consultar toda a oferta formativa no DOG do día 12 de agosto de 2013.

Gradomania: Web sobre os estudos universitarios

En gradoMania atoparás a información máis completa sobre as novas Carreiras Universitarias e Graos, aprobadas e en trámite, adaptadas ó Espacio Europeo de Educación Superior, tamén coñecido como "Plan Bolonia".
Accede á web facendo clic na imaxe

20/8/13

BECAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN. CURSO 2013/14

 
 
Publicouse no BOE a Resolución de 13 de agosto de 2013 pola que se convocan becas de carácter xeral para o vindeiro curso 2013/2014 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios universitarios e non universitarios.

PRAZOS DE SOLICITUDE:
Becas universitarias: ata o 15 de outubro de 2013
Becas non universitarias: ata o 30 de setembro de 2013

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: A solicitude de beca debe ser presentada vía internet. É preciso rexistrarse previamente na sede electrónica


 

15/8/13

OFERTA DE PCPI PARA O CURSO 2013/14


Publicouse a Orde do 7 de agosto de 2013 pola que se establece a oferta de programas de cualificación profesional inicial en centros públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro curso 2013/14.

Guía para atopar traballo en Internet

 O obxectivo desta guía para atopar emprego é reunir nun mesmo sitio todos os recursos que nos ofrece Internet para á percura de emprego. Deste xeito evitarás ter que andar buscando información en moitos sitios ó mesmo tempo. Gracias a "35Webs" e á colaboración de varios bloggers podes ter una valiosa guía para atopar traballo completa, actualizada e moi eficaz.


Para acceder á guía, fai clic na imaxe

12/8/13

PRAZOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA NOS PCPI EN GALICIA CURSO 2013/14

Publicouse a Resolución do 31 de Xullo de 2013 pola que se determinan os prazos de admisión e matrícula nos Programas de Cualificación Profesional Inicial en Galicia para o curso 2013/14. 

PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZA E PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN: Desde o 2 ata o 11 de setembro de 2013 ás 13:00h.

PUBLICACIÓN DE LISTADOS DE ADMITIDOS: 13 de setembro.

 
PRAZO DE MATRÍCULA: Dende o 13 ata o 17 de setembro.
 
 

PREMIOS ESO AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSONAL CURSO 2012/13

A Consellería de Educación publicou hoxe a Orde de 22 de xullo de 2013 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e superación persoal correspondentes ao curso 2012/13. 


DOTACIÓN: 20 premios de 750 € cada un.

REQUISITOS:
1. Cursar durante o curso 2012/13 cuarto curso de ESO polo réxime ordinario en calquera centro da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en ESO.
3. Merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou do contorno failiar e sociocultural.
4. O perfil obxecto destes premios correspóndese co alumnado:
a) Que procede de contornos socioculturais desfavorecidos ou de contornos familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta cara conseguir rematar os seus estudos.
b) En proceso de superación de enfermedades crónicas ou con disapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.
 
PRAZO: Ata o 20 de setembro de 2013
 
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es
  • Tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel utilizando o formulario normalizado disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

9/8/13

A atención ao alumnado con dislexia no sistema educativo



O Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, a través do CNIIE (Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa) editou a obra “A atención ao alumnado con dislexia no sistema educativo no contexto das necesidades específicas de apoio educativo”.
Constitúe o primeiro estudo propio da Rede Eurydice España-REDIE. Pretende ser un achegamento ao sistema educativo español das dificultades específicas de aprendizaxe en xeral, e da dislexia en particular, cunha visión vertebrada e de conxunto das diferentes actuacións das Administracións educativas españolas.

Pódese descargar esta publicación nos seguintes enlaces:

6/8/13

Recursos educativos



Web do INTEF (Instituto Nacional de Teconoloxias Educativas e Formación do Profesorado. Ministerio de Educación)

Desde esta páxina pódense atopar milleiros de recursos educativos para o profesorado e para a comunidade educativa.

Desde o menú da esquerda accédese a materiais segundo os colectivos de destino, mentras que no centro agrúpanse por criterios de actualidade e por niveis educativos.
 
Para acceder á web, fai clic na imaxe

Titoría e orientación



Recopilación de recursos educativos e materiais para a titoría e a orientación educativa, así como webs e recursos TICs.

Para acceder á información, fai clic na imaxe

5/8/13

Becas, axudas e subvencións

Web do Ministerio de Educación con información sobre becas, axudas, subvencións, premios. De interese para o alumnado.

Desafiando ó autismo

Páxina web destinada a divulgar información científica e material de traballo sobre trastornos do espectro autista e outros trastornos do desenvolvemento. Foi creada por dúas nais con fillos autistas. Útil para as familias.
 
 
 
Para acceder á ligazón, fai clic na imaxe
 
 
 

Trastorno por déficit de atención con hiperactividade (TDAH)


Folleto onde se explica de maneira clara e sinxela en que consiste o déficit de atención con hiperactividade.

Internet sen acoso

Web informativa onde se explica que é o ciberacoso, cales son as súas consecuencias, como actuar nestes casos e enderezos para denuncialo. Recurso moi útil para centros escolares.
 
 
Para acceder á web, fai clic na imaxe

1/8/13

NEX: Novo espazo xuvenil

Web do Concello de A Coruña con información sobre emprego, participación, sexualidade, vivenda, lecer e tempo libre, educación, bolsas e axudas, concursos e premios, cursos, oposicións... Podes solicitar información sobre calquera tema que che interese.

 
Fai clic na imaxe para acceder
 

Xuventude.net: Web de orientación e información para mozos e mozas

Esta web pretende ser o medio a través do cal poidades realizar accións sociais, facervos voluntario, asociarvos ou simplemente, pasar o tempo libre. Queremos que nos consultedes, que nos sigades a través das redes sociais,  ser o voso referente informativo e que desfrutedes cos nosos programas. Traballamos arreo para estar en contacto con vos e servos de utilidade.
 
 
 

Fai clic na imaxe para acceder á información.