20/6/13

O paso de Primaria a Secundaria. Guía para as familias


Folleto elaborado por Jesús Jarque no que se resumen os principais cambios que deben ter en conta os pais e nais cando os fillos e fillas empezan a Secundaria.

Para acceder á información, fai clic na imaxe

18/6/13

Traballar a interculturalidade a través das "curtas".

O uso do hyjab


Videoteca educativa sobre todas as materias

Recursos para traballar técnicas de estudo

Web sobre hábitos de estudo e técnicas de aprendizaxe. Útil para empregar nas titorías. Descríbense un total de 10 pasos a seguir. Ademáis ofrece ferramentas de consulta sobre: como estudar con método; como controlar a ansiedade; a realización de exames; facer presentacións orais...
 
Fonte: Universidade Miguel Hernández coa colaboración da Generalitat Valenciana.
 
 
Para acceder á información, fai clic na imaxe
 

Táboa da oferta de prazas e notas de corte no Sistema Universitario Galego. Curso 2013-2014

Se vas facer a preinscripción no Sistema Unversitario de Galicia, esta táboa será moi útil para ti. Nela recóllense as prazas que quedaron en setembro, se non se cubriron todas as prazas ofertadas ... Toda a información a ter en conta.

16/6/13

Ciberbullying: Ciberacoso escolar entre menores

Páxina web con numerosas informacións e recursos sobre o ciberacoso. Inclúe definición, guía práctica, consellos básicos, bibliografía e test para país e nais.
 

Para acceder á información, fai clic na imaxe "ciberbullying"
 
 

15/6/13

Estudar un ciclo de Formación Profesional (grao medio e grao superior)


Os estudos de Formación Profesional están en proceso de actualización como consecuencia da implantación da Lei 8/2013, para a mellora da calidade educativa (LOMCE) pola que se crean os novos ciclos de Formación Profesional Básica que substitúen aos Programa de Cualificación Profesional Inicial.

Nesta entrada imos ocuparnos únicamente dos ciclos de grao medio e superior. Estes ciclos están organizados en módulos con contidos teórico-prácticos que teñen como finalidade a adquisición das competencias necesarias para unha inserción laboral satisfactoria e o desempeño de diversas profesións.


1. ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

Teñen acceso a un CM os que posúan o título de ESO ou equivalente, un PCPI ou a superación da proba de acceso. 
Terase en conta a nota media acadada nos estudos que se acreditan.

2. ACCESO A CICLOS DE GRAO SUPERIOR

Teñen acceso a un CS os que posúan o título de Bacharelato, equivalente ou proba de acceso superada. 
No caso de que houbera máis solicitudes que prazas, terase en conta que o alumno/a cursara una modalidade de bacharelato preferente. 
Terase en conta a nota acadada nos estudos que se acreditan.

Para a admisión debe realizarse unha solicitude:

Xuño: Prazo ordinario (se se cumpren os requisitos de acceso en xuño).

Setembro: Prazo extraordinario (se se cumpren os requisitos de acceso en setembro).

Para máis información sobre a FP de grao medio e superior en Galicia, consulta as seguintes ligazóns:


Se queres acceder a un ciclo de FP noutra Comunidade Autónoma, fai clic nas seguintes ligazóns: 

12/6/13

CIBERBULLYING: Guía de recursos para centros educativos en casos de ciberacoso

La intervención en los centros educativos: Materiales para equipos directivos y acción tutorial 
 
Autor: José Antonio Luengo Latorre. Jefe del Gabinete Técnico del Defensor del Menor. Comunidad de Madrid.

10/6/13

Manuais de axuda para a detección de Dificultades de Aprendizaxe

Colección de tres manuais publicados pola Consejería de Educación de la Junta de Andalucía que facilitan o traballo de docentes e orientadores unificando criterios de diagnóstico e intervención psicopedagóxica cos alumnos que presentan dificultades de aprendizaxe.

O primeiro volume, Definición características y tipos, describe as problemáticas consideradas como dificultades de aprendizaxe.

 
 

No segundo volume, Procedimientos de evaluación y diagnósticos, ofrécense diversos procesos para a avaliación e diagnóstico das diferentes dificultades de aprendizaxe que poidan presentarse.
 
 
 
No terceiro volumen, Criterios de intervención pedagógica, danse a coñecer diversas vías de intervención psicopedagóxica, protocolos e demáis actuacións xerais acompañados de diversas orientacións ó profesorado e á familia. 
 
 
 
 



EducaTolerancia: Recursos educativos para a atención á diversidade




Páxina web con numerosos recursos descargables en PDF: Tolerancia, interculturalidade, diversidade, dereitos humanos, racismo e xenofobia, violencia, sexismo, homofobia, familias monoparentais, transfobia.
 
Para acceder á información, fai clic na imaxe.